O alcalde, Vicente Irisarri, presentou a iniciativa, que se desenvolverá ata finais do mes de decembro. Nace a proposta do Consello da Lingua e inclúe un concurso de receitas e a publicación dun libro Habilitaránse puntos informativos e os usuarios dos mercados recibirán agasallos cos tickets de compra
O alcalde, Vicente Irisarri, deu a coñecer En galego, con moito gusto, a campaña para promocionar a presenza social do idioma galego nos mercado municipais de Ferrol que levará a cabo o Concello nos vindeiros meses a proposta do Consello Municipal da Lingua e os seus grupos de traballo.
Escrito em 28-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Os traballadores da sanidade están inmersos nestes días no concurso-oposición para conquerir un posto de traballo dentro do organismo. Un ano máis, o castelán prevalece sobre o galego nas contestacións en caso de "erro tipográfico ou de transcrición", e como non, "do cuestionario bilingüe". Ademáis, para aqueles textos que non saiban traducir a galego, poden deixalos "de xeito unívoco entre comiñas", e dicir, poden deixalos en castelán.
Escrito em 26-10-09,
na categoria: O mundo en galego
|
Ven de ser editado o primeiro volume da colección Colega, que consta dunha serie de 5 volumes no que os nenos aprenderán a ler e escribir correctamente adecuando a aprendizaxe ao seu ritmo. Estes novos cadernos contan cun vocabulario adaptado a última normativa do galego, cubrindo un baleiro existente reclamado polos profesionais da educación.
Neste primeiro volume trabállanse as letras m, p, s, l, t, d, f e n. Nel, ademáis das actividades habituais neste tipo de cadernos, inclúense exercicios de grecas, conceptos básicos, discriminación auditiva e visual, comprensión, series e xogos. Este método permitiralle ao rapaz adquirir as habilidades precisas para o seu desenrolo na lectoescritura dun xeito máis ameno.
Cada libro conta cun completo anexo que inclúe:
* Ditados para realizar con cada letra debidamente secuenciados e progresivos.
* Un extenso glosario no que se recollen os debuxos e vocabularios empregados en cada tema, que se pode consultar sempre que sexa preciso.
* Material manipulable preciso para completar as actividades.
Esta colección pertence a editorial Glia
Escrito em 24-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
A obra forma parte da campaña Bocaberta, promovida pola Xunta en colaboración co Concello de Ferrol
Despois da celebración de ?Contos para falar? na Capela do Torrente Ballester, o programa de dinamización lingüística Bocaberta que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Ferrol achega unha nova actividade para os estudantes máis novos da cidade. Será hoxe, no Teatro Jofre e coa participación da Editorial Galaxia, cando a compañía Bicodobrelo Teatro represente "Comedia bífida", de Manuel Núñez Singala. Haberá dúas sesións, ás 10 e ás 12 horas.
Se trata dunha actividade para adolescentes que, entre risa e risa, promove a reflexión sobre a situación sociolingüística que vivimos. O autor constrúe nesta peza un xuízo á lingua ou ao emprego que dela facemos, encontrándonos con algunhas das situacións que vivimos a cotío no noso país.
Os asistentes recibirán un exemplar do libro para a reflexión sociolingüística "En galego, por que non?", do mesmo autor. Nesta liña, cabe lembrar que esta actividade se enmarca nunha campaña máis ampla solicitada no seu momento polo Concello á Xunta de Galicia e a través da cal se pretende fomentar o uso do idioma galego dende as idades máis temperás.
Escrito em 23-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Se eles queren e ti podes...xa o sabes...fala galego!
A manifestación deste pasado domingo pasa por ser unha das máis importantes da historia do noso país. Sen ter que entrar no xogo das cifras, podemos dicir que milleiros de galegas e galegos ateigaron as rúas de Compostela para amosar o seu apoio a lingua que nos une a todas e todos.
Esta data non é un punto final, se non, todo o contrario, ten que servirnos para comezar entre toda e todos un longo camiño de loita e traballo por unha lingua que nos une e que volve a ser obxecto de ataque constante polos poderes públicos. Non só pode quedar nunha data simbólica, ten que ser xusto o contrario, temos que facer que o simbólico sexa escoitar a alguén falar noutra lingua na nosa terra.
Desde Ferrol Fala Galego animamos a todas as rapazas e rapaces de Ferrol e comarca a que dean o salto ao galego, o salto a lingua dos nosos avós e os nosos pais, a que ten que ser a nosa lingua e a dos nosos fillos.
Escrito em 20-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Lembramos que este domingo a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua en Santiago de Compostela. A manifestación partirá da Alameda ás 12 horas.
Na propia web da plataforma indican que desde a nosa comarca sairán os seguintes buses:
Ferrol: Saída ás 10 horas da Praza de Galiza (Teatro Xofre). Regresará de Compostela ás 15 horas. Reserva no telefone 689392861 (Ana)
Narón: Saída ás 10 da mañá da Praza de Galiza (volta ao remate da manifestación) Reserva no telefone 607 082 232 (Eva)
Fene: Saída ás 10 da mañá da Praza do Concello (volta ás 17 horas) Reserva no telefone 696 663 772
Mugardos: Saída ás 10 da mañá xunto á Casa do Concello (volta ao remate da manifestación) Reserva no 647 585 384 (Xavi)
San Sadurniño: Saída ás 9.45 da mañá da Praza do Concello (volta ao remate da manifestación) Reserva no telefone 670 854 329 (Suso)
As Pontes: Saída ás 10 da mañá diante do Concello. Volta ás 17.00 Reserva no 680 14 80 28
Gratuíto.
Cedeira: Saída ás 9.15 da rotonda da Praza de Galiza (frente á cafetaría Praza). Haberá tamén parada en Valdoviñoe diante do local de FORGA en Río do Pozo. Reserva no 699 821 073 (Fernando)
Escrito em 14-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Lembramos que este domingo a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua en Santiago de Compostela.
A manifestación partirá da Alameda ás 12 horas.
Escrito em 12-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Procurando noticias sobre os orzamentos participativos na nosa cidade, atopámonos con esta "interesante" noticia publicada nunha web que se definen "Weblog para la promoción de la democracia electrónica, en especial, la ayuda a la toma de decisiones por grupos a través de la web".
Escrito em 10-10-09,
na categoria: O mundo en galego
|
Artigo extraído de La Voz de Galicia
Uns 800 termos, que se consideran específicos do galego, aparecen no Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa , publicado por Porto Editora e adaptado ao novo Acordo Ortográfico, que se porá á venda en Portugal o día 14. A relación foi elaborada por unha Comisión da Academia Galega da Língua Portuguesa, presidida por Martinho Montero Santalha, profesor da Universidade de Vigo. A obra foi presentada esta semana en Compostela polo seu director, o académico portugués João Malaca Casteleiro.
Escrito em 09-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
É o acordo a que chegárom os colectivos integrantes da plataforma na reuniom do passado sábado
Como noticiámos no Portal Galego da Língua, o passado sábado, dia 3 de outubro, tivo lugar em Compostela umha reuniom da plataforma Galego Sempre Mais. O principal acordo a que se chegou foi a de aderir-se à manifestaçom pola língua do vindouro dia 18.
Escrito em 07-10-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
<< < | > >> | |||||
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |