« Adesons à campanha Carvalho Dia das Letras 09 | Artábria voltará a lembrar Carvalho Calero no XVIII aniversário do seu falecimento » |
Reproduzimos o artigo publicado no Diario de Ferrol na quarta-feira 19 de Março de 2008, da autoria do ex-presidente da Cámara de Ferrol, Xaime Velho, aderindo à reclamaçom de que Carvalho tenha, por fim, um Dia das letras como reconhecimento à importáncia da sua obra.
Unha língua non pode perpetuar-se se non se exercita, unha língua non pode realizar-se se non se proxecta sobre un mundo real. Son palabras do profesor Carvalho Calero, de cuxo pasamento se cumpren dezaoito anos a semana próxima.
De Don Ricardo lembro en particular dous momentos inesquecíbeis. O primeiro, a finais de l981, coa súa presenza na homenaxe que lle fixera a Sociedade Cultural "Medulio" cun ciclo de conferencias na antiga Aula de Cultura de Caixa Galicia, recollidas despois nun caderno con portada do gran Xaquín Marín, e a colocación dunha placa conmemorativa na súa casa natal, no n° 51 da rúa San Francisco de Ferrol Vello. O segundo tivo lugar no salón de plenos da casa do concello de Ferrol, o día 7 de xaneiro de 1990. Nesa data recibía o título de Fillo Predilecto da cidade e poucos dos presentes sabiamos que xa andaba moi enfermo e que estaba a esgotar unha intensa vida dedicada ao estudo e investigacion da língua e cultura galegas. Pero, nin da súa intervención, emocionada e vibrante, nin do bizarro porte, que mantivo durante todo o acto e recepción, podía desprenderse que Don Ricardo tivese a grave doenza que poucas semanas despois acabaría coa súa vida.
Carvalho Calero, un galego inmorrente, aínda non recibiu a homenaxe que merece. Dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2009 sería un acto de xustiza e recoñecemento. Sobran as razóns.
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
A Fundaçom Artábria leva mais de umha década a reivindicar um reconhecimento nacional para a obra de um dos grandes intelectuais galegos do século XX. Neste ano, voltamos a dirigir-nos à Real Academia Galega (RAG)para lhe pedir que dedique por fim um Dia das Letras a Ricardo Carvalho Calero: o do próximo ano 2009. Neste blogue, informamos do decorrer da campanha, das adesons, iniciativas e novidades neste longo caminho até conseguirmos, a partir da sua cidade natal e com o apoio de toda a Galiza, o reconhecimento que Carvalho Calero merece.
Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
<< < | > >> | |||||
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |