Xa está aberto o prazo de matrícula para facer os exames "libres" para obter os certificados da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Tedes toda a información na páxina web www.eoiferrol.org
Dito prazo de matrícula estará aberto ata o 28 deste mes. Entre eles está o galego.
Escrito em 13-04-10,
na categoria: Com nome próprio
|
A Sentenza do xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago, ordena à Administración a que repoña a Brais no seu direito a estar nas listas de interinos e substitutos.A sua vez rebaixa notoriamente o número de sancións inicialmente impostas; pese a este resultado, a CNT non fica conforme, xa que as interpretacións acerca das funcións da guarda civil fan-nos lembrar (e temer) o tipo de Estado no que vivemos. Por outra banda, non se cuestiona a ilegalidade da Addenda que permite botar das listas de substitución a toda aquela persoa que sexa suspendida de emprego e soldo, con independéncia da gravidade ou irreleváncia dos factos polos que sexa condenada.
Escrito em 22-03-10,
na categoria: Ferrol fala galego
|
A plataforma asegura que ?non vai calar por moito que queira Núñez Feijóo que a sociedade deixe de defender o galego?
Queremos Galego estudará respostas xudiciais contra a resoluciónda Mesa do Parlamento, que evidencia ?a actitude prepotente dun Partido Popular que teima en non querer escoitar a sociedade?
Santiago de Compostela. 9 de marzo de 2010. A comisión xestora de Queremos Galego compareceu hoxe en conferencia de imprensa para, a través dun dos seus portavoces, Carlos Callón, anunciar as medidas legais e sociais a adoptar logo de a Mesa do Parlamento ter rexeitado por maioría a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada nos últimos meses desde a plataforma. Esta iniciativa puxérase en andamento a través dunha comisión promotora da que fan parte nomes senlleiros en diferentes ámbitos da vida social e cultural do país, como Manuel Rivas, Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Margarita Ledo, Xurxo Souto, Marica Campo, Kiko da Silva, Xosé Lois ?O Carrabouxo? ou Sonia Lebedynski, entre outros.
Esta proposición de lei por iniciativa popular pretende garantir plenamente a posibilidade de uso do galego das e dos cidadáns perante a administración galega, desenvolvendo o estabelecido na Lei de Normalización Lingüística e na Carta europea de linguas minorizadas.
Para Queremos Galego a non admisión a trámite desta ILP é unha mostra máis ?do medo que o Partido Popular ten a que a sociedade exprese de calquera maneira o seu apoio ao uso da lingua propia e oficial do noso País, mesmo utilizando e manipulando de xeito partidario institucións públicas como a Mesa do Parlamento e lexislación como a da Iniciativa lexislativa Popular para os seus fins?.
A plataforma cidadá lembra que o dereito á Iniciativa Lexislativa Popular é un dereito democrático básico recoñecido na Constitución española, ?que vén de ser vulnerado?. A súa admisión a trámite non implica a súa aprobación, só marca o inicio dun período de recollida de sinaturas entre cidadás e cidadáns maiores idade e censuados en Galiza. Tras completarse o mínimo necesario (15.000), con todos os requisitos recollidos pola lei, motiva o seu debate parlamentario. Para a plataforma cidadá ?é a este debate ao que ten pánico o Partido Popular, xa que evidenciaría que detrás do seu discurso o que se agochan son claras intencións de acabar coa lingua galega?. E recorda que ?iniciativas anteriores foron tramitadas, sen lles seren aplicadas visións restritivas, con toda naturalidade, independentemente da súa aprobación final ou non?.
Queremos Galego anuncia que ?non se dobregará ante esta manobra antidemocrática e autoritaria do Partido Popular?, que ?aínda motiva máis? ás perto de 700 entidades que integran a plataforma a seguiren realizando accións de defensa da nosa lingua. Neste sentido, Queremos Galego anunciou que iniciará un proceso de recollida de sinaturas ?exactamente baixo as mesmas condicións que se faría coa ILP?, que serán presentadas no Parlamento galego a todos os grupos.
