O BARDO PONDAL E SANTA CRUZ DE MONTAOS
Recorda-nos um vizinho de Santa Cruz de Montaos que: "D. Eduardo pondal, no libro Queixumes dos pinos, tamén lle adicou un poema á Parroquia de Santa Cruz de Montaos "Indo polo Camiño". Na fronte da entrada do campo das festas da citada parroquia, por iniciativa dun ex concelleiro de Santa Cruz, unha praca na súa honra, reproduce o poema."
Procuramos o poema, e encontramo-lo no livro de Ricardo Carvalho Calero, Pondal. Versos iñorados ou esquecidos. O poema está datado em 1909. Reproduzimo-lo aqui, e aproveitamos para agradecer-lhe ao anónimo vizinho de Montaos que nos passasse esta informaçom.
INDO POLO CAMIÑO
Indo polo camiño
da Coruña a Santiago,
deixamos pola esquerda
Santa Cruz de Montaos.
Terra das longas gandras,
dos eidos alongados:
¡oh, cánto a min me prace,
a gandra atravesando,
ver na súa pranura
Santa Cruz de Montaos!Terra das altas uces,
terra dos toxos altos,
terra das vagas brétomas,
terra do bo fidalgo,
do señor de Mesía*,
nos tempos xa pasados,
que levara seu nome,
armonioso e preclaro.¡Oh, cánto a min me prace,
a granda atravesando,
ver na súa pranura
Santa Cruz de Montaos!* "Señor de Mesía" refere-se a Diego Lopes de Montaos.
Escrito ?s 13:01:03 nas castegorias: ORDES NA LITERATURA
|
|
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Obrigado por resgatardes este texto do Bardo que desconhecia. Bom trabalho.