Reproduzimos o correio que a Direcçom do IES Ricardo Carvalho Calero nos fijo chegar:
"Poñémonos en contacto con vostedes para informarlles que o Consello Escolar do noso instituto ten aprobado,en reunión do día 27 de marzo e por unanimidade, apoiar a campaña das Letras Galegas 2009 para o profesor D. Ricardo Carballo Calero. Así llo solicitamos ao presidente da Real Academia Galega nunha carta que saiu hoxe do noso rexistro.
Desexando que a campaña culmine con éxito, reciban un saúdo."
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

A Fundaçom Artábria leva mais de umha década a reivindicar um reconhecimento nacional para a obra de um dos grandes intelectuais galegos do século XX. Neste ano, voltamos a dirigir-nos à Real Academia Galega (RAG)para lhe pedir que dedique por fim um Dia das Letras a Ricardo Carvalho Calero: o do próximo ano 2009. Neste blogue, informamos do decorrer da campanha, das adesons, iniciativas e novidades neste longo caminho até conseguirmos, a partir da sua cidade natal e com o apoio de toda a Galiza, o reconhecimento que Carvalho Calero merece.

| Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| << < | > >> | |||||
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | 31 | |||||