Para dotar de garantías xurídicas e velar polo cumprimento da legalidade en todo o proceso, constituirase unha comisión xurídica formada por profesionais de diversos ámbitos do Dereito e a xustiza.
A plataforma cidadá chama ao pobo galego ?a mobilizarse e non deixar pisar os seus dereitos lingüísticos e políticos?, duplamente vulnerados ao negárselle admisión a trámite parlamentar á iniciariva. Segundo Carlos Callón, ?o PP terá que escoitar, quixer ou non, a voz do pobo?. E lembrou que este ?xa reaccionou exemplarmante á política lingüicida do actual goberno a través das manifestacións máis grandes da historia democrática en defensa da nosa lingua e cultura?. O tamén presidente da Mesa pola Normalización Lingüística amosouse convencido de que a sociedade ?volverá mobilizarse por múltiplas vías? se fai falta e anunciou a presentación dun calendario de ?intensas actividades ao longo e largo de todo o país?.
Desde este momento Queremos Galego comezará a estudar a interposición dun recurso de amparo ante os tribunais competentes contra a decisión da Mesa do Parlamento, ?co fin de restaurar en Galiza a normalidade democrática que o PP teima en facer desaparecer?.
TEXTO DA ILP EN:
http://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/iniciativa-lexislativa-popular
Escrito em 09-03-10,
na categoria: O mundo en galego
|
Manifestación 21 de xaneiro ás 11.30 na Alameda de Santiago.
Buses de Ferrol con saída ás 10 da mañá de fronte ao Teatro Jofre. Anotarse no 981 35 87 50 -local comarcal da CIG- ou no 689 39 28 61 -Ana-.
Buses de As Pontes e Pontedeume con Saída das Pontes ás 9.30 con parada en Pontedeume. Anotarse no 981451510 -Local CIG As Pontes- ou no 689392861-Ana-
Escrito em 16-01-10,
na categoria: Ferrol fala galego
|
A "lingua propia de Galiza" é o Galego, perante xeracións, millóns de persoas mantivemos viva a nosa lingua, esta é un sinal de afirmación colectiva como pobo.
"Mil primaveras máis para a nosa lingua".
Escrito em 11-01-10,
na categoria: O mundo en galego
|
O Sinticato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG)sumouse ao chamamento de CIG-Ensino. As dúas centrais animan aos profesores a desobedecer a proposta de decreto sobre o plurilingüismo e a continuar impartindo as súas aulas en galego. O STEG anunciou tamén a súa intención de presentar un recurso xudicial se o decreto finalmente non recoñece a stiuación de desigualdade do galego respecto do castelán, o que segundo este sindicado incumpre "a obriga de protección e promoción" da lingua, que recolle o Estatuto ou a Lei de Normalización. De xeito semellante, A Mesa sinala a súa intención de recorrer á xustiza ou a organismos europeos de linguas minoritarias para evitar a aprovación do texto.
Escrito em 08-01-10,
na categoria: O mundo en galego
|
.Folga xeral no ensino. 21 de xaneiro.
A plataforma Queremos Galego convocou as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na resposta social.
Alberto Núñez Feijóo sabe que este decretazo non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso o presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura. Só lle faltou facelo de noite e no medio dunha fraga perdida.
Co seu característico discurso cínico, Alberto Núñez Feijóo bautizou o disparate como ?decreto do plurilingüismo?, cando a realidade é que con esta proposta non se poden mellorar as competencias comunicativas de ningún dos tres idiomas indicados.
