Categoria: "ATIVIDADES"

Set30

Visita os Moinhos do Fojo

Posted by lume on 30-09-2013  ~  Posted in: ATIVIDADES  ~  Enviar comentário »


Situados entre as paróquias de Beade e Valadares, na Avda. Clara Campoamor (vial que une a Universidade de Vigo com o centro urbano), estám localizados estes moinhos.

O rio Barja é o responsável do seu funcionamento. Mediante estes moinhos as duas paróquias poidérom produzir a sua própria farinha e fazer assim o seu próprio pam. Atualmente muitos acham-se fechados e em desuso.

Nós contamos com a grande sorte de poder mostrar um dos moinhos aínda ativos. Se bem é certo que os tempos das moinhadas já passárom, este moinho continua a ajudar às gentes de Beade a fazer umha farinha de qualidade para o seu pam. Nesta visita apreenderemos a moer com umha das proprietárias do moinho. Também contaremos como se gestionam e conservam estas construçons tradicionais, a maioria de caráter comuneiro. Falaremos da importáncia económica e social que tiverom para estas paróquias. Levaremos um pouco de farinha de milho para que o sabor da tradiçom chegue a todas as pessoas que participem da visita.

Ponto de saída do roteiro: para facilitar o encontro sairemos cara o moinho desde o Centro Social Lume, na rua Rouxinol 16, às 16:30h e às 16.45h desde o CSCR de Beade.

Prema nesta linha, para ver um vídeo do Moinho.

moinho do fojo beade-valadares
Set05

Concentraçom contra a agressom imperialista

Posted by lume on 05-09-2013  ~  Posted in: ATIVIDADES  ~  Enviar comentário »


Desde o Centro Social Lume! apoiamos a concentraçom convocada hoje, diante do Museo Marco de Vigo às 20h, contra a agressom imperialista contra o povo Sirio. A continuaçom, podes ler o manifesto:


A barbarie vén de ser anunciada por medio de novas ameazas de guerra. Resoan de novo os tambores, mais os Estados Unidos, Franza e Gran Bretaña xa levan moito tempo intervindo militarmente en Siria,
por medio da entrega de armamento, apoio loxístico, adestramento e envío de milicias armadas desde o exterior. Este conflito, que desde hai dos anos é presentado nos medios de comunicación como un enfrontamento civil, é unha guerra encoberta creada, financiada e dirixida en todo o momento desde o exterior.

Non é mais que unha operación desas potencias polo control dunha zona -e dos seus recursos- e que tivo os seus episodios anteriores nas guerras de Iraq, Afganistán ou Libia. Primeiro arman e promoven os ataques terroristas contra o pobo sirio, e despois utilizan a situación creada como escusa para invadir o país. Agora mesmo, ante a constatación dos avances do goberno sirio, os Estados Unidos e os seus aliados veñen de propor a intervención militar directa, o que terá consecuencias dramáticas para a poboación e para a paz internacional.

A propaganda de guerra recorrerá a todas as escusas necesarias para xustificar un salto cualitativo na súa ofensiva militar, que non ten máis obxectivo que defender os intereses estratéxicos das potencias imperialistas. Repiten o procedemento aplicado en moitos outros países, afirmando que é necesario bombardear á poboación civil para defendela. Os resultados deste imperialismo revestido de humanitarismo están á vista en todos os países nos que se aplicou: millóns de persoas mortas e desprazadas, aumento xeneralizado da violencia, a pobreza e a corrupción, reforzamento das posturas máis sectarias e regresivas, e entrega dos recursos ao servizo de intereses foráneos, por medio de oligarquías mafiosas involucradas en tráfico de armas, drogas e persoas.

Non podemos agardar algo diferente para a Siria. Cando falen de armamento ilegal, teremos que lembrar que son os mesmos que ían destruír as armas de destrución masiva en Iraq, o que se demostrou como unha mentira deliberada. Cando falen de axudar a poboación, teremos que sinalar que o mesmo pretendían en Libia, cando bombardearon o país para dar a volta ao conflito e chegar hoxe a se apoderar do seu petróleo. Cando falen de democratización, pensemos no goberno títere imposto en Afganistán pola OTAN e na ocupación militar que aínda padece. Cando argumenten a necesidade de responder ante a utilización de armamento prohibido, podemos repasar o historial dos que se proclaman xendarmes mundiais: os únicos que se atreveron a utilizar armamento atómico dúas veces, os que devastaron o Vietnam con axente laranxa, os que empregaron armas de uranio empobrecido contra a Iugoslavia, os que si utilizaron armamento químico en masa na toma de Fallujah no Iraque. Só o máximo cinismo permite ás potencias imperialistas apresentarse agora indignadas ante un ataque sen demostrar, que só beneficia ao chamado bando "rebelde" -con indicios de que foi este o que empregou as armas químicas- e no momento no que os inspectores da ONU aínda examinan os feitos.

En realidade, os obxectivos dos Estados Unidos e os seus aliados son outros, e inscríbense nunha estratexia de guerra interminábel que non ten ningunha relación coas lexítimas aspiracións de liberdade, independencia e xustiza dos pobos da rexión. A historia demostra que as potencias imperialistas non promoven intervencións militares inocentes nin humanitarias, senón operacións de saqueo e dominio, agravadas na actual etapa de crise estrutural do capitalismo. Controlar militarmente o país e apoderarse dos seus recursos é un vello obxectivo dos planos estadounidenses, que pretenden reforzar o seu dominio na rexión, preparando e anunciando xa os vindeiros ataques
contra o Líbano ou Irán, e prolongando a súa alianza cos réximes máis reaccionarios e inxustos, os da Arabia Saudí e Catar, así como co terrorismo de Estado israelí que mantén a ocupación e apartheid da Palestina.

A agresión en curso contra Siria tería gravísimas consecuencias para unha rexión xa torturada, empobrecida e agredida, e constituiría unha nova violación do Dereito Internacional en virtude da lei do máis forte. É urxente que todos os pobos do mundo actuemos en contra do imperialismo, en defensa da paz, a liberdade e o soberanía dos pobos.
Desde a Galiza denunciamos a complicidade do goberno español nestes novos planos agresivos e esiximos que se respecte o dereito de cada país a resolver os seus problemas internos desde a negociación e o diálogo, a partir do respecto da independencia e soberanía do pobo sirio, e contando tamén cos dereitos do esquecido pobo curdo. Comprometémonos a continuar a mobilización e resistencia fronte a guerra e o imperialismo.

Na Galiza, setembro de 2013

Asinan:
Asociación Galega de Amizade coa Revolución Bolivariana
ANOVA - Irmandade Nacionalista
Asamblea Republicana de Vigo
Bloque Nacionalista Galego
BRIGA
Centro Social Lume!
Confederación Intersindical Galega
Colectivo Imán - CEDRO
Comités
Construíndo a Esquerda
Coordinadora Bolivariana - Vigo
Central Unitaria de Traballadoras/es
El Militante
Esquerda Unida
Frente Popular Galega
Federación de Asociacións Veciñais de Vigo
Galiza Nova
HOAC  Hermandad Obrera de la Acción Catolica
Isca!
Izquierda Socialista
Liga Estudantil Galega
Mar de Lumes-Comité Galego de solidariedade internacionalista
MCB-Capitulo Galiza
Nós-Unidade Popular
Nova Esquerda Galegad-Compromiso coa Esquerda
Partido Comunista de Galicia
Partido Comunista do Pobo Galego
Sindicato de Estudantes
Xuventudes Comunistas

Ago28

Convívio e churrascada

Posted by lume on 28-08-2013  ~  Posted in: ATIVIDADES  ~  Enviar comentário »


Para ainda nom despedir o verao, o C.S.Lume! organiza no monte florestal de Beade às 14h, um Convívio e Churrascada popular o próximo domingo 1 de setembro! A ementa de: salada, churrasco, sobremesa, vinho o água, por um preço de 8?. Teremos alternativa para vegan@s e um sorteio surpresa!

Inscreve-te no telefone: 686.748.910. Vemo-nos no monte!

convívio e churrascada
Ago27

Começamos os cursos

Posted by lume on 27-08-2013  ~  Posted in: CURSOS, ATIVIDADES  ~  Enviar comentário »


Já é oficial! Sexta-feira 30 de agosto começamos os cursos de pandeireta e tamboril no horário habitual, às 18h tamboril e às 19h pandeireta.

Dos demais cursos que ofertamos desde o C.S. Lume! iremos informando do seu ínicio. Para quem nom o saiba som: gaita, baile tradicional, iniciaçom à informática e defessa pessoal para mulheres.

Nos nossos cursos pode participar todo o mundo, saibam ou nom tocar, dançar etc., também recordar que som preços anticrise e que fazendo-te sóci@ terás desconto no segundo curso ao que te apontes. Informa-te no centro social, a través do correio: centrosociallume@gmail.com ou no telefone 635.225.410

curso pandeireta

<< 1 ... 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 ... 26 >>