?25 de maio saímos do armario?. ?Non temos vergoña de facer esta coña?. E ?lusofobía, nunca máis?. Son algunhas das consignas que onte, cubertos con toallas e con moita xolda, entoaron a vintena de persoas que se congregaron na Alameda compostelá para conmemorar o II Día do Orgulho Lusista e Reintegrata.
M. DOPICO
"Somos un colectivo marxinalizado que quere darse a coñecer, visibilizando a nosa opción lingüística ortográfica, e amosando que somos persoas normais, e divertidas... ". Así explicou Suso Sanmartin, un dos organizadores da conmemoración esta fin de semana en Santiago do II Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata, o motivo da posta en marcha desta iniciativa.
Unha vintena de persoas, -"42 segundo a organización, e ¿Día de que? segundo a Policía", consonte eles mesmos comentaron de brincadeira-, percorreron onte distintos espazos da zona antiga da cidade escenificando a súa "saída do armario", ao xeito do Día do Orgullo LGBT, para reivindicar o reintegracionismo como opción normativa e, máis aínda, como un xeito, coma outro, de ser galegos e galegas.
A "mani-festa-acción", segundo eles mesmos a definen, na que non faltou a gaita, rematou na Praza de Mazarelos coa lectura dun manifesto por parte do escritor João Guisán Seixas, quen reclamou un esforzo por abrir "túneis" que "comuniquem aquela pata noroeste do lugar ocupado pola representaçom espanhola que corresponder à Galiza, com todos os outros lugares de língua portuguesa".
O programa do II Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata, que cadrou co VII Dia Internacional da Toalha e no ámbito hispanófono co Día del Orgullo Friki, comezou o sábado cunha festa no centro social O Pichel na que, entre cancións de Karaoke e outras esmorgas, se animou á representante portuguesa de Eurovisión.
[Galicia Hoxe, Segunda-feira 26 de Maio de 2008, pág. 26 (Maré Hoxe)]
Escrito ?s 08:00:00 nas castegorias: Dossiê de Imprensa
|
|
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)