« Paremos a ofensiva mediática contra Cuba!!!A Estratégia Luso-Brasileira, neste dia 19 no Gaioso »

Boicote a Israel!!! Boicot ao capital sionista!!!

13-04-2010

  19:07:31, por csggaioso, 593 palavras  
Categorias: Actividades

Boicote a Israel!!! Boicot ao capital sionista!!!

O GOBERNO DO PP INICIA RELACIÓNS ECONÓMICO-CULTURAIS CO ESTADO SIONISTA

A Consellaría de Economía e Industria organiza, a través do IGAPE un encontro bilateral Galiza - Israel para fomentar as alianzas empresariais entre os dous países. O vindeiro mércores 14 de Abril inaugúranse unhas xornadas de presentación de empresas e entidades israelís ao tempo que se establecen axendas para establecer o contacto, con intención de continuidade, entre empresas galegas e israelís.

En Decembro do 2009 introdúcese na Galiza, coa complicidade tanto do Estado Español como da Xunta de Galiza, a Cámara de Comercio Galicia-Israel, plataforma de propaganda e promoción das virtudes socio-económicas do Estado sionista. Deste xeito sibilino, as institucións do autogoberno galego permiten e amparan a entrada na Galiza do capital financeiro sionista. As pretensións desta Cámara, baixo a falsa apariencia da procura do desenvolvemento económico-tecnolóxico e a promoción de investimentos, agochan na realidade unha descarada importación das estructuras socio-económicas do modelo sionista, e unha defensa do sistema capitalista israelí; así como unha volta de torca máis na reafirmación das políticas neoliberais que nos levaron á crise actual.

Alén diso, esta Cámara preséntase como peza imprescindíbel para impulsar a economía galega grazas aos investimentos estranxeiros e ás prolíficas relacións entre Israel e os EEUU co pretendido propósito de levar os produtos galegos ao mercado americano. A ollos desta Cámara de Comercio, Galiza é vista como un territorio empresarial apetitoso grazas a un solo industrial barato e unha man de obra trabajadora y no conflictiva (segundo palabras textuais de Francisco Linares Moreno, Presidente da Cámara de Comercio e Industria España-Israel en Galiza). Fica claro o modelo de explotación colonial que pretenden implantar estes señores: Galiza entrega o solo industrial e achega a man de obra barata e quen tira proveito son as multinacionais israelís e norteamericanas coa complicidade e o apoio entusiasta das propias institucións públicas do autogoberno galego.

Lendo as entrevistas e os comunicados dos representantes desta organización, desvéndanse as verdadeiras intencións comerciais desta institución: utilizar o territorio, a materia prima e a man de obra galega como instrumento para o enriquecimento exclusivo das multinacionais do Estado Sionista e do capitalismo estadounidense.

O trasfondo político de todo isto é a dobre moral que se aplica por parte do poder político tanto ao estado terrrorista de Israel como ao seu capital financeiro. Israel é un estado sionista, colonizador e invasor, que incumple sistemáticamente inmumerábeis resolucións, tratados e normativas da lexislación internacional; así como un estado que viola os máis básicos direitos humanos: o acoso a Gaza, o muro da vergoña e a represión, que isola e cerca os recursos palestinos; un estado que practica asasinatos, torturas e ocupación dos territorios tanto polo seu exército como polos asentamentos ilegais.

Mentres na Comunidade Internacional crecen os movementos de boicot aos produtos israelís como mínima medida de presión ante o capital sionista, o goberno galego non somentes favorece a cooperación económica con dito estado, senón que está a dar pulo ao desenvolvemento socioeconómico e á ideoloxía dun estado terrorista.

Por todo isto, chamamos ás institucións, organizacións e á sociedade galega á movilización contra estes acordos, que favorecerán a perpetuación político-económica do sionismo. Galiza por Palestina únese a estes actos de protesta con este comunicado e prega a difusión do mesmo; do mesmo xeito nós faremos difusión de calquera proposta e convocatoria de rexeitamento e boicot destas relacións de cooperación co estado israelí.

Ademais, esiximos ao Goberno Galego de Núñez Feijoo tanto o cese da súa complicidade cun estado terrorista e violador dos direitos humanos, como un claro posicionamento ante a política de constante agresión contra o pobo palestino.

http://galizaporpalestina.blogspot.com/2010/04/boicot-israel.html

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Quem Somos?

Esta entidade nasce com a ideia de integrar todas aquelas pessoas que, de forma aberta, se quigerem implicar na dinamizaçom deste espaço, que visa organizar iniciativas alternativas que pulem pola transformaçom da realidade em que nos desenvolvemos. + info

gomesgaioso@gmail.com

Biografia Gomes Gaioso

Ferramentas administrativas

Busca

CMS software