AUTHOR: ferrolfala TITLE: Feijóo deixa morrer un videoclub online gratuíto que difundía o cine galego BASENAME: feijoo-deixa-morrer-un-videoclub-online-gratuito-que-difundia-o-cine-galego DATE: Tue, 01 Mar 2011 19:52:29 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:
A Xunta ordena o peche de Flocos.tv, unha plataforma herdada do Goberno bipartito que fora recoñecida por almacenar e pór en valor o acervo audiovisual
Captura da web Flocos.tv, que mostra un filme con Luís Tosar.Malos tempos para o audiovisual galego. Tras o peche do Onda Curta, un programa da TVG no que se proxectaban curtametraxes de realizadores do país, chegoulle a hora a flocos.tv, unha filmoteca online gratuíta que ofrecía gran parte da produción cinematográfica de Galicia.
Pioneira no seu xénero xunto a webs como Filmin ?neste caso, de pago? e impulsada polo Goberno bipartito, o proxecto da tamén desaparecida Axencia Audiovisual Galega naceu a finais de 2008 co propósito de almacenar e difundir a través de Internet curtos e longametraxes de factura galega, pero a chegada do conservador Alberto Núñez Feijóo á Xunta deixou a web á deriva durante un par de anos, ata que finalmente terminou por afundirse debido á desidia gobernamental.
"Cando pechou a Axencia Audiovisual Galega, no verán de 2009, deixaron de pagarnos o mantemento", explica María Yáñez, responsable de contidos da Navalla Suíza, a empresa que desenvolveu o portal. Cesou entón a actividade rutineira que supuña dixitalizar os filmes, subilos á web e actualizar os contidos. "Tiñamos 300 pezas en cola", recorda Yáñez, cuxa empresa botou onte o cadeado a flocos.tv por orde de Agadic, con cuxos responsables non foi posible contactar a pasada noite para ofrecer a súa versión dos feitos.
A Xunta demostrou "desinterese", pero tamén "falta de estratexia" audiovisual Este organismo da Consellería de Cultura, do que pasara a depender o proxecto, limitouse a pagar o dominio e o servidor ata que, co envío da última factura, optou por cancelar a web, que agora redirecciona á propia Agadic. Unha decisión, segundo Yáñez, que obedece á "ausencia de política audiovisual" da Xunta e á súa "falta de estratexia" na materia, que á súa vez reflicte un "desinterese" por unha iniciativa exemplar no seu xénero.
Así o considerou no seu día o xurado dos premios Mestre Mateo, que lle concedeu en 2008 o galardón á mellor obra interactiva, ou a revista Cahiers du Cinema, que lle dedicou unha reseña. Por non falar dos usuarios do montón, que tiñan á súa disposición un videoclub gratuíto con decenas de títulos, e dos propios creadores, que ven desaparecer unha plataforma para a difusión en alta calidade das súas obras.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: De boca a boca ... axenda aberta BASENAME: de-boca-a-boca-axenda-aberta DATE: Wed, 09 Feb 2011 20:20:25 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Nace unha nova inciciativa na nosa comarca: axendaaberta.blogspot.com
Extraído do blog de De boca a boca... axenda aberta:
Axenda aberta nace da iniciativa dun grupo de veciñas e veciños da comarca de Ferrol coa intención de facilitarlle unha ferramente informativa á nosa comarca consistente na comunicación e anuncio das diversas e futuras actividades a realizar no noso ámbito territorial. Ademais de servir de axenda recopilatoria das actividades das diversas asociacións e colectivos que existen na nosa comarca.
Neste momento, atopámonos recopilando información, así que se alguén observa que non aparece nas nosas listaxes, pode enviarnos un mail a axendaaberta@gmail.com solicitando a súa inserción.
Asemesmo, tamén nos podedes enviar convocatorias abertas para inserilas na axenda principal do blog.
En todo caso, Axenda Aberta non se fai responsable das posíbeis modificacións de lugar, contido, data ou hora ou supresión das distintas actividades publicadas na nosa axenda. Recomendamos aos visitantes da nosa web corroborar cos propios organizadores dos eventos a súa realización na data, hora, lugar ou característica publicada na nosa axenda.
Xaneiro de 2011.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Nace a iniciativa popular SOMOS GALEGO BASENAME: nace-a-iniciativa-popular-somos-galego DATE: Wed, 02 Feb 2011 21:20:38 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:SOMOS GALEGO apreséntase publicamente cun manifesto aberto á adhesión das persoas e colectivos que o desexaren
Mércores 2 de febreiro
Nesta mañá deuse a coñecer a existencia da iniciativa popular Somos Galego, promovida por un grupo de persoas preocupadas pola situación de desprotección e agresión que sofre a lingua do País e pola regresión no ámbito da normalización da man das políticas lingüísticas da Xunta.
Segundo a testemuña desta iniciativa Somos Galego ?tamén quere mostrar a súa preocupación polo tratamento omisivo, criminalizador e represivo que teñen padecido e padecen axentes normalizadores ou simples galegos e galegas por participaren en actos ou mobilizacións a prol do galego?. Neste sentido, aseguran, ?Somos Galego solidarízase con todas aquelas persoas que enfrontaron ou enfrontan sancións administrativas ou procesos xudiciais e manifesta o seu apoio a todas aquelas inciativas solidarias neste eido?.
O manifesto fundacional desta iniciativa chama ao sobresemento dos procesos xudiciais abertos contra os defensores e defensoras do idioma e á retirada das sancións, á desactivación dos dispositivos de violencia policial así como á depuración de responsabilidades políticas nas agresións exercidas polos corpos represivos do estado. Finalmente esixen da Administración Galega o cumplimento das obrigas en materia de normalización e aseguran que estas ?non só foron abandonadas, senón vulneradas conscientemente no marco dunha acción lexislativa que inverte o proceso de normalización linguu ística?.
O seu manifesto, aberto á adhesión, pódese consultar no blogue http://somosgalego.blogaliza.org/ e asinar a través do correo ipsomosgalego@gmail.com por todas aquelas persoas e colectivos que así o desexen.
Dende SOMOS GALEGO chaman a ?participar este xoves, día 3, e o venres, día 4, nas concentracións solidarias coas dúas persoas ás que o Xulgado do Penal de Vigo lles pide penas de prisión que suman máis de 8 anos, acusados de, supostamente, teren agredido aos policías antidisturbios que atacaron de xeito violento unha concentración pacífica contra un acto do colectivo supremacista Galicia Bilingüe en febreiro de 2008?.
Adhire o noso manifesto: http://somosgalego.blogaliza.org/
Contacta connosco: ipsomosgalego@gmail.com
Manifesto contra a represión lingüística
Os primeiros anos deste novo século serviron para que a ultradereita española, representada polo Partido Popular, propiciase o nacemento e expansión dun discurso contra dos dereitos colectivos das nacións periféricas integradas no Estado Español, que é de seu un ataque estrutural á propia existencia destas. Un dos dereitos que máis turba ao nacionalismo español de nova planta é o de toda unha colectividade a desenvolverse en todas as instancias e niveis da vida social no seu idioma, o que representa o principal síntoma dunha identidade en resistencia e construción permanente, mais xa madura, logo dun proceso de formación no que importaron moito os esforzos de moitas xeracións e que atravesou os contextos políticos e sociais máis adversos.
Este discurso, novo en aparencia, acumula o herdo do totalitarismo lingüístico, e foi reforzado por diferentes expropiacións de conceptos que historicamente pertencen ás expresións da esquerda xenuína, como é o propio termo ?liberdade?. Isto garantiulles certo grao de aceptación no medio social, que se veu amparado no compromiso dos mass media con este tipo de expresións propias do centralismo. Amais o goberno galego, tomado polo Partido Popular hoxe, agocha baixo a cortina de fume da ?austeridade fronte á crise? un programa de desartellamento da nación galega que se asenta na máxima colonial do ?desenraizamento? para poder perpetuar a dominación do centro colonialista sobre territorios cultural, social, política e economicamente diferenciados, como é o caso do noso País.
Neste escenario, unha necesidade partillada polas forzas que alternan as butacas en Madrid é a de reprimir e aniquilar as expresións contestatarias que están a defender a lingua nacional fronte a aqueles actos e manifestacións que, baixo unha retórica formalmente democrática, están cargados de violencia simbólica e real. Este é o caso dos eventos pola ?libertad lingüística? ou para ben dicir, contra a normalización da lingua galega e a propia lexislación que debería garantir esta, que comprometen un regreso ao vello escenario de marxinalidade lingüística para o galego. Garanten a posición de dominación da lingua castelá coa estratexia de presentala como ?lengua común?, e non son senón, polo seu carácter de expresións dunha minoría social creada, referendada e amplificada polos medios de desinformación e o poder, un erro máis, unha mostra máis do fracaso do programa asimilador do nacionalismo español.
A represión resólvese como unha peza chave nesta dirección. Dende hai un lustro, a coordinación de manobras das forzas institucionais que se autolexitiman nestas minoritarias expresións sociais, viuse acompañada da activación dos mecanismos de represión xurídico-política ou xurídico-policial que acompasan os diferentes momentos políticos de agresión aos dereitos colectivos destas nacións sen estado. Así, os procedementos xudiciais abertos contra entidades normalizadoras, as sancións administrativas e penais contra os individuos e colectivos sociais (véxanse o famoso caso do ?L? na Coruña ou do expediente sancionador do concello compostelán contra a faixa da Gentalha do Pichel), sumados ao circo de violencia policial nas concentracións en defensa da lingua, son unha proba clarificadora do cotián deste embate contra o idioma.
Por iso, e á vista dos diferentes procedementos civís, administrativos e penais abertos contra activistas comprometidos e comprometidas coa lingua, das diferentes ameazas de sanción económica e mesmo prisión, ou da asfixia económica e xudicial á que están a someter a diversas entidades sociais, os colectivos que adherimos este manifesto como unha posición común fronte á miseria do nacionalismo, español,
ESIXIMOS:
1. O sobresemento dos procesos xudiciais abertos contra todas as persoas, colectivos e entidades polo feito de desenvolver un traballo coherente en defensa do idioma.
2. A retirada de todas aquelas sancións que a día de hoxe son efectivas contra asociacións ou individuos, impostas arbitraria e desproporcionadamente como mecanismo de represión e silenciamento.
3. A desactivación dos dispositivos de violencia policial artellados arredor das iniciativas en defensa da lingua, do mesmo modo desproporcionados e gratuítos, encamiñados a criminalizar este tipo de iniciativas, atemorizar a poboación, coartar a liberdade de expresión e impor o discurso único.
4. A depuración de responsabilidades políticas e administrativas con respecto a estas mostras de agresión.
5. O cumprimento, por parte da Administración galega, das súas obrigas legais en materia de normalización lingüística, que non só foron abandonadas, senón vulneradas conscientemente no marco dunha acción lexislativa que inverte o proceso de normalización lingüística posto en marcha dende a aprobación da Lei 3/1983 de 15 de xuño de Normalización Lingüística, e a restauración dunha legalidade xa en por si deficitaria.
Ao tempo, queremos manifestar o noso apoio a todas aquelas iniciativas solidarias coas persoas e colectivos que sofren estas prácticas represivas, e a nosa disposición para continuarmos no camiño da loita polo idioma, que, malia ser molesto para as autoridades, é o único que pode garantir a supervivencia da nosa lingua.
Na Terra, xaneiro de 2010
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Cursos CELGA polo Concello BASENAME: cursos-celga-polo-concello DATE: Fri, 21 Jan 2011 14:38:37 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, aposta polo uso e o bo coñecemento do idioma galego entre os seus cidadáns e cidadás. Así, promove cursos gratuítos para prepararse e poder presentarse aos exames que dan dereito á obtención dos títulos CELGA 1, (para inmigrantes e persoas que non teñen coñecemento da lingua galega), CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4 (este último dirixido a aqueles que desexen perfeccionar o seu dominio).
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: O Senado falou na lingua galega BASENAME: o-senado-falou-na-lingua-galega DATE: Tue, 18 Jan 2011 22:55:44 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A lingua galega, o euskera e o catalá estiveron presentes este mércores no pleno do Senado por primeira vez na historia, nunha sesión na que se activaron os servizos de tradución simultánea nun clima de normalidade. O senador de Entesa Ramón Aleu iniciou o turno facendo uso da potestade que lle otorga o novo Regulamento. Tamén falaron nas súas linguas, o senador balear Pere Torres, a do PNV Loren Leanizabarrutia, o de CiU Ramón Alturo, o do PSOE Joan Cardona e o do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza. Os senadores do PP fixeron un uso mínimo da tradución simultánea e aplaudiron á súa representante cando lembrou que o castelán é a lingua na que se entende "todo o mundo".
Cultura ? 18/01/2011 ? Autor: H.S.R.
?É algo positivo e estamos satisfeitos?, afirmou o nacionalista Pérez Bouza, un dos impulsores da reforma do regulamento no Senado. Para o político do BNG, o uso do galego na Cámara Alta ?é un feito simbólico pero moi importante, sobre todo agora que en Galiza a lingua está sufrindo os ataques do PP?. ?Abrímoslle unha pequena fiestra ao noso idioma?, destaca Pérez Bouza, que considera as críticas dos populares ?unha mostra máis da súa visión da pluralidade, que é un problema para eles?. ?Critican o gasto e claro que o hai como sempre que se pon algo en marcha; de todas formas, é asumible porque o orzamento do Senado baixou?, di o senador, que lembra tamén que os grupos nacionalistas intentaron ?por todos os medios? poder empregar as linguas cooficiais tamén na sesión de control. ?Para conseguir o consenso co PSOE houbo que aceptar esa condición?, recoñece o membro do BNG.
Noticia extraída de RadioFussion
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Manifestación virtual polo galego BASENAME: manifestacion-virtual-polo-galego DATE: Tue, 18 Jan 2011 14:16:08 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:O domingo trinta de xaneiro, ás tres da tarde, celébrarase unha manifestación virtual na rede, que convoca "Por decreto que defenda o galego". Entre outras accións, o colectivo recomenda poñer unha imaxe divulgada xa, vía face, no perfil de cada usuario que estea pola causa.
O colectivo diríxese ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, para que medite as súas opcións sobre o decreto lingüistíco que "nos quere impoñer aos galegos", privando a cada vez máis nenos do seu dereito a aprender na lingua materna, e non só iso, desnaturalizándoos e alienándoos.
Desde o colectivo, piden "un mínimo dun 50 por cento de presenza do galego no ensino (ben sexa infantil, primaria, secundaria ou ciclos superiores).
Todos os presentes neste grupo cremos e apoiamos a existencia da nosa lingua materna: O galego. Por iso queremos un decreto digno de Galiza, no que o galego estea presente nunha porcentaxe mínima dun 50% e deixar o resto para as demais linguas, xa que consideramos que o galego é a lingua oficial de Galiza e debe estar representada en todos os ámbitos do noso país".
Non queremos erradicar o castelán nen impor unha lingua sobre outra, só pedimos o que nos corresponde; a equiparación das linguas cooficiais en Galiza.
Pois é máis que de xustiza, por tanto, desde MundoGaliza animámosvos a participar desta manifestación virtual.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Cursos oficiais de Galego 2011 BASENAME: cursos-oficiais-de-galego-2011 DATE: Fri, 14 Jan 2011 11:31:12 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Convocados hoxe, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2011, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Os Clubs de Narrativa e Lectura en Galego regresan hoxe á Biblioteca Municipal coas obras de autores como Francisco Ayala, Espido Freire ou Xabier Quiroga BASENAME: os-clubs-de-narrativa-e-lectura-en-galego-regresan-hoxe-a-biblioteca-municipal-coas-obras-de-autores-como-francisco-ayala-espido-freire-ou-xabier-quiroga DATE: Wed, 12 Jan 2011 12:12:29 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, anunciou que a Biblioteca Municipal da Praza de España retomará hoxe mércores, o Club de Narrativa e o Club de Lectura en Galego. O seu obxectivo, tal e como subliñou, é incentivar a afección pola lectura, afondar e coñecer as obras narrativas de recoñecidos escritores galegos e internacionais, ao tempo que se fomenta a súa lectura e mesmo o diálogo entre os participantes. En ambos os dous casos, as actividades son gratuítas.
Respecto ao Club de Narrativa, avanzou que as sesións estarán coordinadas por Aurora Varela e celebraranse en mercores alternos en horario de 18.00 a 19.30. O número de prazas -vinte- están xa cubertas, tal e como indicou a edil, e mesmo hai xa listaxe de agarda. Aínda así, animou ás persoas interesadas neste Club a inscribirse por se algún dos asistentes deixa de asistir á actividade.
O dito Club iniciarase coa lectura de ?Cerca del corazón salvaje?, de Clarice Lispector, e continuará con outras obras de autores destacados como ?El maestro de almas?, de Irene Nemirovski; ?El polizón de Ulises?, de Ana María Matute, ?Bartleby y compañía?, de Enrique Vila-Matas; ?Los usurpadores?, de Francisco Ayala; ?La noche del oráculo?, de Paul Auster; ?Nos espera la noche?, de Laura Espido Freire e ?La soledad de los números primos?, de Paolo Giordano. A estes títulos iranse sumando outros a medida que se vai desenvolvendo o Club de Narrativa.
Por outra banda, e en relación ao Club de Lectura en Galego, Mercedes Carbajales anunciou esta mañá que novamente as sesións estarán coordinadas polo escritor ferrolán Henrique Dacosta e se celebrarán os mércores en horario de 19.00 a 20.30 horas na Sala Audiovisual -será unha sesión ao mes agás en xaneiro, no que están programadas dúas-. Así, os interesados en participar no dito Club poderán acudir este mércores ás instalacións municipais e participar na primeira lectura: ?O cabo do mundo?, do escritor Xabier Quiroga.
A entrada para participar nestas sesións é libre e gratuíta, aínda que é necesario inscribirse previamente no mostrador da Biblioteca, ubicado na pranta baixa. A este respecto, a edil de Cultura anunciou que hai 12 prazas libres, polo que animou aos cidadáns e cidadás a achegarse ata a Biblioteca e anotarse neste Club de Lectura en Galego, dirixido á poboación adulta. Así, os asistentes poderán analizar e afondar en obras narrativas de destacados autores como Suso de Toro, Antón Riveiro Coello ou Ivo Andric, escritor bosnio que no ano 1961 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
Neste caso, as sesións desenvolveranse os días 12 e 26 de xaneiro, 16 de febreiro, 16 de marzo, 13 de abril, 11 de maio e 8 de xuño e nelas os asistentes traballarán coas seguintes obras literarias: ?O cabo do mundo?, de Xabier Quiroga; ?Unha mada de 12 relatos? e ?O prezo da tentación?, de Henrique Dacosta; ?Calzados Lola?, de Suso de Toro; ?A medición do mundo?, do alemán Daniel Kehlmann; ?A ponte sobre o Drina?, de Ivo Andric; ?As rulas de Bakunin?, de Antón Riveiro Coello; e ?Expediente Artieda?, de Luis Rei Núñez.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Inauguración da exposición sobre Carvalho Calero BASENAME: inauguracion-da-exposicion-sobre-carvalho-calero DATE: Tue, 11 Jan 2011 07:29:07 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, presentou esta mañá a publicación ?Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo. Imaxe de cen anos?, editada polo Concello co gallo da conmemoración, en 2010, do centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990). O libro entregarase a todas as persoas que o vindeiro 18 de xaneiro se acheguen ata o Centro Cultural Carvalho Calero, ubicado na Praza do Inferniño, onde se inaugurará ás 19.30 horas a exposición sobre a vida e obra literaria do ilustre filólogo e escritor ferrolán.
Xa polo miúdo, a edil subliñou que o volume estrutúrase en diferentes apartados segundo as etapas da súa vida, sendo o primeiro deles o correspondente ao seu nacemento, infancia e mocidade (do 1910 ao 1926). Uns anos que transcurriu no barrio de Ferrol Vello e que se ilustran con fotografías da Praza Vella, da rúa e igrexa de San Francisco ou da rúa Real á altura da Praza de Amboaxe, por onde Carvalho Calero pasaba para acudir ao Colexio do Sagrado Corazón.
A súa etapa de universitario en Santiago de Compostela (1926-1932) ou a do Ferrol e a República (1932-1936) reflíctense tamén na publicación ?Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo. Imaxe de cen anos?. Tamén os anos da Guerra Civil e o seu apoio ao bando republicano ou a condea de doce anos e un día de reclusión recóllense neste volume, que inclúe así mesmo capítulos como o relativo ao seu regreso a Ferrol (1941-1950), onde se adicou ao ensino privado aínda que dunha forma clandestina, toda vez que non podía estar colexiado como consecuencia da condea que lle fora imposta (exerceu en colexios particulares e privados).
Os anos que pasou en Lugo, onde viviu e traballou entre 1950 e 1965 están tamén recollidos, con imaxes do Colexio Fingoi onde Carvalho Calero exerceu a docencia como profesor e director. Docencia que posteriormente, entre 1965 e 1980 desenvolveu na Universidade de Santiago de Compostela, ano este último no que se xubilou aínda que seguiu traballando na Universidade.
O libro incorpora os capítulos ?1980-1990. Esperar contra toda esperanza? e ?1990. Benvido á inmortalidade?, así como adicatorias a Carvalho Calero de ilustres persoeiros como Luis Seoane, Ramón Piñeiro, Fermín Bouza Brey, Domingo García Sabell ou Eduardo Blanco Amor, entre outros. Finalmente, ?Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo. Imaxe de cen anos? péchase cunha selección da súa obra póstuma, estudos e homenaxes que recibiu o filólogo ferrolán, como o nomeamento de Fillo Predilecto do Concello de Ferrol no ano 1990, entre outros.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Queremos Galego chama a encher a Praza do Obradoiro o 17 de maio BASENAME: queremos-galego-chama-a-encher-a-praza-do-obradoiro-o-17-de-maio DATE: Mon, 03 May 2010 04:50:03 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A campaña gráfica que nos próximos días chegará a todas as comarcas do país xogará con dúas imaxes: a dunha bola de pan e a dun corazón; a primeira, simboliza ?a lingua como sustento, como algo que vincula directamente a existencia material do noso pobo?; a segunda, da mesma maneira que o propio nome da plataforma cidadá ?o amor pola nosa cultura e a demanda da súa presenza, para que acade plena normalidade no espazo que lle é propio?. ?Quen cre nas potencialidades de Galiza, defende a identidade do país e defende a lingua?, asegurou.
A manifestación do próximo 17 de maio partirá ás 12 da mañá da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro, que Queremos Galego confía en ateigar de novo, como xa acontecera na masiva manifestación contra o decretazo no ensino do pasado 21 de xaneiro.
Para Carlos Callón, a mobilización cidadá que se convoca para o Día das Letras vai servir tamén para ?visualizar e afortalar a unidade social existente neste momento arredor da defensa do galego?. ?Unha unidade social?, denunciou, ?da que só se autoexclúe o Partido Popular, que será o único que non estea mobilizándose na rúa o 17 de maio en favor da lingua e da cultura propias do país?. ?Algo?, engadiu, ?que debe facer reflexionar moi seriamente ao Presidente da Xunta, que no entanto segue a malgastar diñeiros públicos en atacar o galego?. Nese sentido, o portavoz censurou como ?un insulto ás familias que máis padecen a crise económica que se anuncie o investimento público dun millón de euros nunha campaña a favor do decretazo; isto é, dunha campaña contra o galego?. Callón fixo un repaso do ?rexeitamento unánime do decretazo? e citou de forma explícita ?todas institucións culturais do país, todos os sindicatos, todas as organizacións estudantís, todos os movementos de renovación pedagóxica e, excepto unha, todo o resto das asociacións de nais e pais?. ?No PP saben que contan cun rexeitamento unánime e por iso utilizarán fondos públicos nunha macroacción propagandística impresentábel?, sinalou.
Como en ocasións anteriores, a Plataforma Queremos Galego dispoñibilizará en todas as comarcas do país un servizo de autobuses. Unha vez concretadas as rutas e os horarios, poderanse consultar na páxina web queremosgalego.org.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Aberto o prazo de matrícula na EOI para facer as probas libres BASENAME: aberto-o-prazo-de-matricula-na-eoi-para-facer-as-probas-libres DATE: Tue, 13 Apr 2010 20:32:40 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Xa está aberto o prazo de matrícula para facer os exames "libres" para obter os certificados da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Tedes toda a información na páxina web www.eoiferrol.org
Dito prazo de matrícula estará aberto ata o 28 deste mes. Entre eles está o galego.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: A Administración condenada a recolocar ao compañeiro Brais nas listas de interinos BASENAME: a-administracion-condenada-a-recolocar-ao-companeiro-brais-nas-listas-de-interinos DATE: Mon, 22 Mar 2010 08:54:36 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A Sentenza do xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago, ordena à Administración a que repoña a Brais no seu direito a estar nas listas de interinos e substitutos.A sua vez rebaixa notoriamente o número de sancións inicialmente impostas; pese a este resultado, a CNT non fica conforme, xa que as interpretacións acerca das funcións da guarda civil fan-nos lembrar (e temer) o tipo de Estado no que vivemos. Por outra banda, non se cuestiona a ilegalidade da Addenda que permite botar das listas de substitución a toda aquela persoa que sexa suspendida de emprego e soldo, con independéncia da gravidade ou irreleváncia dos factos polos que sexa condenada.
Asi, esta sentenza elimina as seguintes faltas:
1) A de atentado grave a dignidade dos funcionários e da Administración, sanción que fica anulada por non considerar-se probada a autoría das frases ?inxuriosas? segundo a Administración e por considerar que un blog entra na esfera persoal e non nas funcións do seu traballo como profesor. Lembrar que a frase que foi merecedora desta sanción segundo a Administración era ?Fora a policía das escolas?, considerando que a entrada de policía no instituto de paisano e os cacheos aos rapazes e raparigas constituía unha postura anti-pedagóxica e represiva. Pese a que esta falta foi anulada polo xuiz polos motivos antes indicados, a interpretación que fai o mesmo das funcións da guarda civil (que emitiu un informe sobre a autoría do blog e identifica aos alunos e alunas que entran no mesmo, a efectos dun expediente disciplinário contra un profesor), é descorazonadora: frente á alegación da CNT que considera ilegal e delictiva esta actuación por parte dos axentes, o xuiz entende que entre as funcións da guarda civil atopan-se a de captar, receber e analisar cantos dados teñan interese para a orde e a seguridade pública, así como planificar, estudar e executar os métodos e técnicas de prevención da delincuéncia, concluindo que a guarda civil actuou no exercicio das suas funcións na investigación realizada porque as frases do blog podem-se calificar de ofensivas para a equipa directiva do instituto e as forzas e corpos de seguridade. Onde está o delito? E o perigo á seguridade pública? E a liberdade de expresión?
2) Anula a falta por incumprimento dos deberes e obrigas do funcionário, falta imposta por non se quitar a gorra. Esta falta é anulada exclusivamente porque no ordenamento interno do centro non aparece recollida a obriga de ir coa cabeza descoberta, portanto, non incumpriu nengún deber. Pero non se entra a analisar o absurdo da sanción (que pese a ficar en apercibimento tras o primeiro recurso administrativo, a cualificación inicial por esta falta foi de ?moi grave?), dicendo incluso o tribunal que, pese a non constituir falta algunha por si própria, ?pode ser asimilada aos outros feitos e de que constitúe unha evidente falta de educación?.
O tribunal mantén, entretanto, duas sancións:
1) Falta da debida consideración cos compañeiros. Esta falta está enunciada do seguinte xeito: ?grave desconsideración con un profesor que, primeiro foi increpado a gritos e despois insultado?. Seguro que @s leitor@s desta notícia vos preguntaredes en que consistiu esta grave desconsideración resumida nesta lapidária frase; pois ben, segundo o tribunal queda demostrado en base a duas frases que aparecen en sendas declaracións no expediente: 1) gritou a este profesor ?e ti por que te marchas, non te vaias? e ?es un maleducado?.
Non entra o xuiz no contexto: petición de Brais de que as aulas de matemáticas se deran en galego en virtude do decreto vixente naquel momento.
Non valora o xuiz a falta de respeito na que pode incurrir o profesor ?inxuriado? ao dar-se a volta e marchar deixando coa palabra na boca ao compañeiro, en lugar de atender, ou ben debater, a sua petición.
Non valora o xuiz que ante unha persoa que se marcha no entanto lle estás a falar, pode non constituir falta de respeito algunha, pedir-lle que non o faga: ?e ti por que te marchas, non te vaias?, literalmente.
Non valora o xuiz que ?es un maleducado? pode ser unha resposta lóxica a esta actitude, con independéncia das valoracións morais de cadaquén.
2) Falta da debida consideración coas superiores. Por manter unha actitude desafiante co xefe de departamento (referíndo-se, entendemos, os feitos relatados anteriormente) e por entrar na xefatura de estudos sen chamar, moi alporizado e gritando impropérios. Non se di en momento algún a que impropérios se refire, se ben no expediente consta que estos feitos ocurriron inmediatamente despois aos anteriores, cando Brais queixa-se à Xefa de estudos a respeito a língua e os libros de texto no que se dan as aulas de Matemáticas, e a actitude do xefe de departamento cando lle fixo a petición de que fosen en galego. No expediente tampouco aparece impropério algún.
Respeito as alegacións de Brais de discriminación ideolóxica, habida conta de que os factos polos que se impoñen as sancións derivan da sua petición de que as aulas de Matemáticas se impartiran en galego, sendo as discusións citadas relativas a este feito, a sentenza di ?que non pasan de ser meras apreciacións subxectivas carentes de todo rigor e que non precisan comentário nen resolución expresa algunha?.
Finalmente, condena à Administración a recolocar a Brais nas listas no entanto non exista sentenza firme, sen perxuizo de que, se nesta ficase firme algunha sanción de suspensión de emprego e soldo, a Administración poderá facer decair o direito a estar nas listas de substitución.
Nesta altura fara-se recurso de Apelación perante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, e a Administración educativa ten obriga de recolocar de novo ao compañeiro Brais nas listas de interinos e substitutos no entanto non haxa sentenza definitiva. Aliás, a CNT seguirá a loitar pola supresión da Addenda do 2006, que supón, como xa informamos antes, de que por unha sanción que supoña separación do servizo (ainda que sexa de 5 dias) un profesor ou profesora interina ou substituta decai no direito de estar nas listas da Consellaria.
Así están as cousas. Seguiremos informando.
Artigo extraído da web da CNT
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: QUEREMOS GALEGO COMEZARÁ A RECOLLER SINATURAS PARA EVIDENCIAR O APOIO SOCIAL Á INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR REXEITADA POLA MESA DO PARLAMENTO BASENAME: queremos-galego-comezara-a-recoller-sinaturas-para-evidenciar-o-apoio-social-a-iniciativa-lexislativa-popular-rexeitada-pola-mesa-do-parlamento DATE: Tue, 09 Mar 2010 22:17:22 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: O mundo en galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A plataforma asegura que ?non vai calar por moito que queira Núñez Feijóo que a sociedade deixe de defender o galego?
Queremos Galego estudará respostas xudiciais contra a resoluciónda Mesa do Parlamento, que evidencia ?a actitude prepotente dun Partido Popular que teima en non querer escoitar a sociedade?
Santiago de Compostela. 9 de marzo de 2010. A comisión xestora de Queremos Galego compareceu hoxe en conferencia de imprensa para, a través dun dos seus portavoces, Carlos Callón, anunciar as medidas legais e sociais a adoptar logo de a Mesa do Parlamento ter rexeitado por maioría a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada nos últimos meses desde a plataforma. Esta iniciativa puxérase en andamento a través dunha comisión promotora da que fan parte nomes senlleiros en diferentes ámbitos da vida social e cultural do país, como Manuel Rivas, Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Margarita Ledo, Xurxo Souto, Marica Campo, Kiko da Silva, Xosé Lois ?O Carrabouxo? ou Sonia Lebedynski, entre outros.
Esta proposición de lei por iniciativa popular pretende garantir plenamente a posibilidade de uso do galego das e dos cidadáns perante a administración galega, desenvolvendo o estabelecido na Lei de Normalización Lingüística e na Carta europea de linguas minorizadas.
Para Queremos Galego a non admisión a trámite desta ILP é unha mostra máis ?do medo que o Partido Popular ten a que a sociedade exprese de calquera maneira o seu apoio ao uso da lingua propia e oficial do noso País, mesmo utilizando e manipulando de xeito partidario institucións públicas como a Mesa do Parlamento e lexislación como a da Iniciativa lexislativa Popular para os seus fins?.
A plataforma cidadá lembra que o dereito á Iniciativa Lexislativa Popular é un dereito democrático básico recoñecido na Constitución española, ?que vén de ser vulnerado?. A súa admisión a trámite non implica a súa aprobación, só marca o inicio dun período de recollida de sinaturas entre cidadás e cidadáns maiores idade e censuados en Galiza. Tras completarse o mínimo necesario (15.000), con todos os requisitos recollidos pola lei, motiva o seu debate parlamentario. Para a plataforma cidadá ?é a este debate ao que ten pánico o Partido Popular, xa que evidenciaría que detrás do seu discurso o que se agochan son claras intencións de acabar coa lingua galega?. E recorda que ?iniciativas anteriores foron tramitadas, sen lles seren aplicadas visións restritivas, con toda naturalidade, independentemente da súa aprobación final ou non?.
Queremos Galego anuncia que ?non se dobregará ante esta manobra antidemocrática e autoritaria do Partido Popular?, que ?aínda motiva máis? ás perto de 700 entidades que integran a plataforma a seguiren realizando accións de defensa da nosa lingua. Neste sentido, Queremos Galego anunciou que iniciará un proceso de recollida de sinaturas ?exactamente baixo as mesmas condicións que se faría coa ILP?, que serán presentadas no Parlamento galego a todos os grupos.
Para dotar de garantías xurídicas e velar polo cumprimento da legalidade en todo o proceso, constituirase unha comisión xurídica formada por profesionais de diversos ámbitos do Dereito e a xustiza.
A plataforma cidadá chama ao pobo galego ?a mobilizarse e non deixar pisar os seus dereitos lingüísticos e políticos?, duplamente vulnerados ao negárselle admisión a trámite parlamentar á iniciariva. Segundo Carlos Callón, ?o PP terá que escoitar, quixer ou non, a voz do pobo?. E lembrou que este ?xa reaccionou exemplarmante á política lingüicida do actual goberno a través das manifestacións máis grandes da historia democrática en defensa da nosa lingua e cultura?. O tamén presidente da Mesa pola Normalización Lingüística amosouse convencido de que a sociedade ?volverá mobilizarse por múltiplas vías? se fai falta e anunciou a presentación dun calendario de ?intensas actividades ao longo e largo de todo o país?.
Desde este momento Queremos Galego comezará a estudar a interposición dun recurso de amparo ante os tribunais competentes contra a decisión da Mesa do Parlamento, ?co fin de restaurar en Galiza a normalidade democrática que o PP teima en facer desaparecer?.
TEXTO DA ILP EN:
http://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/iniciativa-lexislativa-popular
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: 21 de xaneiro, manifestación en contra do novo decreto de galego BASENAME: 21-de-xaneiro-manifestacion-en-contra-do-novo-decreto-de-galego DATE: Sat, 16 Jan 2010 01:06:46 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Manifestación 21 de xaneiro ás 11.30 na Alameda de Santiago.
Buses de Ferrol con saída ás 10 da mañá de fronte ao Teatro Jofre. Anotarse no 981 35 87 50 -local comarcal da CIG- ou no 689 39 28 61 -Ana-.
Buses de As Pontes e Pontedeume con Saída das Pontes ás 9.30 con parada en Pontedeume. Anotarse no 981451510 -Local CIG As Pontes- ou no 689392861-Ana-
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Eu falo! Miremonos no espello BASENAME: eu-falo-miremonos-no-espello DATE: Mon, 11 Jan 2010 15:07:54 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: O mundo en galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A "lingua propia de Galiza" é o Galego, perante xeracións, millóns de persoas mantivemos viva a nosa lingua, esta é un sinal de afirmación colectiva como pobo.
"Mil primaveras máis para a nosa lingua".
O Sinticato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG)sumouse ao chamamento de CIG-Ensino. As dúas centrais animan aos profesores a desobedecer a proposta de decreto sobre o plurilingüismo e a continuar impartindo as súas aulas en galego. O STEG anunciou tamén a súa intención de presentar un recurso xudicial se o decreto finalmente non recoñece a stiuación de desigualdade do galego respecto do castelán, o que segundo este sindicado incumpre "a obriga de protección e promoción" da lingua, que recolle o Estatuto ou a Lei de Normalización. De xeito semellante, A Mesa sinala a súa intención de recorrer á xustiza ou a organismos europeos de linguas minoritarias para evitar a aprovación do texto.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: PAREMOS O DECRETO CONTRA O GALEGO BASENAME: paremos-o-decreto-contra-o-galego DATE: Wed, 06 Jan 2010 21:11:52 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: O mundo en galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:.Folga xeral no ensino. 21 de xaneiro.
A plataforma Queremos Galego convocou as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na resposta social.
Alberto Núñez Feijóo sabe que este decretazo non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso o presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura. Só lle faltou facelo de noite e no medio dunha fraga perdida.
Co seu característico discurso cínico, Alberto Núñez Feijóo bautizou o disparate como ?decreto do plurilingüismo?, cando a realidade é que con esta proposta non se poden mellorar as competencias comunicativas de ningún dos tres idiomas indicados.
A propaganda sobre a aprendizaxe do inglés é unha burla tremenda, porque se vende un suposto ?trilingüismo? que, á marxe doutras consideracións, é imposíbel de aplicar en case toda Galiza. Así o recoñece a disposición transitoria primeira deste decreto, que sinala que mentres non haxa profesorado capacitado para dar aulas nesta lingua foránea, iso non se fará. Esa disposición adicional acaba anulando todo o dito no resto do articulado. Coas falacias sobre o inglés o que tentan é confundir á opinión pública e camuflar esta navallada contra o idioma de Galiza.
No caso do castelán e do galego, é obriga do Goberno garantir que os estudantes finalicen cada etapa educativa con competencias nas dúas linguas oficiais. No entanto, iso non se está a conseguir para o idioma propio, tal e como o corroboran estudos e informes realizados polo Consello Escolar de Galiza, o Instituto Nacional de Estatística, o Consello da Cultura Galega ou a Real Academia Galega.
O último censo de poboación e vivendas sinalaba que un 20% dos rapaces e rapazas entre 14 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego. A Xunta, en lugar de axudar a resolver este gravísimo problema, profúndao e crea outros novos. Como se pode entender que, ante esta situación, o que se propoña sexa xusto reducir a presenza da lingua propia no horario escolar?
O outro eixo da propaganda deste decreto é que disque ofrece a ?liberdade? dos pais para escolleren que materias se impartirán en que linguas a través de consultas. Así, a Xunta fai deixadez das súas funcións, trasladando as súas responsabilidades ás comunidades educativas, abrindo unha fonte de enormes conflitos mesmo entre familias.
Mais se non nos guiamos pola cínica grandilocuencia da Xunta e imos ao texto do decreto veremos en que consiste iso en realidade. En educación infantil, disque a maioría decidirá a lingua vehicular e non se sabe que é o que pasará coas familias que saian perdedoras desa votación. Ademais, as consultas ás nais, aos pais ou aos titores serán cada catro anos, de forma que un opina sobre a educación dos fillos dos demais e viceversa. Un auténtico disparate.
Fronte á imposición unilateral de Núñez Feijóo, as comunidades educativas reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a federación de ANPAs públicas, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento. Se non o lembra, lembrarémosllo o 21 de xaneiro.
Este decretazo ímolo tombar!
Un informe notifica que "as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde abril supón unha vulneración de tratados internacionais"
A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política lingüística emprendida polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión de que este organismo celebrou onte (26/11/09) en Barcelona.
O texto "informa" á Xunta de Galicia de que "as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supón unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español" e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.
A EBLUL afirma na súa resolución que "resulta de especial gravidade" que "non só non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas", senón "que se desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa", entre os que se cita á antiga Rede Galega de Escolas Infantís, Galescolas, "a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego".
O documento "anima" ao Goberno galego a "que desenvolva unha política lingüística de extensión social da lingua propia de Galicia", á vez que lle advirte que "de continuar a súa política de desprotección" trasladarase a situación aos diferentes foros internacionais onde a EBLUL atópase presente.
Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo, e posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións Unidas (ONU).
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Sábado 31 en Monfero: Papagrelo 2009 BASENAME: sabado-31-en-monfero-papagrelo-2009 DATE: Fri, 30 Oct 2009 08:51:42 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Música en galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Este sábado e no Papagrelo Rock de Monfero tocaran Os 3 TREBÓNS, OS ULTRÄQÄNS, BANDA POTEMKIN, OS CUCHUFELLOS. E polas tabernas da vila, a música da charanga OS VERANEANTES. Todos estes grupos utilizan a nosa lingua nas súas letras.
Non faltedes a esta cita...
Artigo extraído do blogue A bitácora do Nordés
Xosé Manuel Sarille estará dentro dunhas horas ? este xoves 29 ? na Galería Sargadelos de Ferrol. Invitado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, vén a presentar a súa novela ?Polos fillos dos fillos? (Candeia Editora). O acto celebrarase a partir das 20 horas, previamente, será entrevistado por diversos medios de comunicación da cidade ferrolá.
A novela é unha recreación da represión que os galegos sufrimos nos anos máis escuros da ditadura franquista. E esa etapa de consolidación do réxime nos anos corenta e cincuenta, onde toda esperanza desaparece coa derrota da Segunda República na Guerra Civil española. É tamén a recuperación da historia da súa propia familia, grazas ao cal o autor arma toda a trama da novela; e tamén a historia da represión en Castroverde (Lugo) desde os primeiros momentos do golpe de estado e as ansias de liberdade asasinadas dunha poboación labrega simpatizantes da esquerda, do partido socialista e demais partidos progresistas.
É esta unha historia ben construída, densa e comprometida cunha realidade crúa, pero, que ao mesmo tempo, resulta ser unha novela histórica, pero, tamén de recuperación e de reivindicación da memoria democrática do noso pobo, de recoñecemento ás vítimas do fascismo español.
A vantaxe que teñen os libros é que a cada cal permítese facer a súa propia lectura, pero podo asegurar que vexo nesta novela de Sarille esa prosa incisiva, comprometida a cada parágrafo e completa da mellor literatura de Saramago. Aínda que doutro xeito, por momentos teño a mesma sensación de cando lin o ?Ensaio sobre a cegueira? (Editorial Caminho).
Sarille non ten o apoio mediático de moitas das grandes firmas literarias do noso País. Estamos ante unha persoa libre nas súas opinións e iso non gusta ao poder, sexa cal sexa este. De feito, na etapa xustamente anterior na Radio Galega, foi apartado da tertulia nocturna porque era crítico coas formas de facer desde o BNG co ? gobernante. E todos somos coñecedores da súa militancia nacionalista e compromiso social.
O que si podo asegurar é a súa calidade literaria, a nivel de calquera dos grandes da literatura galega. Este xoves temos unha ocasión para escoitalo, e tamén, para facernos coa súa novela. Que como di nela: para cambiar o mundo, cómpre ler.
Vémonos alí, na Galería Sargadelos de Ferrol, hoxe ás 20 horas.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: O Concello promove a presenza social do galego nos mercados con En galego, con moito gusto BASENAME: o-concello-promove-a-presenza-social-do- DATE: Wed, 28 Oct 2009 14:39:43 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:O alcalde, Vicente Irisarri, presentou a iniciativa, que se desenvolverá ata finais do mes de decembro. Nace a proposta do Consello da Lingua e inclúe un concurso de receitas e a publicación dun libro Habilitaránse puntos informativos e os usuarios dos mercados recibirán agasallos cos tickets de compra
O alcalde, Vicente Irisarri, deu a coñecer En galego, con moito gusto, a campaña para promocionar a presenza social do idioma galego nos mercado municipais de Ferrol que levará a cabo o Concello nos vindeiros meses a proposta do Consello Municipal da Lingua e os seus grupos de traballo.
Esta iniciativa desenvolverase ata finais do mes de decembro e ten como obxectivo dinamizar estes puntos a través da nosa lingua. No acto da súa presentación participaron tamén o concelleiro de Normalización Lingüística, Manuel Santiago, e Mónica Pantín, vogal da Asociación de Vendedores de Recimil.
A nova campaña inundará os nosos sentidos coa presenza dos sabores en galego, co gusto e co olor dos produtos de maior calidade favorecendo a identificación do galego coa calidade, os mercados de Ferrol e os seus productos co sabor a galego. Estará ata finais de decembro nos mercados, coa súa imaxe e accións, rótulos e paneis informativos, que permitirán coñecer e achegarse á lingua galega e á riqueza do seu vocabulario que neste mundo globalizado vese ameazado, tal e como subliñou o alcalde.
Durante estes meses os usuarios dos mercados municipais recibirán agasallos útiles para a súa visita aos mercados e para potenciar o uso da nosa lingua, como bolsas, mandís, marca horarios para os coches ou documentación sobre os mercados e os seus produtos frescos. Ademais, os luns e mércores haberá un posto informativo en Recimil e os xoves e sábados na Magdalena, onde os seus usuarios poderán recoller un agasallo amosando o seu tícket de compra.
Outra das iniciativas previstas no marco desta campaña é a convocatoria dun concurso de receitas para que todas aquelas persoas que o desexen acheguen a súa experiencia e coñecementos na arte de cociñar con produtos galegos Estas deben ser das modalidades de carne, peixes, sobremesas ou ?outros? (legumes, verduras, arroces, pasta, etc). Só poderán participar persoas físicas, quedando pois excluídos, os establecementos de hostalería, bares, restaurantes e asociacións. A receita deberá presentarse redactada en lingua galega nos mercados municipais de Ferrol, no lugar habilitado polas asociacións de mercados ou ben a través do correo electrónico gnl@ferrol.es ou mesmo na web do Concello (www.ferrol.es). As receitas deben ser orixinais ou ben unha adaptación persoal doutras xa existentes e non poden ter sido publicadas anteriormente.
O prazo de presentación das mesmas comenzará o 2 de novembro e rematará o 30 dese mes. Coas que resulten seleccionadas o Concello editará unha publicación na que figurará o autor ou autora de cada unha delas. Finalmente, o xurado elixirá a receita gañadora en cada modalidade entregándose un agasallo aos autores das catro receitas premiadas.
A campaña En galego con moito gusto conta coa colaboración dos mercados e da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca e forma parte das iniciativas do Consello Municipal da Lingua no marco do Plan de Normalización Lingüística do Concello, por cuxa reactivación apostou o Goberno municipal. O sector dos mercados foi o elixido este ano, xunto co de Deportes, como prioritario para o desenvolvemento de accións encamiñadas a promocionar e avanzar no proceso de normalización da lingua galega na nosa sociedade.
O edil de Normalización Lingüística, Manuel Santiago, agradeceu xunto co alcalde, Vicente Irisarri, a colaboración e axuda prestada polos representantes das asociacións de vendedores dos mercados na posta en marcha desta actividade e animou á cidadanía a participar nela e a facer uso do noso idioma e dos nosos mercados. Neste senso lembrou que os dous son valores nosos que forman parte da nosa cidade e cómpre que se vexan vivos en Ferrol. Así mesmo, lembrou que a lingua galega tivo tradicionalmente un espazo propio nos mercados de abastos polo que é necesario facela visible na actualidade, pois está presente en cada posto, en cada conversa sobre o que comemos ou cociñamos, entre outras.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Para o Servizo Galego de Saúde, o castelán prevalece sobre o galego e para a Xunta... BASENAME: para-servizo-galego-de-saude-o-castelan- DATE: Mon, 26 Oct 2009 07:09:24 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: O mundo en galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Os traballadores da sanidade están inmersos nestes días no concurso-oposición para conquerir un posto de traballo dentro do organismo. Un ano máis, o castelán prevalece sobre o galego nas contestacións en caso de "erro tipográfico ou de transcrición", e como non, "do cuestionario bilingüe". Ademáis, para aqueles textos que non saiban traducir a galego, poden deixalos "de xeito unívoco entre comiñas", e dicir, poden deixalos en castelán.
Non só, desde o comezo da oposición modificaron a convocatoria e a lei da función pública para o "exterminio" do galego, se non, que ao final, se queres aprobar, "tes que facer o exame en castelán" ou isto é o que pretenden...por unha soa décima de puntuación podes quedar sen praza.
E para a Xunta, utilizan tradutor. Reproduimos aquí o seguinte artigo extraído de Vieiros.
Tradutor automático, desidia ou pouco galego na escola?
A versión en galego do primeiro exercicio no concurso ao Corpo Superior, Grupo A1, a fin de semana pasada, estaba inzado de grallas. Tamén revelan "irregularidades".
"Mesmo a xente que o fixo en castelán mostraba a súa cara de sorpresa e de bochorno por tantos fallos". Xosé Antonio, lector de Vieiros, púxose en contacto coa redacción para denunciar a situación vivida durante o primeiro exercicio na oposición ao Corpo Superior da Xunta, Grupo A1, a fin de semana pasada, cando houbo que adiar o inicio da proba debido á cantidade de erros que contiña "só" na súa versión en galego.
Outro lector do xornal advertía xa nun comentario: "Se queredes galego, ide opositar á Xunta. Esta mañá celebrouse o primeiro exercicio do grupo superior da Administración e aquelo era de vergoña, o 10% das preguntas estaba mal redactado, pero mal redactado do xeito de 'sentenza asine' no canto de 'sentenza firme', 'ría de facenda' por 'consellería de facenda', 'órganos de ado' por 'órganos do estado', e así ata o infinito e máis alá".
Isto aconteceu o sábado, na convocatoria para consolidación, e houbo quen se levantou do seu asento para expresar o vergoñento do asunto. Os propios auxiliares do tribunal que asisten e vixían os aspirantes "non sabían onde meterse", asegura o primeiro dos denunciantes. O domingo, quenda da convocatoria libre para o mesmo Grupo A1 e que coincidiu coa manifestación a prol do galego en Compostela, os erros volvíanse repetir. A indignación era máxima.
"E que talmente parece que o fixeran adrede para que desistamos e fagamos os exames en castelán", resume o lector que fixo o comentario en Vieiros. "Tantos fallos e todos no de galego o que mostran é un menosprezo á lingua galega", considera Xosé Antonio que descoñece se se presentou unha queixa formal.
O que si constatou é que esta semana había panfletos do CSI-CSIF no edificio da Xunta que facían referencia ao asunto. Xosé Sánchez-Brunete, responsábel deste sindicato en temas de Administración autonómica confirma os erros e cualifica todo o proceso selectivo de "surrealista".
Cun cero no exame, á segunda proba
Entre as irregularidades que detectaron, destacan que "houbo tres preguntas repetidas" o domingo con respecto ao sábado; "non se realizou o sorteo" entre dúas opcións de tests como é habitual, "só se fixo unha"; o exame do Grupo A1 foi "moito máis difícil ca o do C1"; e, sobre todo, hai persoas que pasan ao segundo exercicio con 10 puntos aínda que fallaron as 123 preguntas.
Segundo explica Sánchez-Brunete, no caso do Grupo A1 inscribíronse 681 candidatos e estabeleceuse o corte en 450. É dicir, as 450 mellores notas pasarían á segunda proba. Porén, como só se presentaron 410, o que acontece é que "todos acceden ao segundo exercicio, mesmo os que sacaron un cero, que pasan con 10 puntos".
Para se facer unha idea do que isto supón, cómpre saber que aqueles que contestaron ben todas as cuestións do test pasan ao seguinte exercicio, práctico, "onde a sorte tamén xoga un papel fundamental", con 20 puntos. "A inxustiza é evidente", afirma o responsábel do CSIF. Neste senso, solicitan que nos próximos procesos selectivos se implante un "sistema corrector progresivo" que equilibre esta descompensación. Ademais, salienta que no caso do grupo C1, o corte era de 400 e houbo arredor de 3.500 inscritos.
En xeral, Sánchez-Brunete considera que esta situación "caótica" que "é o primeiro ano que ocorre", solucionaríase permitindo que "os sindicatos volvan formar parte dos tribunais de oposición" á Xunta.
Algúns (non todos) dos erros de lingua na proba do sábado:
Pregunta 17
a) Só en caso de dolo, culpa ou neglixencia grave declarada en sentenza xudicial asine.
Pregunta 25
a) Aquells fundacións constituídas na súa totalidade por achegas da Administración ...
Pregunta 26
b) Será único para toda a Comunidade Autónoma de Galicia, e estará adscrito a ría que así se determine regulamentariamente.
Pregunta 49
c) Formularánse por escrito no que se relatará o feito que motiva a queixa.
Pregunta 53
b) Anteproyectos de lei ou proxectos de disposicións administrativas ...
Pregunta 54
a) Os asuntos en que tivese ditaminado o Consello de Estado non poderán remitirse a informe de ningún outro corpo ou órgano de ado.
Pregunta 57
De acordo co artigo 13 de a Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio ...
Pregunta 61
De acordo co artigo 43 de a Lei 30/1992, do 26 de novembro ...
Pregunta 63
c) A publicación dun acto deberá conter os mesmos elementos que o punto 2 do artigo 58 da de a Ley 30/1992, do 26 de novembro, ...
Pregunta 67
De acordo co artigo 6 de a Ley 6/1997, do 14 de abril ...
Pregunta 68
De acordo co artigo 9 de a Lei 6/1997, do 14 de abril ...
Pregunta 69
Segundo o artigo 33 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, corresponde, en todo caso, ao pleno da Diputación ...
Pregunta 76
d) Os municipios con menos de 100 habitantes que tradicionalmente conten con este singular réxime de goberno e administración, sempre que se constitúan coa aprobación de la Comunidad Autónoma.
