O léxico galego entra con 800 termos nos novos vocabularios da lingua portuguesa

O léxico galego entra con 800 termos nos novos vocabularios da lingua portuguesa

Artigo extraído de La Voz de Galicia

Uns 800 termos, que se consideran específicos do galego, aparecen no Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa , publicado por Porto Editora e adaptado ao novo Acordo Ortográfico, que se porá á venda en Portugal o día 14. A relación foi elaborada por unha Comisión da Academia Galega da Língua Portuguesa, presidida por Martinho Montero Santalha, profesor da Universidade de Vigo. A obra foi presentada esta semana en Compostela polo seu director, o académico portugués João Malaca Casteleiro.

No mesmo acto foi anunciado, por parte do lingüista Evanildo Bechara, da Academia Brasileira de Letras, que o vocabulario ortográfico que ten previsto publicar esta institución nos inicios do 2010 tamén incluirá ese léxico galego; e o mesmo fará o que ten programado a Academia das Ciências de Lisboa, segundo avanzou o membro da mesma Artur Anselmo, que estivo tamén en Santiago.
Montero Santalha insiste en que o léxico galego xa se encontra entre as 180.000 entradas lexicais do vocabulario que se lanza ao mercado na próxima semana, ou entre os 350.000 publicados na versión anterior do Brasil. Os 800 termos son considerados especificamente galeguismos, ou palabras que deixaron de ter un uso habitual na chamada lusofonía, como neno, brétema, lóstrego, con ou aginha . A Academia, indica, traballa agora nas definicións, para se incluír nos futuros dicionarios.

Escrito em 09-10-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!

Ainda sem comentários


Busca


Março 2024
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

  Feeds XML

powered by b2evolution