Queremos Galego convoca unha ruada en Ferrol

Segundo informan na web de Queremos Galego este 8 de outubro ás 19 horas e na praza de Armas realizarán unha Ruada a prol do galego.

Lembramos desde aquí, que a Plataforma Queremos Galego ten convocada para o vindeiro día 18 de outubro en Santiago unha manifestación nacional a prol da lingua.

Mais info...

Escrito em 06-10-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!
ProLingua: Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega

Onte, sábado día 3 de outubro ás 11,30 da mañá produciuse no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a Asemblea de presentación pública de ProLingua, plataforma plural e apartidaria que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real.

Full story »

Escrito em 04-10-09, na categoria: O mundo en galego
Chuza!
O galego, no posto 22 dos máis usados na plataforma Twitter

Amosamos hoxe o cadro feito pola web webecologyproject.org: no cal se pode observar o grao de aceso por linguas á plataforma Twitter.
Neste cadro o galego queda situado no posto 22º entre todas as linguas existentes no planeta.

Full story »

Escrito em 02-10-09, na categoria: O mundo en galego
Chuza!
Manifesto "O galego é útil"

Falamos hoxe dun manifesto sobre a utilidade do galego no extranxeiro. Datado este manifesto fai uns cantos meses xa, dispón de vivenzas a modo de comentarios dos galegos e das galegas que residen no exterior do país e que ven útil ou que lles foi útil a nosa lingua.

Reproducimos aquí o manifesto completo:

Isto que estás a ler é un manifesto espontáneo, vivo, interactivo, libre de ideoloxía e afiliación política, co que os abaixo asinantes pretendemos, desde a nosa humilde experiencia no estranxeiro, desmentir o mito de que ?o galego non vale para nada? ou ?só serve dentro de Galicia?.

Full story »

Escrito em 30-09-09, na categoria: O mundo en galego
Chuza!
Unha agresión máis ao galego...

A Consellaría adía a convocatoria de axudas á normalización lingüística entorpecendo a planificación destas actividades

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de remitir aos centros docentes un escrito conforme retrasa até o ano vindeiro a convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego (até agora se viña facendo no mes de setembro), o que vai supor na práctica inviabilizar a posibilidade de executar diferentes proxectos de normalización durante este curso. Para a CIG-Ensino este atraso inadmisíbel por parte da Consellaría, confirmado agora por escrito aos centros, non ten ningún tipo de xustificación e vén ser unha agresión máis na acción de goberno da Consellaría de Educación contra o noso idioma, concretado agora na imposibilidade de realizar actividades de normalización neste trimestre, debido á ausencia da convocatoria.

Full story »

Escrito em 29-09-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!
Tradutores e dicionarios na rede

Deixámosvos aquí dúas ligazóns moi interesantes. A primeira é a da páxina do Seminario Linguística Informática da Universidade de Vigo onde podedes atopar unha morea de ferramentas sobre o galego na rede, entre outros, o tradutor automático español <-> galego OpenTrad-apertium, o corrector ortográfico en liña de galego OrtoGal, o Dicionario CLUVI inglés-galego, o Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI) orientado cara á tradución do galego, o Corpus Técnico do Galego (CTG) de orientación terminolóxica especializada, a Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo, a Neoteca - Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo, o dicionario de toponimia galega Aquén, e o etiquetador FreeLing para a análise lingüística automática do galego.

Full story »

Escrito em 27-09-09, na categoria: Ferramentas web
Chuza!
Preséntase en Ferrol a plataforma cidadá Queremos Galego!

A plataforma Queremos Galego! celebrou onte a súa presentación pública na comarca de Ferrolterra. Os portavoces desta entidade fixeron un chamamento á cidadanía para que secunde a manifestación en defensa da lingua que terá lugar o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela.

Xaquín Campo, un dos representantes da plataforma, fixo fincapé en que ?esta entidade está integrada por moitos colectivos que se mobilizan a prol da defensa do idioma? e que se trata ?dun espazo plural e aberto?. Para Xabier Ferro, outro dos representantes da entidade, ?o obxectivo fundamental de Queremos Galego! é transmitir un discurso positivo en torno á nosa lingua?.

Full story »

Escrito em 26-09-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!
Escola Popular Galega e os seus cursos de língua

Que é a Escola Popular Galega?
A Escola Popular Galega quer ser um instrumento à disposiçom da comunidade nacional galega para exercermos a soberania educativa a partir de um ensino solidário e crítico, orientado à transmissom de saberes e valores vinculados à experiência comunitária galega. Um projecto educativo alternativo, que tem por objecto dotar a comunidade galega dos instrumentos para a difusom e o intercâmbio do conhecimento censurado e excluído do ensino formal.

A Escola Popular Galega é um projecto de auto-educaçom comunitária, aberto portanto à participaçom e propostas de todas e todos nós.

Full story »

Escrito em 25-09-09, na categoria: Ferrol fala galego
Chuza!
Fervesteiro 2009: Por unha cultura libre!

Estes días atopámonos inmersos na VII edicion do Festival ?Fervesteiro? 2009. Este ano referenciase o festival "Por unha cultura libre"

Hoxe xoves 24 e ás 20:00h Inaguracion da Exposicion fotografica baixo lizenza Creative Commons, do fotografo ferrolan Manolo Rei no local do colectivo

Full story »

Escrito em 24-09-09, na categoria: Ferrol fala galego, Música en galego, Humor en galego
Chuza!
COM NOME PRÓPRIO

Hoje estreamos umha nova secçom do nosso blogue: COM NOME PRÓPRIO. Com periodicidade amosaremos aquí artigos assinados por distintos pessoeiros tratando o tema do galego na nossa cidade e na nossa comarca. Um ponto de vista com nome próprio.

Começa Alexandre Cortiças com o seguinte artigo:

A SITUAÇOM DO GALEGO NA ADMINISTRAÇOM DE JUSTIÇA DA COMARCA DE TRASANCOS

O partido judicial de Ferrol, de ampla extensom (12 municipios: Ares, Mugardos, Neda, Narom, Fene, Sam Sadurninho, As Somoças, Valdovinho, A Capela, As Pontes, Cabanas e Ferrol) é um nos que menos se usa o galego coma língua veicular na administraçom de justiça, se calhar por ter a sua sede na cidade de Ferrol, de tradiçom militar e base social maioritariamente castelhano-falante.

Full story »

Escrito em 22-09-09, na categoria: Com nome próprio
Chuza!

<< 1 2 3 4 5 6 >>


Busca


Dezembro 2024
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

  Feeds XML

powered by b2evolution CMS