Anteontem domingo, 18 de Maio, nom era o Dia da Toalha. O Dia da Toalha é o vindouro domingo, 25 de Maio.
Mas, como anunciado, o II Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR'08) marcou presença na tradicional Manifestação do Dezassete que se fijo o Dezoito. Lá estivemos, ao pé do Callón. Tocando-lhe um pouco os idens ao Pte. (Prepotente/Presidente) d'A Mesa e (como pode perceber-se nas fotos e no vídeo) passando-o do quinze!
Encorajamos ao amigo Carlos Callón (Pte. d'A Mesa) a que [do mesmo jeito que o Presidente da AGAL, Alexandre Banhos, cum par de callons e liándose el mantel a la cabeza, se apresentou anteontem na manif d'A Mesa] saia do armário e no próximo domingo, 25 de Maio, regresse à Alameda de Santiago para (toalha de banho, Alexandre Banhos, em riste) mani-festa-rse conosco polas ruas da Zona Velha.
Por cima d'A Mesa, a toalha de mesa!!!
25 DE MAIO, SAIMOS DO ARMÁRIO!!!
NOTA: Confira a galeria 18-M: Dia da Toalha de Mesa (em construção) no nosso Flickr.
Escrito às 11:54:47 nas castegorias: Vídeos
|
|
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Da actual bandeira non hai referencias anteriores a este século. É posible que a súa existencia sexza debida a unha confusión: a bandeira branca cunha banda azul era a insignia ou matrícula po porto de A coruña. Nun principio, a bandeira deste porto era branca cun aspa azul (a cruz de San Andrés). Deuse a casualidade de que esta tamén era a insignia dos tsares de Rusia, instituída por Pedro I O Grande. Para evitar confusións, Rusia solicitou que fose cambiada a bandeira do porto galego. O resultado da modificación foi suprimir un brazo da cruz de San Andrés, quedando como resultado unha bandeira branca cunha banda azul que vai desde o ángulo superior da parte da asta ata o ángulo inferior do batente ou parte libre da bandeira.