Pregunta 78
a) Alcalde e catro concelleiros, os cales, co secretario de ión e o perito ...
b) Alcalde e tres concelleiros, os cales, co secretario, o interventor de ión e o perito ...
c) Alcalde e dous concelleiros, os cales, co secretario de ión e o perito ...
Algúns (non todos) dos erros na proba do domingo:
Pregunta 7
Segundo o art.º 20 do Regulamento do Parlamento de Galicia, ¿en qué casos queda suspendida a condición de deputado? c) e d) Cando unha sentenza firme condenatoria así impóñao ...
Pregunta 17
De acordo co artigo 21 de a Ley 3/1980, do 22 de abril, ...
Pregunta 21
Segundo a Lei 29/ 1998, da xurisdicción contencioso administrativa ...
Pregunta 27
Cal das seguintes procedimientos non se inclúen no ámbito ...
Pregunta 45
a), c) e d) Os ditames do Conselo Consultivo serán de carácter ...
Pregunta 46
d) Ninguna das anteriores.
Pregunta 49
Segundo o Art.º 13 de a Ley 8/1985, de eleccións ao Parlamento ...
Pregunta 51
a) Polo Conselo de contas de Galicia ...
b) Polo Conselllo de contas de Galicia ...
Pregunta 74
c) Poderase acordar a achega de bens inmobles patrimoniais calquiera que fora o seu valor ...
Pregunta 79
Segundo el artículo 17 de la Lei 33/2003, ...
Pregunta 114
a) O presidente da Xunta será elixido polo Parlamento Gallego ...
Ven de ser editado o primeiro volume da colección Colega, que consta dunha serie de 5 volumes no que os nenos aprenderán a ler e escribir correctamente adecuando a aprendizaxe ao seu ritmo. Estes novos cadernos contan cun vocabulario adaptado a última normativa do galego, cubrindo un baleiro existente reclamado polos profesionais da educación.
Neste primeiro volume trabállanse as letras m, p, s, l, t, d, f e n. Nel, ademáis das actividades habituais neste tipo de cadernos, inclúense exercicios de grecas, conceptos básicos, discriminación auditiva e visual, comprensión, series e xogos. Este método permitiralle ao rapaz adquirir as habilidades precisas para o seu desenrolo na lectoescritura dun xeito máis ameno.
Cada libro conta cun completo anexo que inclúe:
* Ditados para realizar con cada letra debidamente secuenciados e progresivos.
* Un extenso glosario no que se recollen os debuxos e vocabularios empregados en cada tema, que se pode consultar sempre que sexa preciso.
* Material manipulable preciso para completar as actividades.
Esta colección pertence a editorial Glia
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Comedia bífida no Jofre BASENAME: comedia-bifida-no-jofre DATE: Thu, 22 Oct 2009 22:05:30 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A obra forma parte da campaña Bocaberta, promovida pola Xunta en colaboración co Concello de Ferrol
Despois da celebración de ?Contos para falar? na Capela do Torrente Ballester, o programa de dinamización lingüística Bocaberta que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello de Ferrol achega unha nova actividade para os estudantes máis novos da cidade. Será hoxe, no Teatro Jofre e coa participación da Editorial Galaxia, cando a compañía Bicodobrelo Teatro represente "Comedia bífida", de Manuel Núñez Singala. Haberá dúas sesións, ás 10 e ás 12 horas.
Se trata dunha actividade para adolescentes que, entre risa e risa, promove a reflexión sobre a situación sociolingüística que vivimos. O autor constrúe nesta peza un xuízo á lingua ou ao emprego que dela facemos, encontrándonos con algunhas das situacións que vivimos a cotío no noso país.
Os asistentes recibirán un exemplar do libro para a reflexión sociolingüística "En galego, por que non?", do mesmo autor. Nesta liña, cabe lembrar que esta actividade se enmarca nunha campaña máis ampla solicitada no seu momento polo Concello á Xunta de Galicia e a través da cal se pretende fomentar o uso do idioma galego dende as idades máis temperás.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Éxito de participación na manifestación do pasado domingo BASENAME: exito-de-participacion-na-manifestacion- DATE: Tue, 20 Oct 2009 16:34:07 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:
Se eles queren e ti podes...xa o sabes...fala galego!
A manifestación deste pasado domingo pasa por ser unha das máis importantes da historia do noso país. Sen ter que entrar no xogo das cifras, podemos dicir que milleiros de galegas e galegos ateigaron as rúas de Compostela para amosar o seu apoio a lingua que nos une a todas e todos.
Esta data non é un punto final, se non, todo o contrario, ten que servirnos para comezar entre toda e todos un longo camiño de loita e traballo por unha lingua que nos une e que volve a ser obxecto de ataque constante polos poderes públicos. Non só pode quedar nunha data simbólica, ten que ser xusto o contrario, temos que facer que o simbólico sexa escoitar a alguén falar noutra lingua na nosa terra.
Desde Ferrol Fala Galego animamos a todas as rapazas e rapaces de Ferrol e comarca a que dean o salto ao galego, o salto a lingua dos nosos avós e os nosos pais, a que ten que ser a nosa lingua e a dos nosos fillos.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Mais autobuses para a manifestación do domingo BASENAME: mais-autobuses-para-a-manifestacion-do-d DATE: Wed, 14 Oct 2009 12:51:29 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Lembramos que este domingo a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua en Santiago de Compostela. A manifestación partirá da Alameda ás 12 horas.
Na propia web da plataforma indican que desde a nosa comarca sairán os seguintes buses:
Ferrol: Saída ás 10 horas da Praza de Galiza (Teatro Xofre). Regresará de Compostela ás 15 horas. Reserva no telefone 689392861 (Ana)
Narón: Saída ás 10 da mañá da Praza de Galiza (volta ao remate da manifestación) Reserva no telefone 607 082 232 (Eva)
Fene: Saída ás 10 da mañá da Praza do Concello (volta ás 17 horas) Reserva no telefone 696 663 772
Mugardos: Saída ás 10 da mañá xunto á Casa do Concello (volta ao remate da manifestación) Reserva no 647 585 384 (Xavi)
San Sadurniño: Saída ás 9.45 da mañá da Praza do Concello (volta ao remate da manifestación) Reserva no telefone 670 854 329 (Suso)
As Pontes: Saída ás 10 da mañá diante do Concello. Volta ás 17.00 Reserva no 680 14 80 28
Gratuíto.
Cedeira: Saída ás 9.15 da rotonda da Praza de Galiza (frente á cafetaría Praza). Haberá tamén parada en Valdoviñoe diante do local de FORGA en Río do Pozo. Reserva no 699 821 073 (Fernando)
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Autobuses para a manifestación do 18 de outubro BASENAME: autobuses-para-a-manifestacion-do-18-de- DATE: Mon, 12 Oct 2009 00:13:05 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Lembramos que este domingo a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua en Santiago de Compostela.
A manifestación partirá da Alameda ás 12 horas.
Na propia web da plataforma indican que desde a nosa comarca sairán os seguintes buses:
Ferrol: Saída ás 10 horas e regreso de Compostela ás 15 horas.
O prezo da viaxe é 5 ?(ida e volta). Reserva no telefone 689392861(Ana).
Cedeira: Saída ás 9.15 da rotonda da Praza de Galiza (frente á cafetaría Praza). Haberá tamén parada en Valdoviño. 699821073(Fernando).
QueremosGalego.org
Procurando noticias sobre os orzamentos participativos na nosa cidade, atopámonos con esta "interesante" noticia publicada nunha web que se definen "Weblog para la promoción de la democracia electrónica, en especial, la ayuda a la toma de decisiones por grupos a través de la web".
O artigo en concreto é este.
Dá gusto ver como se preocupan en Madrid polos nosos orzamentos e a nosa lingua. Como "democráticamente" nos chaman "ignorantes"...
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: O léxico galego entra con 800 termos nos novos vocabularios da lingua portuguesa BASENAME: o-lexico-galego-entra-con-800-termos-nos DATE: Fri, 09 Oct 2009 14:13:32 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Artigo extraído de La Voz de Galicia
Uns 800 termos, que se consideran específicos do galego, aparecen no Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa , publicado por Porto Editora e adaptado ao novo Acordo Ortográfico, que se porá á venda en Portugal o día 14. A relación foi elaborada por unha Comisión da Academia Galega da Língua Portuguesa, presidida por Martinho Montero Santalha, profesor da Universidade de Vigo. A obra foi presentada esta semana en Compostela polo seu director, o académico portugués João Malaca Casteleiro.
No mesmo acto foi anunciado, por parte do lingüista Evanildo Bechara, da Academia Brasileira de Letras, que o vocabulario ortográfico que ten previsto publicar esta institución nos inicios do 2010 tamén incluirá ese léxico galego; e o mesmo fará o que ten programado a Academia das Ciências de Lisboa, segundo avanzou o membro da mesma Artur Anselmo, que estivo tamén en Santiago.
Montero Santalha insiste en que o léxico galego xa se encontra entre as 180.000 entradas lexicais do vocabulario que se lanza ao mercado na próxima semana, ou entre os 350.000 publicados na versión anterior do Brasil. Os 800 termos son considerados especificamente galeguismos, ou palabras que deixaron de ter un uso habitual na chamada lusofonía, como neno, brétema, lóstrego, con ou aginha . A Academia, indica, traballa agora nas definicións, para se incluír nos futuros dicionarios.
É o acordo a que chegárom os colectivos integrantes da plataforma na reuniom do passado sábado
Como noticiámos no Portal Galego da Língua, o passado sábado, dia 3 de outubro, tivo lugar em Compostela umha reuniom da plataforma Galego Sempre Mais. O principal acordo a que se chegou foi a de aderir-se à manifestaçom pola língua do vindouro dia 18.
Como aconteceu na manifestaçom do Dia das Letras, o 'bloco laranja' reintegracionista participará na mobilizaçom com presença e faixa próprias, neste caso sob a palavra de ordem «Contra o bilingüismo, hegemonia social do galego». Ainda, aprovou-se redigir um manifesto que se distribuirá na marcha e do qual informaremos proximamente no PGL.
Por último, na seqüência da reuniom também se decidiu dar continuidade a Galego Sempre Mais, e com este propósito e para dinamizar o funcionamento da plataforma haverá futuras reunions.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Queremos Galego convoca unha ruada en Ferrol BASENAME: queremos-galego-convoca-unha-ruada-en-fe DATE: Tue, 06 Oct 2009 09:36:10 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Segundo informan na web de Queremos Galego este 8 de outubro ás 19 horas e na praza de Armas realizarán unha Ruada a prol do galego.
Lembramos desde aquí, que a Plataforma Queremos Galego ten convocada para o vindeiro día 18 de outubro en Santiago unha manifestación nacional a prol da lingua.
Onte, sábado día 3 de outubro ás 11,30 da mañá produciuse no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a Asemblea de presentación pública de ProLingua, plataforma plural e apartidaria que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real.
Como toda plataforma que se crea na actualidade ten unha páxina web: prolinguagalega.org e nun dos seus apartados aparece o manifesto fundacional que pode ser asinado por calquer leitor.
No propio manifesto dín que ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación.
En función disto, declaramos como obxectivos irrenunciables de ProLingua a totalidade dos contidos da actual Lei de Normalización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, que contaron, en ambos casos, coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia.
Estamos nun Estado de dereito e como cidadás e cidadáns esiximos que se cumpra de xeito pleno a lexislación existente en materia lingüística.
Asemade esiximos que non se leve a cabo ningunha medida lexislativa que supoña perda de dereitos por parte das galegas e dos galegos a usaren e coñeceren a lingua galega e a facer dela o seu sinal de identidade galega.
Na web tamén podes atopar un apartado coa lexislación vixente sobre o galego así como outros documentos tamén relacionados coa nosa lingua.
Máis info en Prolingua
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: O galego, no posto 22 dos máis usados na plataforma Twitter BASENAME: o-galego-no-posto-22-dos-mais-usados-na- DATE: Fri, 02 Oct 2009 21:38:40 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: O mundo en galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Amosamos hoxe o cadro feito pola web webecologyproject.org: no cal se pode observar o grao de aceso por linguas á plataforma Twitter.
Neste cadro o galego queda situado no posto 22º entre todas as linguas existentes no planeta.
Falamos hoxe dun manifesto sobre a utilidade do galego no extranxeiro. Datado este manifesto fai uns cantos meses xa, dispón de vivenzas a modo de comentarios dos galegos e das galegas que residen no exterior do país e que ven útil ou que lles foi útil a nosa lingua.
Reproducimos aquí o manifesto completo:
Isto que estás a ler é un manifesto espontáneo, vivo, interactivo, libre de ideoloxía e afiliación política, co que os abaixo asinantes pretendemos, desde a nosa humilde experiencia no estranxeiro, desmentir o mito de que ?o galego non vale para nada? ou ?só serve dentro de Galicia?.
A nós, o galego foinos útil e segue séndonos útil nas nosas vidas e aventuras polo mundo adiante:
* O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras línguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticáis.
* A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
* No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.
Por estas tres razóns prácticas, concluímos, sen ningún tipo de dúbida, que o galego tamén é útil fóra de Galicia. Que non che quenten a cabeza dicindo que non.
Londres, 1 de abril de 2009
Se queres asinar o manifesto podes enviarlles un email a galegosmorrinhentos[arroba]googlemail[punto]com indicando o teu nome e se podes engade tamén a túa testemuña, ou ben aceder a través da súa web: O galego é útil
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Unha agresión máis ao galego... BASENAME: unha-agresion-mais-ao-galego DATE: Tue, 29 Sep 2009 05:13:34 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A Consellaría adía a convocatoria de axudas á normalización lingüística entorpecendo a planificación destas actividades
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de remitir aos centros docentes un escrito conforme retrasa até o ano vindeiro a convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego (até agora se viña facendo no mes de setembro), o que vai supor na práctica inviabilizar a posibilidade de executar diferentes proxectos de normalización durante este curso. Para a CIG-Ensino este atraso inadmisíbel por parte da Consellaría, confirmado agora por escrito aos centros, non ten ningún tipo de xustificación e vén ser unha agresión máis na acción de goberno da Consellaría de Educación contra o noso idioma, concretado agora na imposibilidade de realizar actividades de normalización neste trimestre, debido á ausencia da convocatoria.
