Porque o galego é para todos os niveis da vida, deixámosvos aquí unha noticia sobre un simposium científico sobre a nosa lingua na idade Contemporánea.
Desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando simposios dedicados a temas relacionados coa investigación lingüística que son de interese para a comunidade científica. O Simposio deste ano 2009 abordará o tema Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea.
No mes de setembro do ano 2008 publicouse o libro titulado Papés d?emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I) (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008), que era o resultado dun traballo colectivo iniciado anos atrás co obxectivo de reunir a produción escrita en lingua galega durante as primeiras décadas do século XIX que se deu conservado ata hoxe e que na actualidade se coñece. Desde os inicios da dita investigación pensouse que o volume en que se recollesen todos estes textos rexistrados e editados debería acompañarse doutro máis en que se analizase aquela actividade xornalística e literaria desde os campos científicos da historia, das ciencias da comunicación e da filoloxía. Queríase, deste xeito, ofrecer á sociedade galega un produto nacido da colaboración interdisciplinaria que presentase datos e conclusións de interese a propósito da historia política, social, cultural, literaria, xornalística e lingüística da Galicia das primeiras décadas do século XIX.
Destinatarios
Especialistas en historia da lingua galega e en historia do xornalismo en Galicia. Está especialmente aberto aos alumnos do segundo e terceiro ciclo de Filoloxía e de Ciencias da Comunicación, así como a investigadores en formación.
Recoñecemento académico
Recoñecido un crédito de libre configuración para as titulacións das facultades de Filoloxía e Ciencias da Comunicación (Cod. 2009/108, Resolución reitoral do 22/05/2009).
Escrito em 10-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
<< < | > >> | |||||
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |