Colectivo OPAII e Radio Filispim

Colectivo OPAII e Radio Filispim

Hoxe propoñemosvos, se non os coñecedes xa, que coñezades o Colectivo OPAII e a Radio Filispim. Deixámosvos aquí unha breve reseña deles sacada da súa web.
O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente), é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información? pero cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante, como é a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim. Este instrumento de comunicación, pretende ser útil as persoas, colectivos, redes sociais e culturais da comarca, sen espazo nos medios de comunicación convencionais, ou que están sendo silenciados polos mesmos.

Dende o Colectivo OPAII, asumimos o compromiso de por os nosos medios a súa disposición. Radio Filispim asume como seus os principios do colectivo entre o que destacamos o que a lingua se refire:
O colectivo OPAII-RFM, empregará sempre a lingua galega, xa que estamos nunha realidade (máis concretamente á ferrolá), que queremos transformar e nese camiño optamos por potenciar a lingua propia e loitamos contra a marxinación da mesma a nívelcomunicacional, social e cultural. OPAII-RFM debe ser un medio de normalización e espallamento da cultura galega, por todo isto este colectivo porá os medios necesarios para que exista unha normalización lingüística, tanto nas ondas como ao través de calquera outro tipo de medio. Pensamos que a cuestión da lingua non se soluciona obrigando a ninguén a súa fala. Entendemo-la coma un problema de convencimiento propio, polo que na radio e no colectivo convivirán persoas e programas feitos en galego, castelán e outras linguas. En OPAII-RFM, todas e cada unha das variantes gramaticais do universo lingüístico galego-portugués convivirán en igualdade de oportunidade, no seio do colectivo.

Escrito em 16-09-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!

Ainda sem comentários


Busca


Março 2024
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

  Feeds XML

multiblog platform