
O Centro Social Mádia Leva! quer conmemorar esta 3ªFeira (martes) 18 de Novembro no hotel Méndez Núñez o 90 aniversário da primeira "Asemblea Nazonalista" celebrada na nossa cidade polas Irmandades da Fala. Na Assembleia de 1918 estiverom representadas 67 sociedades agrarias, cinco centros culturais e mandarom a súa adhesión cinco federacións agrarias, once concelhos, máis de 49 associaçons e numerosas personalidades da Galiza.
De esta saíu o "Manifesto Nazonalista", onde o galeguismo político deixa atrás o rexionalismo. Este manifesto constitue a base comum de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil. Em el define-se a Galiza como naçon, reclama-se a autonomia integral da Galiza e a cooficialidade do galego.
Literalmente di: “Tendo a Galiza todas as caracteristicas esenciais de nacionalidade, nós, nomeámonos, de hoxe pra sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.”
DIA:3ªFeira (Martes), 18 de Novembro de 2008
HORA: 19:30
LUGAR:Hotel Méndez Núñez (Rua da Rainha)
Para mais informaçom
madialeva@gmail.com
Escrito a 17-11-08 nas castegorias: actividades
|
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)
Os comentários estão fechados para esse post.