Entrevista no Galicia Hoxe
Escrito em 23-03-2010, na categoria: Entrevista, Notícias

Link: http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/linguas/idEdicion-2010-03-23/idNoticia-528920/

En Zamora, Salamanca, Cáceres e Badaxoz, hai cinco territorios -Calabor, Almedilha, Xalma, Alcántara e Olivença- que por razóns históricas hoxe se atopan do lado español da fronteira pero nos que se fala un dialecto próximo ao galego. Vanessa Vila-Verde, Eduardo Maragoto e João Aveledo viaxaron por estes pobos no documental Entre Linguas que onte se proxectou no CGAI da Coruña.

De Xalma

">

De onde procede o voso interese por abordar este tema?

Vanessa: A primeira información que tivemos era do Val do Xalma, que se deu a coñecer por un programa de Antón Reixa na TVG. O oficialismo elaborou unha teoría para analizar cal era a orixe desas linguas. Nós sabiamos que había máis enclaves en toda a fronteira onde os filólogos falaban que existían dialectos galego-portugueses, que foran portugueses nunha altura e logo pasaran a pertencer a España. Queriamos verificar se a teoría que defendía ese sector era así e que diferencia había entre o Xalma e o resto dos enclaves. Puxémonos a investigar e viaxamos aos lugares para ver que había. Atopamos que era todo moi similar, que non podiamos diferenciar o fenómeno do Xalma do resto das localidades.

Por que se fala galego alí?

João: Son territorios que nalgún momento da súa historia foron portugueses e que logo pasaron a ter soberanía española. Neses territorios o portugués pasa a estar en contacto co español, co cal chega o momento que o fai moi similar ao galego actual. A proximidade é maior conforme máis recuada a pertenza a Portugal estea no tempo. No caso do Xalma, o territorio ten orixe medieval, está isolado xeograficamente por montañas e ten ese superestrato español, e parécese moito ao galego. Iso acontece no Xalma, en Ferreira de Alcántara, na propia Almedilha, aínda que se consideran falantes de portugués.

Que tipo de linguaxe falan?

Eduardo: Varía moito dunha zona para outra. O que fai que eses territorios se parezan moito entre eles a pesar de estaren tan afastados uns dos outros é que contan cun substrato galego-portugués que fai que partan dunha lingua común e todos contan cun superestrato, é dicir, unha lingua que se sobrepón a todos eles, o castelán. Os castelanismos que incorporan ás súas falas son sempre moi semellantes. Todo o que sexa vocabulario relacionado coa vida moderna, coa tecnoloxías, o ensino ou a Administración, compárteno, porque vén do castelán. O resto é basicamente común ao portugués e ao galego.

O voso punto de partida foi o que constatastes ou descubristes unha realidade sociolingüística que non agardabades?

Vanessa: Penso que se constatou. A teoría oficialista defendía que coa Reconquista, os galegos repoboaran ese territorio e por iso, conservaron a fala galega. Nós pensabamos que todos parten dun mesmo tronco, o portugués, e que existe unha lingua por enriba, o español, que é o que fai que esas falas conflúan co galego.

João: Encontramos fenómenos lingüísticos tan peculiares e tan presuntamente galegos como a gheada en case todos os territorios. En Olivença, que foi portugués até 1901 que foi ocupada por España, atopamos que din palabras como ghaliña.

A transmisión xeracional desta lingua está rota?

João: Si, excepto no Xalma, onde aínda existe transmisión de pais a fillos. No resto, a transmisión perdeu xa cincuenta ou sesenta anos. Até hai sitios como Almedilha que as persoas que o falan pasan todas de oitenta anos. Neses lugares, esta variedade lingüística desaparecerá en moi pouco tempo.

O castelán influíu nesa perda?

João: O determinante foi a escola en castelán. Primeiro fórmanse individuos bilingües que logo pasan a falarlles só ós fillos en castelán porque é a lingua de prestixio. En moitos destes territorios, á súa lingua chámanlle "chapurrao", porque na escola mesmo os castigaban fisicamente se falaban así, como pasaba aquí.

Cal é o obxectivo do documental?