A propaganda sobre a aprendizaxe do inglés é unha burla tremenda, porque se vende un suposto ?trilingüismo? que, á marxe doutras consideracións, é imposíbel de aplicar en case toda Galiza. Así o recoñece a disposición transitoria primeira deste decreto, que sinala que mentres non haxa profesorado capacitado para dar aulas nesta lingua foránea, iso non se fará. Esa disposición adicional acaba anulando todo o dito no resto do articulado. Coas falacias sobre o inglés o que tentan é confundir á opinión pública e camuflar esta navallada contra o idioma de Galiza.
No caso do castelán e do galego, é obriga do Goberno garantir que os estudantes finalicen cada etapa educativa con competencias nas dúas linguas oficiais. No entanto, iso non se está a conseguir para o idioma propio, tal e como o corroboran estudos e informes realizados polo Consello Escolar de Galiza, o Instituto Nacional de Estatística, o Consello da Cultura Galega ou a Real Academia Galega.
O último censo de poboación e vivendas sinalaba que un 20% dos rapaces e rapazas entre 14 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego. A Xunta, en lugar de axudar a resolver este gravísimo problema, profúndao e crea outros novos. Como se pode entender que, ante esta situación, o que se propoña sexa xusto reducir a presenza da lingua propia no horario escolar?
O outro eixo da propaganda deste decreto é que disque ofrece a ?liberdade? dos pais para escolleren que materias se impartirán en que linguas a través de consultas. Así, a Xunta fai deixadez das súas funcións, trasladando as súas responsabilidades ás comunidades educativas, abrindo unha fonte de enormes conflitos mesmo entre familias.
Mais se non nos guiamos pola cínica grandilocuencia da Xunta e imos ao texto do decreto veremos en que consiste iso en realidade. En educación infantil, disque a maioría decidirá a lingua vehicular e non se sabe que é o que pasará coas familias que saian perdedoras desa votación. Ademais, as consultas ás nais, aos pais ou aos titores serán cada catro anos, de forma que un opina sobre a educación dos fillos dos demais e viceversa. Un auténtico disparate.
Fronte á imposición unilateral de Núñez Feijóo, as comunidades educativas reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a federación de ANPAs públicas, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento. Se non o lembra, lembrarémosllo o 21 de xaneiro.
Este decretazo ímolo tombar!
Escrito em 06-01-10,
na categoria: O mundo en galego
|
Un informe notifica que "as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde abril supón unha vulneración de tratados internacionais"
A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política lingüística emprendida polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión de que este organismo celebrou onte (26/11/09) en Barcelona.
O texto "informa" á Xunta de Galicia de que "as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supón unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español" e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.
A EBLUL afirma na súa resolución que "resulta de especial gravidade" que "non só non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas", senón "que se desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa", entre os que se cita á antiga Rede Galega de Escolas Infantís, Galescolas, "a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego".
O documento "anima" ao Goberno galego a "que desenvolva unha política lingüística de extensión social da lingua propia de Galicia", á vez que lle advirte que "de continuar a súa política de desprotección" trasladarase a situación aos diferentes foros internacionais onde a EBLUL atópase presente.
Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo, e posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións Unidas (ONU).
Escrito em 27-11-09,
na categoria: O mundo en galego
|
Este sábado e no Papagrelo Rock de Monfero tocaran Os 3 TREBÓNS, OS ULTRÄQÄNS, BANDA POTEMKIN, OS CUCHUFELLOS. E polas tabernas da vila, a música da charanga OS VERANEANTES. Todos estes grupos utilizan a nosa lingua nas súas letras.
Non faltedes a esta cita...
Escrito em 30-10-09,
na categoria: Música en galego
|
Artigo extraído do blogue A bitácora do Nordés
Xosé Manuel Sarille estará dentro dunhas horas ? este xoves 29 ? na Galería Sargadelos de Ferrol. Invitado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, vén a presentar a súa novela ?Polos fillos dos fillos? (Candeia Editora). O acto celebrarase a partir das 20 horas, previamente, será entrevistado por diversos medios de comunicación da cidade ferrolá.
Escrito em 29-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
<< < | > >> | |||||
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |