IX Xornadas "Mostra de Curtametraxes"

IX Xornadas "Mostra de Curtametraxes"

Os días 21, 22 e 23 de decembro de 2009, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás IX XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Nestes días amosaránse curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas.


O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Desde a organización do evento fan un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, lles acheguen os seus traballos en formato DVD ou se poñan en contacto con eles antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Admítense curtametraxes de ficción, de animación, ...

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Escrito em 15-09-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!

Ainda sem comentários


Busca


Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

  Feeds XML

powered by b2evolution CMS