A CIG-Ensino reclama da Consellaría de Educación que faga a convocatoria de axudas para a Realización de proxectos de fomento do uso do galego para os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con carácter de urxencia, cómpre que esta convocatoria chegue canto antes aos centros de maneira que poidan ir programando e realizando actividades de normalización e que este trimestre non resulte perdido para o fomento da lingua.
A demora na convocatoria das axudas até inicios do ano que vén, súmase a un cúmulo de decisións que se traducen nunha actitude de falta de apoio ao noso idioma: negativa a recoller na orde de licenzas por estudos que o profesorado candidato teña que demostrar a capacitación no noso idioma e presentar o seu proxecto en galego, eliminación da dotación orzamentaria para os programas de inmersión en galego en Educación Infantil xa aprobados e en funcionamento, eliminación da esixencia da realización dunha proba en galego no acceso á función pública, realización da enquisa-trampa para xustificar a derrogación do Decreto, desmantelamento do modelo educativo das Galescolas, emprego de diñeiro público para pagar publicidade en español ou redución do número de premios á innovación en normalización lingüística e infravaloración do grao de galeguización do centro ou o compromiso co idioma na concesión destes proxectos.
Así pois, a Consellaría segue a súa estratexia de non apoiar o noso idioma, antes ben, unha estratexia de reducir a súa presenza e vitalidade, procurando que a mocidade galega teña cada vez menos contacto co idioma.
A CIG=Ensino esixirá a través dos medios e órganos preceptivos a convocatoria urxente das axudas e tamén o mantemento e incremento das contías destinadas a estas axudas, que sexan debidamente publicitadas e que se facilite a xustificación das mesmas por parte dos centros.
Deixámosvos aquí dúas ligazóns moi interesantes. A primeira é a da páxina do Seminario Linguística Informática da Universidade de Vigo onde podedes atopar unha morea de ferramentas sobre o galego na rede, entre outros, o tradutor automático español <-> galego OpenTrad-apertium, o corrector ortográfico en liña de galego OrtoGal, o Dicionario CLUVI inglés-galego, o Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI) orientado cara á tradución do galego, o Corpus Técnico do Galego (CTG) de orientación terminolóxica especializada, a Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo, a Neoteca - Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo, o dicionario de toponimia galega Aquén, e o etiquetador FreeLing para a análise lingüística automática do galego.
De todas estas ferramentas destacamos o tradutor a galego normativo, no cal podes traducir textos, arquivos ou navegar pola rede en galego.
A segunda é o Dicionário Electrónico Estraviz en normativa AGAL. Ademáis permite pesquisas en ILG-RAG. Contén a día de hoxe mais de 120.000 entradas.
Estas só son dúas, pero son moitas as ferramentas que dispoñemos de galego na rede. Pouco a pouco iremolas deixando no blog.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Preséntase en Ferrol a plataforma cidadá Queremos Galego! BASENAME: presentase-en-ferrol-a-plataforma-cidada DATE: Sat, 26 Sep 2009 11:26:14 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:A plataforma Queremos Galego! celebrou onte a súa presentación pública na comarca de Ferrolterra. Os portavoces desta entidade fixeron un chamamento á cidadanía para que secunde a manifestación en defensa da lingua que terá lugar o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela.
Xaquín Campo, un dos representantes da plataforma, fixo fincapé en que ?esta entidade está integrada por moitos colectivos que se mobilizan a prol da defensa do idioma? e que se trata ?dun espazo plural e aberto?. Para Xabier Ferro, outro dos representantes da entidade, ?o obxectivo fundamental de Queremos Galego! é transmitir un discurso positivo en torno á nosa lingua?.
Diante da polémica xerada en torno á posible derrogación do decreto do galego, Xaquín Campo declarou que ?o mero feito de ter cuestionado a lingua galega xa supón un retroceso de centos de anos?
Cara finais de ano, unha vez pasada a manifestación de outubro, ?está prevista a promoción dunha Iniciativa Lexislativa Popular? tal e como declarou Delfina Bañobre, portavoz de Queremos Galego! en Ferrolterra.
A plataforma conta con múltiples apoios tanto a nivel autonómico como comarcal. No ámbito galego destaca a adhesión de entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística, o Foro de Curas Galegos, Esquerda Unida, o BNG, Adega ou a Coordenadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. En Ferrolterra tamén se aheriron sociedades como o Club Narón Balompé, a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, o Ateneo Ferrolán ou a Asociación Cultural Fuco Buxán.
Artigo extraído de Diario de Ferrol
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Escola Popular Galega e os seus cursos de língua BASENAME: escola-popular-galega-e-os-seus-cursos-d DATE: Fri, 25 Sep 2009 17:28:12 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Que é a Escola Popular Galega?
A Escola Popular Galega quer ser um instrumento à disposiçom da comunidade nacional galega para exercermos a soberania educativa a partir de um ensino solidário e crítico, orientado à transmissom de saberes e valores vinculados à experiência comunitária galega. Um projecto educativo alternativo, que tem por objecto dotar a comunidade galega dos instrumentos para a difusom e o intercâmbio do conhecimento censurado e excluído do ensino formal.
A Escola Popular Galega é um projecto de auto-educaçom comunitária, aberto portanto à participaçom e propostas de todas e todos nós.
Nós somos ao mesmo tempo o sujeito e o objecto da escola popular, o nosso envolvimento é a condiçom necessária para assentar as bases dumha educaçom galega, de vocaçom prática e ligada à realidade do país.
Agora estám a trabalhar na realizaçom de varios cursos. Um de eles é:
LINGUA E SOCIEDADE NA GALIZA
Objetivos: Formaçom geral, básica e introdutória no conhecimento da situaçom da língua galega na atualidade desde um posto de vista sociolingüístico e chaves analíticas para a sua compressom.
Praças limitadas a 25 pessoas.
Perfil ideal da pessoa assistente: pessoa com inquedança sobre a situaçom social da língua más sem formaçom específica neste âmbito.
Lugar: CS A Fouce. Bertamiráns (Ames)
Sexta-feira 6 de Novembro
1.20:00h. Conceptos básicos sobre língua e sociedade
Mauricio Castro Lopes
21:30h. Evoluiçom das competências lingüísticas d@s galeg@s : Análise inter-geracional
Eduardo Sanches Maragoto
- Ceia no CS A Fouce
Sábado 7 de Novembro
11h. Explicaçom geral, básica e introdutória ao processo de substituiçom lingüística e evoluiçom dos usos lingüísticos do galego
Bernardo Máiz Bar.
- 12h. Pausa café
12:30h. Língua inicial e competéncias lingüísticas autopercibídas d@s galeg@s
Isabel Suárez Fernández
- 14h. Comida no CS A Fouce
17h. Actitudes lingüísticas d@s galeg@
Isabel Suárez Fernández
Cursos da Escola Popular Galega: ligaçom á totalidade dos cursos
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Fervesteiro 2009: Por unha cultura libre! BASENAME: fervesteiro-2009-por-unha-cultura-libre DATE: Thu, 24 Sep 2009 06:05:01 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: Música en galego CATEGORY: Humor en galego TAGS: ----- BODY:Estes días atopámonos inmersos na VII edicion do Festival ?Fervesteiro? 2009. Este ano referenciase o festival "Por unha cultura libre"
Hoxe xoves 24 e ás 20:00h Inaguracion da Exposicion fotografica baixo lizenza Creative Commons, do fotografo ferrolan Manolo Rei no local do colectivo
Venres 25:
As 19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.
As 22:30 Concertos:
Ataque escampe.
Rock de Serie B desde Compostela
www.myspace.com/ataquescampe
Bulldozers.
Rock Acerlerado desde A coruña
www.myspace.com/bulldozersrockandroll
+ A Vaga Banda
Rock, reggae punk, ska desde Vigo
Sabado 26:
As19:00h apertura da Feira de colectivos, coa participacion de distintos grupos politicos e sociais da comarca. No espazo do Festival na Avda Mac Mahon, ao caron da porta da Bazan.
As 19:00h roteiro polo Esteiro historico coa participacion do historiador do movemento obreiro galego Eliseo Fernadez. Saida desde o espazo do festival.
As 22:30h Concertos
Mongollica.
Thrash-metal comedia Ferrolan
Skarallados.
Ska-reggae-Punk desde A coruña
Motor perkins.
Punk-rock Celta desde Donramiro-Ourense
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: COM NOME PRÓPRIO BASENAME: com-nome-propio DATE: Tue, 22 Sep 2009 19:23:51 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Com nome próprio CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Hoje estreamos umha nova secçom do nosso blogue: COM NOME PRÓPRIO. Com periodicidade amosaremos aquí artigos assinados por distintos pessoeiros tratando o tema do galego na nossa cidade e na nossa comarca. Um ponto de vista com nome próprio.
Começa Alexandre Cortiças com o seguinte artigo:
A SITUAÇOM DO GALEGO NA ADMINISTRAÇOM DE JUSTIÇA DA COMARCA DE TRASANCOS
O partido judicial de Ferrol, de ampla extensom (12 municipios: Ares, Mugardos, Neda, Narom, Fene, Sam Sadurninho, As Somoças, Valdovinho, A Capela, As Pontes, Cabanas e Ferrol) é um nos que menos se usa o galego coma língua veicular na administraçom de justiça, se calhar por ter a sua sede na cidade de Ferrol, de tradiçom militar e base social maioritariamente castelhano-falante.
Assim, ao longo de quatro anos o que subscreve pode assegurar, por ter trabalhado nessa sede coma procurador e estar na actualidade exercendo coma letrado com despacho aberto no partido judicial, que o uso de galego é meramente anecdótico, circunscrito a uns quantos funcionários e funcionárias, de facto ao longo destes já quase cinco anos soamente tivem a satisfaçom de ver umhas poucas sentenças ?sempre ditadas polo mesmo juíz, como mais adiante indicarei- e quatro ou cinco diligências de ordenaçom na nossa língua, se bem a desídia dos funcionários/as é tam só umha parte do problema, já que a maioria dos profissionais que trabalham nos julgados ?advogados, procuradores, forenses, psicólogos, etc?- tampouco usam o galego no seu trabalho diário.
A pesares do anterior, está a se apreciar um certo uso do galego nas dependências judiciárias. O anterior titular do julgado de 1ª instáncia nº 2, o apreciado Sr. Balbino ditaba as sentenças recaídas en asuntos onde as partes eram galego-falantes na língua da nossa Terra e mesmo celebrava vistas em galego quando umha parte era galegofalante e a outra nom mostrava oposiçom ao respeito. Se bem era umha excepçom, é um primeiro passo cara a normalizaçom da língua num eido tam relevante coma o mundo da justiça. Polo que fai aos demais juízes e funcionários/as, percebem e permitem o uso do galego, mas poucos som os que o falam; e de destacar é a importáncia que tiverom os cursos de galego jurídico para profissionais que promoveu o bipartito, cousa que como é de supor desaparecerá nesta legislatura, junto com decretos e galescolas.
Como conclusom poderiamos dizer que se ?tolera? o uso de galego mas nom se leva a cabo um uso recíproco, e as perspectivas com este novo governo da Junta nom som precisamente boas, já que coma primeiro passo já nom se exige o conhecimento da língua para acceder a um posto de funcionário/a na administraçom autonómica da justiça.
A Fundaçom Artábria convoca para a próxima sexta-feira, 25 de Setembro, umha mobilizaçom que percorrera as ruas do centro de Ferrol. A saída será às 20h na Praça do Hino Galego.
Na Fundaçom Artábria vimos fazendo nos últimos tempos umha reflexom, que sem dúvida também vós teredes feito, sobre a gravidade da situaçom a que os poderes públicos estám a levar o nosso idioma.
A chegada do PP ao governo da Junta da Galiza é, sem dúvida, o sinal mais visível e contundente de um processo caracterizado pola falta de implicaçom por parte da maior parte das instituiçons públicas no necessário apoio ao uso do nosso idioma, o galego. É imprescindível afrontar a dramática situaçom que nas últimas décadas vem atravessando, com umha perda de falantes continuada no país que criou e falou o galego durante o último milénio.
Claro que, sendo certo que o Partido Popular é hoje o principal inimigo da nossa língua nas instituiçons públicas, nom é menos certo que o conjunto das instituiçons públicas carecem do necessário interesse para mudar as negativas tendências actuais. No caso de Ferrol, o próprio governo municipal tem enormes carências em matéria de umha tam necessária normalizaçom lingüística.
O alcalde, Vicente Irisarri, primeiro representante institucional do concelho, tem feito do espanhol o veículo expressivo associado ao seu cargo. Independentemente de que idioma falem na sua vida privada, os cargos públicos tenhem que assumir publicamente o uso do galego, tendo em conta que a história de séculos de menosprezo e a actualidade dos poderes económicos e mediáticos deixam a nossa língua numha situaçom de precariedade permanente. Também as actividades formativas, turísticas, laborais, desportivas, etc, que organiza a instituiçom municipal ferrolana estám dominadas polo uso, mui maioritário, do idioma dominante.
Ferrol, como todas as cidades galegas, está a perder falantes de galego de maneira alarmante e isso nom acontece de maneira espontánea nem devido a umha inexistente "livre escolha" dos galegos e das galegas. O processo desgaleguizador responde a um complexo e efectivo esquema de poder que condena a nossa língua à marginalidade, mesmo vestida de falsa protecçom paternalista, e fai do espanhol o único idioma realmente útil e efectivo para a promoçom social e laboral.
É muito o que tanto a Junta da Galiza como o Concelho de Ferrol podem fazer para favorecer a recuperaçom do galego, sobretodo contribuindo para que recupere o prestígio que lhe corresponde como língua da Galiza. Porém, a experiência demonstra que só os povos organizados e reivindicativos conseguem transformar as políticas contrárias aos interesses da maioria.
Nessa direcçom se enquadram as importantes mobilizaçons em defesa do galego que se tenhem produzido nos últimos tempos, nomeadamente a nível nacional. Em funçom de assumirmos o papel que como povo nos corresponde, também em Ferrol, a Fundaçom Artábria considerou que a melhor maneira de comemorarmos os 11 anos de existência do nosso projecto, nascido precisamente para colaborar na recuperaçom do galego na nossa comarca, era convocando umha marcha lúdica e reivindicativa por um Ferrol em galego.
A marcha partirá da praça do Hino Galego e irá até a sede do Concelho de Ferrol, passando também pola sede do PP na nossa cidade, para que tanto o actual governo municipal como os grupos da oposiçom e o partido que governa a Junta da Galiza saibam que a vizinhança de Ferrol nom está disposta a ver como o galego esmorece sem que as instituiçons públicas tomem medidas para evitá-lo.
Artigo extraído de artabria.net
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Asemblea aberta de Ferrol fala Galego BASENAME: asemblea-aberta-de-ferrol-fala-galego DATE: Fri, 18 Sep 2009 17:30:14 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:O vindeiro luns ás 20:30 horas realizaremos unha nova asemblea aberta do noso colectivo para tratar as accións a desenvolver nas vindeiras datas.
Agardamos a vosa presenza!
Mais información en ferrolfalagalego@gmail.com
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Roger de Flor: Os dous amigos(2008) BASENAME: roger-de-flor-os-dous-amigos-2008 DATE: Fri, 18 Sep 2009 09:17:37 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Chega a fin de semana e que mellor que relaxarse con boa música. O músico e cantante Roger de Flor(http://www.myspace.com/rogerdeflor) nos relata as peripecias de dous entrañables personaxes absolutamente reais: o artesán e poeta Luís Maquieira e o trobador aresán coñecido como o Marqués das Viñas. Coa presencia estelar de María e Carolina ?Faltriqueira?.
O vídeo clip foi realizado polo cineasta Carlos Alberto Alonso ( http://www.asmuxicas.com ) có apoio de Ruben Coca Produccións, e os exteriores pertencen a Pontedeume, Fene, Neda e Meirás (A Coruña, Galicia). A gravación/ postproducción desenrolouse durante o verán do 2008.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Convocada para hoxe unha xuntanza no Ateneo Ferrolán, para a constitución, a nivel comarcal, da Plataforma "Queremos Galego" BASENAME: convocada-para-hoxe-unha-xuntanza-no-ate DATE: Thu, 17 Sep 2009 13:09:53 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Hoxe, xoves 17 de Setembro no local do Ateneo Ferrolán ás 8 da Tarde coa intención de conformar, a nivel da comarca de Ferrol, a plataforma social en defensa da lingua: "Queremos Galego".
O que segue é o manifesto de constitución a nivel nacional:
Queremos Galego
Ampla plataforma social en defensa da nosa lingua
14.07.2009
Por que?
Atopámonos nunha verdadeira situación de emerxencia no que á situación do galego se refire: o goberno do Partido Popular, co importante apoio de grandes poderes fácticos, está embarcado nunha auténtica guerra contra o noso principal elemento de cohesión como pobo; xa non só no discurso, mais tamén a través de iniciativas concretas: supresión do artigo 35 da Lei da Función Pública, consulta fraudulenta sobre o uso do galego no ensino ás familias, anuncio de derrogación do decreto 124/07?
O pasado 17 de maio máis de 50.000 persoas percorreron as rúas de Santiago de Compostela, na máis multitudinaria das manifestacións en favor do noso idioma propio que se recorde, pedíndolle a Alberto Núñez Feijóo que el e o seu goberno se apropien de vez do galego; que, mentres o Presidente da Xunta divide e dificulta a convivencia, o galego une e cohesiona a toda a sociedade.
A convocatoria de dita manifestación foi organizativamente asumida pola Mesa, como vén acontecendo desde hai xa anos, porén esta asociación é moi conscientes de que non estivo soa nas rúas baixo a chuvia: os máis de 680 apoios colectivos expresados, a través do Manifesto a prol da convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego, así o evidencian, ben como as máis de 26.000 sinaturas individuais xa recollidas.
Lonxe de se deter, a necesidade de actuar socialmente a prol do galego continuou após o 17 de maio e, felizmente, continúa. Coa posición unitaria da amplísima maioría das entidades representativas da comunidade educativa galega contra os plans de demolición do goberno da Xunta e a consulta trampa ás familias promovida desde este para tentar xustificar a súa medida. Aínda recentemente, con novas iniciativas sociais, quer colectivas quer desde posicións individuais, sen dúbida moi interesantes e que fan ver que somos moitas e moitos os que queremos a nosa lingua propia.
Neste excepcional momento, ateigado de perigos, mais tamén con oportunidades, os tempos son chegados e faixe necesaria a creación dunha ampla plataforma cidadá, o máis ampla e representativa posíbel, que sexa quen de canalizar iniciativas de traballo concretas a prol da lingua e, ao tempo, converterse en referente de amplos sectores da cidadanía. Unha estrutura para a que se colle o nome Queremos Galego, que sirve como punto de encontro; como camiño común cara a un obxectivo que a todas e a todos nos afecta e implica: a lingua; como espazo colectivo no que poidan converxer as diferentes iniciativas sociais xa publicamente formuladas e mais todas aquelas que no sucesivo puideren surxir.
Como?
Para facilitar a activación e viabilidade organizativa dunha plataforma social que sexa todo o ampla posíbel, e que mesmo fique aberta para que en calquera momento se poidan incorporar novas entidades e persoas a nivel individual, aqueles colectivos e persoas dispostos a adheriren a Queremos Galego pasan a facer parte dun Plenario que, por súa vez, escolle unha Comisión Xestora Nacional, encargada das tarefas de coordenación xeral da plataforma e do funcionamento executivo. É o Plenario quen acorda os criterios de funcionamento e composición de aquela, así como da plataforma en xeral.
Seguindo o exemplo de Nunca Máis, articúlase a plataforma a nivel das diferentes comarcas do país, de xeito que nese chanzo poidan participar máis activamente entidades locais e comarcais de todo tipo.
Queremos Galego contará cunha serie de portavoces públicas/os, persoas relevantes de diferentes ámbitos da vida social, encargadas/os de falaren en nome da plataforma e que poderían integrar a Comisión Xestora da maneira en que determinar o Plenario. Hai portavoces a nivel nacional e tamén a nivel comarcal.
Para que?
Calquera iniciativa colectiva que se constituír debe ir directamente ligada a propostas concretas de traballo, viábeis organizativamente e socialmente útiles pola funcionalidade que poden ter á hora de transmitir á sociedade un discurso favorábel á nosa lingua propia. É por iso que se articula o traballo concreto da plataforma arredor do apoio e difusión dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en defensa dos usos públicos do galego. Unha proposta lexislativa que blinda os dereitos lingüísticos das galegas e galegos e garante o uso público por parte das diferentes administracións.
O impulso e difusión dunha ILP ten unha serie de implicacións, económicas e de traballo, que as entidades que conforman a plataforma Queremos Galego asumen, cada unha en función das súas posibilidades, para que a propia iniciativa vaia adiante.
O dereito á Iniciativa Lexislativa Popular está recollido no art. 87 da Constitución española e regulado pola lei galega 1/1988, que estabelece as condicións para o exercer así como os mecanismos a seguir.
Unha Comisión Promotora, composta por un mínimo de 15 persoas individuais, maiores de idade e censuadas nalgunha das catro circunscricións electorais de Galiza, faille chegar á Mesa do Parlamento unha proposta de texto legal articulado, o cal ten que cumprir unha serie de condicións para que esta admita a trámite a petición. Caso afirmativo, a dita Comisión Promotora ten un período de 4 meses (prorrogábeis por outros tres, se houber causa xustificada), a iniciar ao día seguinte da comunicación oficial, para recoller un mínimo de 15.000 sinaturas válidas, cifra imprescindíbel para a ILP ser considerada válida, entre cidadás e cidadáns maiores de idade, censuados nalgunha das catro provincias. As sinaturas, que deben conter datos persoais que coincidan literalmente cos do censo, terán que ir en pregos validados pola Xunta Electoral e serán logo autenticadas, unha a unha, diante deste mesmo organismo.
A Comisión Promotora poderá nomear persoas fedatarias, responsabilizadas da custodia e xestión dun determinado número de pregos de sinaturas, as cales terán que responsabilizarse da autenticidade dos apoios achegados perante a Xunta Electoral.
De concluír correctamente o proceso, o Parlamento publicará e aceptará a trámite a ILP, porén pode tomala en consideración ou non. Caso de acordo favorábel, a ILP seguiría o seu trámite parlamentar como unha lei común.
Artigo extraído do Colectivo Ártabra 21
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Colectivo OPAII e Radio Filispim BASENAME: colectivo-opaii-e-radio-filispim DATE: Wed, 16 Sep 2009 16:57:39 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Hoxe propoñemosvos, se non os coñecedes xa, que coñezades o Colectivo OPAII e a Radio Filispim. Deixámosvos aquí unha breve reseña deles sacada da súa web.
O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente), é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información? pero cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante, como é a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim. Este instrumento de comunicación, pretende ser útil as persoas, colectivos, redes sociais e culturais da comarca, sen espazo nos medios de comunicación convencionais, ou que están sendo silenciados polos mesmos.
Dende o Colectivo OPAII, asumimos o compromiso de por os nosos medios a súa disposición. Radio Filispim asume como seus os principios do colectivo entre o que destacamos o que a lingua se refire:
O colectivo OPAII-RFM, empregará sempre a lingua galega, xa que estamos nunha realidade (máis concretamente á ferrolá), que queremos transformar e nese camiño optamos por potenciar a lingua propia e loitamos contra a marxinación da mesma a nívelcomunicacional, social e cultural. OPAII-RFM debe ser un medio de normalización e espallamento da cultura galega, por todo isto este colectivo porá os medios necesarios para que exista unha normalización lingüística, tanto nas ondas como ao través de calquera outro tipo de medio. Pensamos que a cuestión da lingua non se soluciona obrigando a ninguén a súa fala. Entendemo-la coma un problema de convencimiento propio, polo que na radio e no colectivo convivirán persoas e programas feitos en galego, castelán e outras linguas. En OPAII-RFM, todas e cada unha das variantes gramaticais do universo lingüístico galego-portugués convivirán en igualdade de oportunidade, no seio do colectivo.
Os días 21, 22 e 23 de decembro de 2009, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás IX XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.
Nestes días amosaránse curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas.
O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.
Desde a organización do evento fan un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, lles acheguen os seus traballos en formato DVD ou se poñan en contacto con eles antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Admítense curtametraxes de ficción, de animación, ...
GRAZAS POR PARTICIPAR!
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Música da comarca para escoitar BASENAME: musica-da-comarca-para-escoitar DATE: Mon, 14 Sep 2009 10:23:17 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Música en galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Deixámosvos aquí unha ligazón a unha web de descarga de música galega onde poderedes atopar a grupos da nosa comarca desde O Real Coro Toxos e Froles ata os valexos Retobato, desde Maria Manoela ata Mencer Vermello, desde Andrés Dobarro ata habaneras ou mesmo gravacións da noite das Pepitas.
Como eles mesmo dín a idea deste caderno é recuperar obras da nosa música galega, que foron quedando acurrunchadas polo paso do tempo en vellos vinilos, casetes, singles, EP's, etc. e que están agardando unha oportunidade para ser dixitalizadas e espalladas de novo.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: O primeiro contacto coas letras xa se pode ter en galego BASENAME: o-primeiro-contacto-coas-letras-xa-se-po DATE: Fri, 11 Sep 2009 06:42:02 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Presentouse o proxecto Colega, que trata de cubrir as carencias de métodos en galego para a aprendizaxe inicial da lectura e a escritura.
Cando os mestres de educación infantil e primaria intentan iniciar aos máis cativos no coñecemento e comprensión das letras e queren facelo en galego, ?ou ben elaboran os seus propios materiais ou aproveitan o que hai editado en castelán?. Esa é a experiencia da mestra Teresa Fuciños, que xunto con María Carmen García Vila e María Xosé Rodríguez Ares propúxose remediar esta situación creando un método en galego de adquisición e desenvolvemento da lectoescritura. Así naceu o proxecto Colega.
Colega, derivado de ?Comprensión e Lectoescritura en Galego?, é un método dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria que se inician no achegamento á lectura e á escritura. ?Puxémonos a elaborar este método porque vimos que había grandes carencias de material pedagóxico en galego. O que existía era moi limitado e non permitía facer un traballo completo?, explica Teresa Fuciños.
Un método lúdico
Este martes presentáronse os cinco cadernos iniciais do proxecto. As autoras tentaron ir máis alá dun simple método para aprender a debuxar letras: ?quixemos crear un método que resultase lúdico?, sinala a coautora, ?e que ademais das actividades típicas potenciase outras habilidades: atención, memoria, discriminación auditiva e visual, etc.?. Os cadernos Colega están pensados tanto para seren empregados nas aulas como para servir de apoio na casa.
O equipo de profesoras responsables do proxecto queren darlle continuidade, e xa pensan en novos materiais que completen a adquisición de habilidades lectoras e de escrita en idades temperás: ?pensamos en elaborar xogos, láminas, abecedarios, e é probable que continuemos con novos cadernos de comprensión lectora pensados para o segundo e o terceiro ciclo de primaria?.
Nova editorial técnica
A aparición dos cadernos son a carta de presentación dunha nova editorial que naceu este ano en Vigo. Chámase Glía Edición e centrará o seu catálogo no campo técnico e educativo. Os cadernos Colega son a súa segunda publicación, logo dun manual práctico para a edición en Autocad, que saíu en castelán e para o que agora preparan a edición en galego.
?A editorial formámola persoas que vimos dos ámbitos técnicos e da enxeñería, e en gran parte relacionados coa ensinanza en formación profesional?, explica Marta Vázquez, xerente de Glía Edición. ?Pretendemos atender os campos de formación nos que faltan publicacións, e ir cubrindo esas áreas con edición en galego?.
Artigo extraído de vieiros.com
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea BASENAME: lingua-galega-e-comunicacion-nos-inicios DATE: Thu, 10 Sep 2009 06:22:05 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Porque o galego é para todos os niveis da vida, deixámosvos aquí unha noticia sobre un simposium científico sobre a nosa lingua na idade Contemporánea.
Desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando simposios dedicados a temas relacionados coa investigación lingüística que son de interese para a comunidade científica. O Simposio deste ano 2009 abordará o tema Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea.
No mes de setembro do ano 2008 publicouse o libro titulado Papés d?emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I) (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008), que era o resultado dun traballo colectivo iniciado anos atrás co obxectivo de reunir a produción escrita en lingua galega durante as primeiras décadas do século XIX que se deu conservado ata hoxe e que na actualidade se coñece. Desde os inicios da dita investigación pensouse que o volume en que se recollesen todos estes textos rexistrados e editados debería acompañarse doutro máis en que se analizase aquela actividade xornalística e literaria desde os campos científicos da historia, das ciencias da comunicación e da filoloxía. Queríase, deste xeito, ofrecer á sociedade galega un produto nacido da colaboración interdisciplinaria que presentase datos e conclusións de interese a propósito da historia política, social, cultural, literaria, xornalística e lingüística da Galicia das primeiras décadas do século XIX.
Destinatarios
Especialistas en historia da lingua galega e en historia do xornalismo en Galicia. Está especialmente aberto aos alumnos do segundo e terceiro ciclo de Filoloxía e de Ciencias da Comunicación, así como a investigadores en formación.
Recoñecemento académico
Recoñecido un crédito de libre configuración para as titulacións das facultades de Filoloxía e Ciencias da Comunicación (Cod. 2009/108, Resolución reitoral do 22/05/2009).
O prazo de matrícula para o para o curso superior de linguaxe administrativa galega permanecerá aberto ata o vindeiro día 20 , para o que hai 25 prazas. Para o correspondente ao preparatorio para o certificado de lingua galega Celga 1 o prazo concluirá o día 15.
O primeiro deles está dirixido a persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas galegas, e o segundo para todas aquelas persoas maiores de 16 anos.
Mais info: www.eoiferrol.org
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: Unha exposición amosa no Carvalho Calero a ?tortura intelectual? do franquismo ó galego BASENAME: unha-exposicion-amosa-no-carvalho-calero DATE: Tue, 08 Sep 2009 06:02:13 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Artigo extraído de Diario de Ferrol
A ?Obra completa? de Cabanillas editouse en Buenos Aires porque, en España, a censura esixía a supresión de 25 poemas; ?A esmorga?, de Eduardo Blanco Amor; tampouco pasou o férreo control franquista da moral dos seus administrados; e a tradución dun ensaio filosófico de Heidegger, feita por Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega, non obtivo os parabéns dos censores por ousar empregar o galego para outra cousa que non fora a lírica ou a exaltación da Galicia folclórica e costumista. ?En Galicia, algún pedantón traduce la filosofía alemana con ritmo de gaita?, escribía Juan Aparicio, Director General de Prensa en 1956.
A historia da censura da ditadura á edición en galego, desde que se recupera a finais dos anos 40, co punto de inflexión da Ley de Prensa e Imprenta de 1966, e ata despois da morte do ditador Francisco Franco, pode verse desde hoxe á tarde -a inauguración é ás sete- e ata o 30 de setembro, no Carvalho Calero. A través de documentos da época que saen á luz por primeira vez, de edicións mutiladas, paneis explicativos e de esclarecedoras entrevistas a Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, pódese comprender como funcionaba o aparato represor do franquismo no tocante a cuestións intelectuais.
Algunhas características deste control político, moral e relixioso compártense co resto do país, pero en Galicia padécese ademais a persecución do idioma propio. Tal e como explicaba onte Xosé Manuel Dasilva, comisario desta mostra promovida pola Fundación Penzol e Galaxia, existía unha represión da lingua ?cando este á empregada para determinados usos?. A idea da inferioridade do galego está moi presente no ánimo dos censores (erixidos incluso en críticos literarios), desterrando o galego a certos rexistros e invalidándoo como lingua de prestixio.
A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, animou ós ferroláns a ver unha mostra que aclara ?cal era a tortura intelectual que padeceu Galicia durante o réxime franquista?. ?Hai cantidade de xeracións que non puidemos ler o que tiñamos que ler no seu momento, e iso non se recupera?, engadiu. ?Tamén hai que dicirlles ós novos que houbo moito polo que loitar e aínda hai moito que recuperar para saber como foi aquilo?.
?Editar en galego baixo a censura franquista? chega a Ferrol logo de pasar por Vigo, Pontevedra, Ourense e O Barco. Despois aínda itinerará por Foz, Lugo e A Coruña. Poderase ver no Carvalho Calero (no Ensanche A) ata finais de mes, de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.30 horas.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: The Homens, o 25 en Neda BASENAME: the-homens-o-25-en-neda DATE: Wed, 22 Jul 2009 11:36:56 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: Música en galego TAGS: ----- BODY:O vindeiro sábado 25 de xullo á noite e na praza maior de Neda actuará o grupo de PowerPop The Homens.
Agora mesmo o grupo atopase inmerso na gravación do que será o seu cuarto disco. Como eles mesmo dín en varios entrevistas, o son final, será máis punki. Iso sí, as letras como non, seguiran en galego e esta vez tocaran temas máis actuais.
The Homens na sala RumRum
Hoxe, venres 3 de xullo, despois das doce da noite, actuará no Pub Tropicana de As Pontes (A Coruña) o cómico Pedro Brandariz.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: O GALEGO É UTIL BASENAME: o-galego-e-util DATE: Thu, 02 Jul 2009 18:01:44 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:Manifesto que amosa o galego como unha ferramenta útil no estranxeiro.
Podedes aceder ao manifesto a través desta ligazón.
A RAG decidiu adicar finalmente o vindeiro días das Letras Galegas ao escritor Uxío Novoneyra, "o poeta do Caurel".
Asi que quedamos sen o día para Ricardo Carvalho Calero neste ano 2010 xusto cando se cumplian 100 anos desde o seu nacemento.
O vindeiro luns día 29 realizaremos unha asemblea aberta. O lugar de reunión é a cafetería Zucre de Ferrol e a hora as 20:30.
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: FERROL FALA GALEGO BASENAME: title-168 DATE: Fri, 26 Jun 2009 20:21:24 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Ferrol fala galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:FERROL FALA GALEGO é umha assembleia pola defesa da língua aberta à participaçom de todas e todos os que quigerem arrimar o ombreiro para salvarmos a nossa língua na cidade de Ferrol e a súa comarca. Que nace com a intençom de combater o discurso que tem calhado nos últimos tempos da boa saúde do galego ou da imposiçom do mesmo como se se tratar de umha língua estrangeira, o certo é que nos encontramos em níveis de uso a día de hoje mui baixos, sobretodo entre a mocidade.
FERROL FALA GALEGO quer ser umha inicitiva focada fundamentalmete para a mocidade, de dinamizaçom e socializaçom do galego, o nosso objectivo é o de juntar esforços de pessoas de todos os âmbitos, sem exclusom, a participaçom na assembleia é sempre a título individual e totalmente compatível com qualquer outra militancia.
FERROL FALA GALEGO trabalha sob as chaves que seguem;
- Monolinguismo social como única saída viável para o futuro do idioma.
- Superaçom da exígua legislaçom que mantém o idioma desprotegido fronte ás agressons continuas e planificadas.
- Combate ao discurso supremacista dos sectores galegófobos que propugnam a segregaçom por razons de idioma.
- Denuncia dos casos de discriminaçom que atentam contra galego falantes, tanto no âmbito da administraçom como da empresa privada.
- Promoçom do uso do idioma próprio da Galiza, umha língua viva e útil.
- Centrar o trabalho na questom do uso social e nom na normativa (RAG/AGAL).
FERROL FALA GALEGO anima-vos a participar activamente nesta iniciativa plural e aberta, a quem estiver disposto a defender o galego. Fazemos, pois, um chamamento a participar o vindouro día 29 de junho, no café Azucre, às 20h30 na ASSEMBLEIA ABERTA ou contactando através do correio electrónico ferrolfalagalego@gmail.com a todas as pessoas que estiverem interesadas.
FERROL FALA GALEGO
Nova extraida de A nosa terra.
Os músicos reúnense na Asemblea Aberta
Ao redor do Manifesto básico pola defensa da RTVG, o pasado 13 de xuño constituíuse en Compostela a Asemblea Aberta integrada por músicos profesionais, grupos noveis e representantes de salas e programadores de festivais. Membros de Machina, Esquíos, Ataque Escampe, Sacha na horta, Zënzar, Ruxe Ruxe, Fanny e Alexander e outros moitos uníronse ?contra a censura e a marxinación da música galega?.
A súa principal reivindicación é conseguir que ?a sociedade teña un espazo na radio pública no que escoitar a música que se fai no país?. No seu primeiro encontro, a Asemblea Aberta acordou traballar nun plan de accións reivindicativo, no que se está a barallar a recollida de firmas para poñer en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular e abrir novas vías de expresión a través da internet.
Pola súa banda, os interlocutores da Radio Galega comunicáronlle a A Nosa Terra que tanto o futuro de Aberto por reformas como a programación en xeral ?está en estudo? e que a nova dirección ?non ten unha decisión tomada? ao respecto da política que se vai seguir no referido á música galega.
Crear público, materia pendente en Galiza
Unha das grandes materias pendentes da música en galego, segundo apunta Brais de Esteban, membro de Som do Galpom, é facer público. Existen dúas formas neste sentido: ?tocar ao vivo e ter espazo na radio pública?. Neste último senso, o papel de Aberto por reformas, ao seu ver, foi ?clave?.
?As estadísticas demostran que en Galiza hai máis grupos que no resto das comunidades, por diante mesmo de Cataluña?, comenta Brais de Esteban. No terreo da escena emerxente, só en Nsaio, o programa, agora tamén en suspenso, promovido pola anterior Consellaría de Benestar a través de Xuventude que tiña entre as súas principais finalidades habilitar locais de ensaio, están adscritos máis de 360 grupos noveis. ?Debemos ser ambiciosos e pensar en exportar porque a música aquí cumpre condicións para ser primeira industria?.
Dende o colectivo hip hop Dios ke te crew cualifican o papel do programa como ?unha dose de autoestima, de coñecemento, de dinamización, de difusión e tamén de liberdade sen censuras?. Como radio pública que é ?a Radio Galega non debe excluír a diversidade cultural deste país na programación diaria?.
A Asociación Galega de Fonografistas, AGAFONO, a través de Fasero, responsábel de Zouma Records, mostrou tamén a súa preocupación por que ?se lle quiten espazos a música galega, que sempre tivo moi pouco protagonismo, incluso na última lexislatura? pero mantense á espera de reunirse coa xunta directiva da Radio Galega para poder tomar medidas nun sentido ou noutro.l
----- -------- AUTHOR: ferrolfala TITLE: CONCERTO ANTI-REPRESSIVO BASENAME: concerto-anti-repressivo DATE: Fri, 26 Jun 2009 20:06:47 +0000 STATUS: publish PRIMARY CATEGORY: Música en galego CATEGORY: TAGS: ----- BODY:O organismo popular anti-repressivo continua a desenvolver actividades em diversas localidades do País para fazer frente às imposiçons da repressom económica e denunciar a situaçom dos presos independentistas galegos. Nesta fim-de-semana o trabalho anti-repressivo terá Ferrol como localizaçom com a convocatória dumha chouriçada e um concerto. O dinheiro recadado por estas actividades está destinado a enfrentar a defesa jurídica dos presos independentistas galegos ante os tribunais políticos do Estado.
A recentemente constituida assembleia comarcal de Ceivar em Trasancos organiza para o vindeiro sábado 27 de Junho umha chouriçada e um concerto contra a repressom. A chouriçada começará às 21:00 h. e o concerto às 22:30 com a actuaçom dos grupos Mencer Vermelho (Rock Proletário) e Unhazo (Punk). Ambas actividades decorrerám no Bar Chimarrao. O preço de toda a jornada é 5?. Da comarca trasanquesa informam que haverá também ementa especial para vegetarianos e vegetarianas.
Aliás, nos dias prévios organizará-se umha pequena campanha de socializaçom e propaganda do organismo e da luita dos presos independentistas dispersados a Palencia e sul da Comunidade Autónoma de Madrid.
Mais informaçom: http://www.ceivar.org
----- --------