Eduardo: Pretendemos dialogar co público, para que vexa o documental en relación co fenómeno do contacto entre linguas e as semellanzas que existen entre cada un deses territorios e o caso galego: de aí que atopemos os fenómenos de castelanización. En segundo lugar, temos intención de documentar falas que están no límite da existencia, que ao mellor en dez ou quince anos desaparezan. De feito, nun deles, na provincia de Salamanca, na Bouza, pois había seis territorios en lugar de cinco, xa desapareceu. O mesmo acontecerá con todos eles. Ademais, na zona de Olivença, hai un conflito político con España e nótase un certo autoodio.

O DECRETO

"Temos un idioma internacional"

Que pensades do que está a acontecer co decreto do galego no ensino?

Vanessa: Nós partimos da premisa de que o galego é unha lingua internacional. Queremos incidir en deixar de limitar o galego á comunidade autónoma de Galicia. Partindo diso, pouco podemos dicir das políticas que se estean facendo porque xa de partida non concordamos moito coa visión que se poida dar do galego.

Eduardo: Queremos educar os galegos en teren unha perspectiva máis ampla do que é o galego.

Notícia no Xornal de Galicia
Escrito em 20-03-2010, na categoria: Notícias

As linguas que agroman na raia

Un filme explora as falas similares ao galego na fronteira entre España e Portugal

De Xalma

">

Ao longo de toda a raia que separa España de Portugal existen pequenos recunchos case galegos. A interrelación entre as falas dos dous estados dá nacemento a dialectos locais que en moito se asemellan á lingua na que se está a escribir esta reportaxe. Dos que caen do lado español da fronteira, en Cáceres, Badaxoz, Salamanca e Zamora, ocúpase o documental Entre linguas, dirixido por João Aveledo, Eduardo Maragoto e Vanesa Vila-Verde, que lle seguiron a pista a estes dialectos raiotos, para documentalos antes da súa desaparición. Poderase ver este luns no CGAI, ás 20.30 horas.

Galicia descubriu en 1991 que en Estremadura había xente que falaba algo semellante ao galego, cando o programa Sitio Distinto, que conducía Antón Reixa na TVG, entrevistou por casualidade un camioneiro do Val de Xalma, en Cáceres. O dialecto daquel home espertou a curiosidade nas facultades de filoloxía, e ducias de lingüistas organizaron expedicións a aquel anaco de galeguidade estremeña.

?A explicación que se lle deu dende Galicia á fala do Xalma foi que a zona fora repoboada por colonos galegos durante a Reconquista, e que a súa lingua se mantivera ao longo dos séculos por ser unha zona illada?, comenta o filólogo Eduardo Maragoto como voceiro dos realizadores de Entre linguas. A el e aos seus compañeiros a explicación chocoulles, porque non é a forma na que habitualmente se forman os dialectos fronteirizos, e porque varios lingüistas clásicos, como o portugués Vasconcelos, ?documentaban a existencia doutras falas semellantes nos territorios limítrofes?.

Polo tanto, emprenderon a aventura de seguirlles á pista a eses dialectos da raia, e atoparon que se dan en zonas que nalgún momento estiveron baixo o dominio de Portugal, e nas que a a influencia do castelán modificou a fonética, as estruturas lingüísticas e o vocabulario ?todos din ?bueno? e ?vale?, entre outras cousas?. ?Ao final, estes dialectos son moi difíciles de distinguir do galego. Cando un galegofalante os escoita, pensa que lle están a falar na súa lingua?, di Maragoto, e non notará máis diferenzas que alguén de Lugo ao falar con alguén do Morrazo. Ocorre así no Xalma, pero tamén na rexión de Calabor, en Zamora; na Almedilla, en Salamanca; na Alcántara, en Cáceres, e na Olivenza, en Badaxoz. Ocorría tamén na rexión da Bouza, en Salamanca, pero o seu dialecto xa desapareceu, algo que tamén vai camiño de ocorrer nos outros cinco lugares, xa que ?os máis dos falantes son xente de 80 anos?.

