A campaña gráfica que nos próximos días chegará a todas as comarcas do país xogará con dúas imaxes: a dunha bola de pan e a dun corazón; a primeira, simboliza ?a lingua como sustento, como algo que vincula directamente a existencia material do noso pobo?; a segunda, da mesma maneira que o propio nome da plataforma cidadá ?o amor pola nosa cultura e a demanda da súa presenza, para que acade plena normalidade no espazo que lle é propio?. ?Quen cre nas potencialidades de Galiza, defende a identidade do país e defende a lingua?, asegurou.
A manifestación do próximo 17 de maio partirá ás 12 da mañá da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro, que Queremos Galego confía en ateigar de novo, como xa acontecera na masiva manifestación contra o decretazo no ensino do pasado 21 de xaneiro.
Para Carlos Callón, a mobilización cidadá que se convoca para o Día das Letras vai servir tamén para ?visualizar e afortalar a unidade social existente neste momento arredor da defensa do galego?. ?Unha unidade social?, denunciou, ?da que só se autoexclúe o Partido Popular, que será o único que non estea mobilizándose na rúa o 17 de maio en favor da lingua e da cultura propias do país?. ?Algo?, engadiu, ?que debe facer reflexionar moi seriamente ao Presidente da Xunta, que no entanto segue a malgastar diñeiros públicos en atacar o galego?. Nese sentido, o portavoz censurou como ?un insulto ás familias que máis padecen a crise económica que se anuncie o investimento público dun millón de euros nunha campaña a favor do decretazo; isto é, dunha campaña contra o galego?. Callón fixo un repaso do ?rexeitamento unánime do decretazo? e citou de forma explícita ?todas institucións culturais do país, todos os sindicatos, todas as organizacións estudantís, todos os movementos de renovación pedagóxica e, excepto unha, todo o resto das asociacións de nais e pais?. ?No PP saben que contan cun rexeitamento unánime e por iso utilizarán fondos públicos nunha macroacción propagandística impresentábel?, sinalou.
Como en ocasións anteriores, a Plataforma Queremos Galego dispoñibilizará en todas as comarcas do país un servizo de autobuses. Unha vez concretadas as rutas e os horarios, poderanse consultar na páxina web queremosgalego.org.
Escrito em 03-05-10,
na categoria: Com nome próprio
|
Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
<< < | > >> | |||||
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |