Deixámosvos aquí dúas ligazóns moi interesantes. A primeira é a da páxina do Seminario Linguística Informática da Universidade de Vigo onde podedes atopar unha morea de ferramentas sobre o galego na rede, entre outros, o tradutor automático español <-> galego OpenTrad-apertium, o corrector ortográfico en liña de galego OrtoGal, o Dicionario CLUVI inglés-galego, o Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI) orientado cara á tradución do galego, o Corpus Técnico do Galego (CTG) de orientación terminolóxica especializada, a Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo, a Neoteca - Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo, o dicionario de toponimia galega Aquén, e o etiquetador FreeLing para a análise lingüística automática do galego.
Escrito em 27-09-09,
na categoria: Ferramentas web
|