Unha exposición amosa no Carvalho Calero a ?tortura intelectual? do franquismo ó galego

Unha exposición amosa no Carvalho Calero a ?tortura intelectual? do franquismo ó galego

Artigo extraído de Diario de Ferrol

A ?Obra completa? de Cabanillas editouse en Buenos Aires porque, en España, a censura esixía a supresión de 25 poemas; ?A esmorga?, de Eduardo Blanco Amor; tampouco pasou o férreo control franquista da moral dos seus administrados; e a tradución dun ensaio filosófico de Heidegger, feita por Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega, non obtivo os parabéns dos censores por ousar empregar o galego para outra cousa que non fora a lírica ou a exaltación da Galicia folclórica e costumista. ?En Galicia, algún pedantón traduce la filosofía alemana con ritmo de gaita?, escribía Juan Aparicio, Director General de Prensa en 1956.

A historia da censura da ditadura á edición en galego, desde que se recupera a finais dos anos 40, co punto de inflexión da Ley de Prensa e Imprenta de 1966, e ata despois da morte do ditador Francisco Franco, pode verse desde hoxe á tarde -a inauguración é ás sete- e ata o 30 de setembro, no Carvalho Calero. A través de documentos da época que saen á luz por primeira vez, de edicións mutiladas, paneis explicativos e de esclarecedoras entrevistas a Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, pódese comprender como funcionaba o aparato represor do franquismo no tocante a cuestións intelectuais.

Algunhas características deste control político, moral e relixioso compártense co resto do país, pero en Galicia padécese ademais a persecución do idioma propio. Tal e como explicaba onte Xosé Manuel Dasilva, comisario desta mostra promovida pola Fundación Penzol e Galaxia, existía unha represión da lingua ?cando este á empregada para determinados usos?. A idea da inferioridade do galego está moi presente no ánimo dos censores (erixidos incluso en críticos literarios), desterrando o galego a certos rexistros e invalidándoo como lingua de prestixio.

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, animou ós ferroláns a ver unha mostra que aclara ?cal era a tortura intelectual que padeceu Galicia durante o réxime franquista?. ?Hai cantidade de xeracións que non puidemos ler o que tiñamos que ler no seu momento, e iso non se recupera?, engadiu. ?Tamén hai que dicirlles ós novos que houbo moito polo que loitar e aínda hai moito que recuperar para saber como foi aquilo?.

?Editar en galego baixo a censura franquista? chega a Ferrol logo de pasar por Vigo, Pontevedra, Ourense e O Barco. Despois aínda itinerará por Foz, Lugo e A Coruña. Poderase ver no Carvalho Calero (no Ensanche A) ata finais de mes, de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.30 horas.

Escrito em 08-09-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!

Ainda sem comentários


Busca


Março 2024
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

  Feeds XML

multiple blogs