O recoñecemento destes dialectos complica o sempre tenso debate sobre a relación entre o galego e o portugués, no que os autores de Entre linguas prefiren non tomar partido. ?Só deixamos que fale a xente destes lugares, e que o público saque as súas conclusións?, di Maragoto.

Por exemplo, na súa visita a Almedilla, que foi lusa ata o século XVII, atoparon que a xente se refería ao seu dialecto como ?portugués?, e que pensaron que os galegos tamén falaban na lingua de Pessoa. Pola contra, na Olivenza, que pertencía ao país veciño ata 1801 e cuxo dialecto é moito máis semellante ao portugués estándar, reivindican a súa fala como olivenzano, xa que lle ven ao luso connotacións negativas.

Notícia em La Voz de Galicia
Escrito em 20-03-2010, na categoria: Notícias

«Entre linguas», vilas de orixe portuguesa que «falan» como os galegos

Autor: Camilo Franco

Hai ata catro casos de territorios próximos á fronteira de Portugal, pero da banda española, nos que se fala unha lingua próxima ao galego. Estudar eses catro casos é o argumento do documental Entre linguas producido por Amén Films e dirixido por Vanessa Vila Verde, Eduardo Maragoto e João Aveledo. O documental exhíbese este luns no CGAI.

Son localidades situadas en Zamora, Salamanca, Cáceres e Badaxoz, a máis coñecida delas Valverde, que acadou certa fama nos oitenta como unha vila estremeña na que se falaba galego. Para Eduardo Maragoto unha das características comúns destes catro territorios son a súa proximidade coa fronteira portuguesa aínda que a idea «divulgada sobre a existencia desas linguas era que foran localidades repoboadas con galegos en tempos antigos». Para os realizadores do documental a idea de partida podería ser outra que gardase relación coa súa proximidade con Portugal. Explica Maragoto que aínda que «o documental non é de tese, cando como nos casos destes territorios unha lingua galego-portuguesa está en contacto co castelán acaba parecéndose ao galego actual».

Segundo os directores desta película estas localidades estudadas, Calabor, Almedilha, Alcántara e Olivenza, teñen en común que nalgún momento da súa historia foron territorio portugués e acabaron sendo territorio español. Neses casos, segundo Maragoto, «a xente seguiu falando portugués, pero a influencia institucional do castelán foi cambiando o seu xeito de falar e foinos levando cara a unha fala que se parece ao galego». Engade que está «tan próximo ao galego que moitos galegos non saberían situalo en canto a procedencia pero non dubidarían de que é galego».

Converxencia lingüística

Para o director non é difícil «chegar á conclusión de que o caso do galego pode gardar semellanzas co caso destas vilas». Engade que é un feito «e non só en Galicia que cando dúas linguas están en contacto hai unha tendencia a converxer cara á lingua que é máis grande, que ten o respaldo institucional». Explica tamén que é fácil para calquera galego comprobar que «nós xa non falamos como os nosos avós».

A malta da EOI de Lugo opina sobre Entre Línguas
Escrito em 17-03-2010, na categoria: Lançamentos, Notícias

Link: http://portulugues.blogspot.com/2010/03/entre-linguas.html

De Capa documentário

Ano de produção: 2009
Título Original: Entre Línguas
Produção: Eduardo Maragoto, João Aveledo e Vanessa Vila Verde
Género: Documentário

No término da semana cultural da Escola de Línguas, o departamento de Português escolheu como atividade de feche a projeção do documentário "Entre Línguas".

Achamos muito interessante o ponto de vista mostrado no filme, como evidencia a realidade linguística além da Galiza, ao longo de todo o limite da Espanha com Portugal, de uma maneira muito objetiva, através de entrevistas com a população das diferentes regiões, mostrando os níveis de evolução do português de primeira mão.

Aliás, nota-se em falta um pouco mais de organização, alguma conexão para identificar mais claramente a localização das regiões, um mapa indicando-as ou um narrador, e também seria interessante alguma referência a dados históricos. Além disso, uma visão da mesma situação em Portugal poderia ser útil também como contraste.

Em todo o caso, uma obra interessante e e que invita à reflexão.

A malta de Básico II

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 >>