A Consellaría adía a convocatoria de axudas á normalización lingüística entorpecendo a planificación destas actividades
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de remitir aos centros docentes un escrito conforme retrasa até o ano vindeiro a convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego (até agora se viña facendo no mes de setembro), o que vai supor na práctica inviabilizar a posibilidade de executar diferentes proxectos de normalización durante este curso. Para a CIG-Ensino este atraso inadmisíbel por parte da Consellaría, confirmado agora por escrito aos centros, non ten ningún tipo de xustificación e vén ser unha agresión máis na acción de goberno da Consellaría de Educación contra o noso idioma, concretado agora na imposibilidade de realizar actividades de normalización neste trimestre, debido á ausencia da convocatoria.
A CIG-Ensino reclama da Consellaría de Educación que faga a convocatoria de axudas para a Realización de proxectos de fomento do uso do galego para os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con carácter de urxencia, cómpre que esta convocatoria chegue canto antes aos centros de maneira que poidan ir programando e realizando actividades de normalización e que este trimestre non resulte perdido para o fomento da lingua.
A demora na convocatoria das axudas até inicios do ano que vén, súmase a un cúmulo de decisións que se traducen nunha actitude de falta de apoio ao noso idioma: negativa a recoller na orde de licenzas por estudos que o profesorado candidato teña que demostrar a capacitación no noso idioma e presentar o seu proxecto en galego, eliminación da dotación orzamentaria para os programas de inmersión en galego en Educación Infantil xa aprobados e en funcionamento, eliminación da esixencia da realización dunha proba en galego no acceso á función pública, realización da enquisa-trampa para xustificar a derrogación do Decreto, desmantelamento do modelo educativo das Galescolas, emprego de diñeiro público para pagar publicidade en español ou redución do número de premios á innovación en normalización lingüística e infravaloración do grao de galeguización do centro ou o compromiso co idioma na concesión destes proxectos.
Así pois, a Consellaría segue a súa estratexia de non apoiar o noso idioma, antes ben, unha estratexia de reducir a súa presenza e vitalidade, procurando que a mocidade galega teña cada vez menos contacto co idioma.
A CIG=Ensino esixirá a través dos medios e órganos preceptivos a convocatoria urxente das axudas e tamén o mantemento e incremento das contías destinadas a estas axudas, que sexan debidamente publicitadas e que se facilite a xustificación das mesmas por parte dos centros.
Escrito em 29-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
<< < | > >> | |||||
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |