Este sábado e no Papagrelo Rock de Monfero tocaran Os 3 TREBÓNS, OS ULTRÄQÄNS, BANDA POTEMKIN, OS CUCHUFELLOS. E polas tabernas da vila, a música da charanga OS VERANEANTES. Todos estes grupos utilizan a nosa lingua nas súas letras.
Non faltedes a esta cita...

Escrito em 30-10-09,
na categoria: Música en galego
|
Estes días atopámonos inmersos na VII edicion do Festival “Fervesteiro” 2009. Este ano referenciase o festival "Por unha cultura libre"

Hoxe xoves 24 e ás 20:00h Inaguracion da Exposicion fotografica baixo lizenza Creative Commons, do fotografo ferrolan Manolo Rei no local do colectivo
Deixámosvos aquí unha ligazón a unha web de descarga de música galega onde poderedes atopar a grupos da nosa comarca desde O Real Coro Toxos e Froles ata os valexos Retobato, desde Maria Manoela ata Mencer Vermello, desde Andrés Dobarro ata habaneras ou mesmo gravacións da noite das Pepitas.
Escrito em 14-09-09,
na categoria: Música en galego
|
O vindeiro sábado 25 de xullo á noite e na praza maior de Neda actuará o grupo de PowerPop The Homens.
Agora mesmo o grupo atopase inmerso na gravación do que será o seu cuarto disco. Como eles mesmo dín en varios entrevistas, o son final, será máis punki. Iso sí, as letras como non, seguiran en galego e esta vez tocaran temas máis actuais.

The Homens na sala RumRum
Escrito em 22-07-09,
na categoria: Ferrol fala galego, Música en galego
|
Nova extraida de A nosa terra.
Os músicos reúnense na Asemblea Aberta
Ao redor do Manifesto básico pola defensa da RTVG, o pasado 13 de xuño constituíuse en Compostela a Asemblea Aberta integrada por músicos profesionais, grupos noveis e representantes de salas e programadores de festivais. Membros de Machina, Esquíos, Ataque Escampe, Sacha na horta, Zënzar, Ruxe Ruxe, Fanny e Alexander e outros moitos uníronse “contra a censura e a marxinación da música galega”.
Escrito em 26-06-09,
na categoria: Música en galego
|
O organismo popular anti-repressivo continua a desenvolver actividades em diversas localidades do País para fazer frente às imposiçons da repressom económica e denunciar a situaçom dos presos independentistas galegos. Nesta fim-de-semana o trabalho anti-repressivo terá Ferrol como localizaçom com a convocatória dumha chouriçada e um concerto. O dinheiro recadado por estas actividades está destinado a enfrentar a defesa jurídica dos presos independentistas galegos ante os tribunais políticos do Estado.
Escrito em 26-06-09,
na categoria: Música en galego
|