Artigo extraído de Diario de Ferrol
A ?Obra completa? de Cabanillas editouse en Buenos Aires porque, en España, a censura esixía a supresión de 25 poemas; ?A esmorga?, de Eduardo Blanco Amor; tampouco pasou o férreo control franquista da moral dos seus administrados; e a tradución dun ensaio filosófico de Heidegger, feita por Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega, non obtivo os parabéns dos censores por ousar empregar o galego para outra cousa que non fora a lírica ou a exaltación da Galicia folclórica e costumista. ?En Galicia, algún pedantón traduce la filosofía alemana con ritmo de gaita?, escribía Juan Aparicio, Director General de Prensa en 1956.
Escrito em 08-09-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
O vindeiro sábado 25 de xullo á noite e na praza maior de Neda actuará o grupo de PowerPop The Homens.
Agora mesmo o grupo atopase inmerso na gravación do que será o seu cuarto disco. Como eles mesmo dín en varios entrevistas, o son final, será máis punki. Iso sí, as letras como non, seguiran en galego e esta vez tocaran temas máis actuais.
The Homens na sala RumRum
Escrito em 22-07-09,
na categoria: Ferrol fala galego, Música en galego
|
Escrito em 19-07-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Hoxe, venres 3 de xullo, despois das doce da noite, actuará no Pub Tropicana de As Pontes (A Coruña) o cómico Pedro Brandariz.
Escrito em 03-07-09,
na categoria: Humor en galego
|
Manifesto que amosa o galego como unha ferramenta útil no estranxeiro.
Podedes aceder ao manifesto a través desta ligazón.
Escrito em 02-07-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
A RAG decidiu adicar finalmente o vindeiro días das Letras Galegas ao escritor Uxío Novoneyra, "o poeta do Caurel".
Asi que quedamos sen o día para Ricardo Carvalho Calero neste ano 2010 xusto cando se cumplian 100 anos desde o seu nacemento.
Escrito em 01-07-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
O vindeiro luns día 29 realizaremos unha asemblea aberta. O lugar de reunión é a cafetería Zucre de Ferrol e a hora as 20:30.
Escrito em 29-06-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
FERROL FALA GALEGO é umha assembleia pola defesa da língua aberta à participaçom de todas e todos os que quigerem arrimar o ombreiro para salvarmos a nossa língua na cidade de Ferrol e a súa comarca. Que nace com a intençom de combater o discurso que tem calhado nos últimos tempos da boa saúde do galego ou da imposiçom do mesmo como se se tratar de umha língua estrangeira, o certo é que nos encontramos em níveis de uso a día de hoje mui baixos, sobretodo entre a mocidade.
Escrito em 26-06-09,
na categoria: Ferrol fala galego
|
Nova extraida de A nosa terra.
Os músicos reúnense na Asemblea Aberta
Ao redor do Manifesto básico pola defensa da RTVG, o pasado 13 de xuño constituíuse en Compostela a Asemblea Aberta integrada por músicos profesionais, grupos noveis e representantes de salas e programadores de festivais. Membros de Machina, Esquíos, Ataque Escampe, Sacha na horta, Zënzar, Ruxe Ruxe, Fanny e Alexander e outros moitos uníronse ?contra a censura e a marxinación da música galega?.
Escrito em 26-06-09,
na categoria: Música en galego
|
O organismo popular anti-repressivo continua a desenvolver actividades em diversas localidades do País para fazer frente às imposiçons da repressom económica e denunciar a situaçom dos presos independentistas galegos. Nesta fim-de-semana o trabalho anti-repressivo terá Ferrol como localizaçom com a convocatória dumha chouriçada e um concerto. O dinheiro recadado por estas actividades está destinado a enfrentar a defesa jurídica dos presos independentistas galegos ante os tribunais políticos do Estado.
Escrito em 26-06-09,
na categoria: Música en galego
|
Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
<< < | > >> | |||||
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |