Manifesto "O galego é útil"

Manifesto "O galego é útil"

Falamos hoxe dun manifesto sobre a utilidade do galego no extranxeiro. Datado este manifesto fai uns cantos meses xa, dispón de vivenzas a modo de comentarios dos galegos e das galegas que residen no exterior do país e que ven útil ou que lles foi útil a nosa lingua.

Reproducimos aquí o manifesto completo:

Isto que estás a ler é un manifesto espontáneo, vivo, interactivo, libre de ideoloxía e afiliación política, co que os abaixo asinantes pretendemos, desde a nosa humilde experiencia no estranxeiro, desmentir o mito de que “o galego non vale para nada” ou “só serve dentro de Galicia”.

Continua:

Todos os idiomas valen e para moito.

A nós, o galego foinos útil e segue séndonos útil nas nosas vidas e aventuras polo mundo adiante:

* O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras línguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticáis.
* A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
* No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.
Por estas tres razóns prácticas, concluímos, sen ningún tipo de dúbida, que o galego tamén é útil fóra de Galicia. Que non che quenten a cabeza dicindo que non.

Londres, 1 de abril de 2009

Se queres asinar o manifesto podes enviarlles un email a galegosmorrinhentos[arroba]googlemail[punto]com indicando o teu nome e se podes engade tamén a túa testemuña, ou ben aceder a través da súa web: O galego é útil

Escrito em 30-09-09, na categoria: O mundo en galego
Chuza!

Busca


Julho 2014
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Feeds XML

powered by b2evolution free blog software