A Fundaçom Artábria convoca para a próxima sexta-feira, 25 de Setembro, umha mobilizaçom que percorrera as ruas do centro de Ferrol. A saída será às 20h na Praça do Hino Galego.
Escrito em 21-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
O vindeiro luns ás 20:30 horas realizaremos unha nova asemblea aberta do noso colectivo para tratar as accións a desenvolver nas vindeiras datas.
Agardamos a vosa presenza!
Escrito em 18-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Chega a fin de semana e que mellor que relaxarse con boa música. O músico e cantante Roger de Flor(http://www.myspace.com/rogerdeflor) nos relata as peripecias de dous entrañables personaxes absolutamente reais: o artesán e poeta Luís Maquieira e o trobador aresán coñecido como o Marqués das Viñas. Coa presencia estelar de María e Carolina ?Faltriqueira?.
Escrito em 18-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Hoxe, xoves 17 de Setembro no local do Ateneo Ferrolán ás 8 da Tarde coa intención de conformar, a nivel da comarca de Ferrol, a plataforma social en defensa da lingua: "Queremos Galego".
Escrito em 17-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Hoxe propoñemosvos, se non os coñecedes xa, que coñezades o Colectivo OPAII e a Radio Filispim. Deixámosvos aquí unha breve reseña deles sacada da súa web.
O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente), é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información? pero cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante, como é a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim. Este instrumento de comunicación, pretende ser útil as persoas, colectivos, redes sociais e culturais da comarca, sen espazo nos medios de comunicación convencionais, ou que están sendo silenciados polos mesmos.
Escrito em 16-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Os días 21, 22 e 23 de decembro de 2009, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás IX XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.
Nestes días amosaránse curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas.
Escrito em 15-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Deixámosvos aquí unha ligazón a unha web de descarga de música galega onde poderedes atopar a grupos da nosa comarca desde O Real Coro Toxos e Froles ata os valexos Retobato, desde Maria Manoela ata Mencer Vermello, desde Andrés Dobarro ata habaneras ou mesmo gravacións da noite das Pepitas.
Escrito em 14-09-09,
na categoria: Música en galego
|
Presentouse o proxecto Colega, que trata de cubrir as carencias de métodos en galego para a aprendizaxe inicial da lectura e a escritura.
Cando os mestres de educación infantil e primaria intentan iniciar aos máis cativos no coñecemento e comprensión das letras e queren facelo en galego, ?ou ben elaboran os seus propios materiais ou aproveitan o que hai editado en castelán?. Esa é a experiencia da mestra Teresa Fuciños, que xunto con María Carmen García Vila e María Xosé Rodríguez Ares propúxose remediar esta situación creando un método en galego de adquisición e desenvolvemento da lectoescritura. Así naceu o proxecto Colega.
Escrito em 11-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Porque o galego é para todos os niveis da vida, deixámosvos aquí unha noticia sobre un simposium científico sobre a nosa lingua na idade Contemporánea.
Desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando simposios dedicados a temas relacionados coa investigación lingüística que son de interese para a comunidade científica. O Simposio deste ano 2009 abordará o tema Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea.
Escrito em 10-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
O prazo de matrícula para o para o curso superior de linguaxe administrativa galega permanecerá aberto ata o vindeiro día 20 , para o que hai 25 prazas. Para o correspondente ao preparatorio para o certificado de lingua galega Celga 1 o prazo concluirá o día 15.
O primeiro deles está dirixido a persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas galegas, e o segundo para todas aquelas persoas maiores de 16 anos.
Mais info: www.eoiferrol.org
Escrito em 09-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
<< < | > >> | |||||
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |