Associa-te

    Apoia-nos

    Revista A Malha Nº 1

    Defendamos o Minho

          Busca

        SISTEMA DE FINACIAMENTO AUTONÓMICO: FICÇOM E REALIDADE

        SISTEMA DE FINACIAMENTO AUTONÓMICO: FICÇOM E REALIDADE

        23-10-10

        Texto formativo do economista galego Xosé Diaz do ano 2005, publicado na revista "Terra e tempo" Nº135, sobre o financiamento da Galiza autonómica e o lastre económico que supóm estar suxeitos ao marco jurídico-político do estado espanhol.

        O ?Estado das Autonomias? apresenta-se como relativamente descentralizado no gasto, mas parecia que os ingresos xurdisem magicamente no quilómetro cero madrilenho. Con este texto queremos por de manifesto como se nos apresenta a través disto umha descriçom completamente invertida da realidade, que trata em essência de agochar a sua dependência real.

        Para a publicaçom do mesmo respeitamos a ortografia original da fonte.

        Estado das Autonomías; invento só formalmente non centralizador

        Como se sabe, o ?Estado das Autonomías? preséntase como relativamente descentralizado no gasto, mais parece que os ingresos xurden maxicamente no quilómetro cero madrileño de celebración da chegada do aninovo (xa é sintomático este feito; até os anos se ?producen? nese lugar). Así é, sempre e unicamente, o Estado quen nos dá ou concede graciosamente os ingresos que lle parecen ben para ?o noso financiamento?; non son Galiza e as outras nacións e rexións as que lles dan ao Estado os ingresos que realmente xeran nos seus territorios ?para o seu financiamento?.

        Por outra parte, só o Estado ostenta a soberanía como tal e así, no ?Estado das Autonomías?, a soberanía auténtica, esencial, descansa exclusivamente no Estado que fai as concesións arbitrarias que lle parece ás súas partes compoñentes, que como moito ?gozan? dunha soberanía non orixinal senón derivada e subordinada á estatal. Nada mellor que a técnica do ?café para todos? para así máis eficazmente negar as nacións constitutivas reais e con iso o carácter plurinacional ou composto deste Estado. E de paso, para deixar claro que non se tratou nunca ?nin se tratará mentres poidan evitalo? dunha negociación entre ?partes auténticas constitutivas? o proceso a través do que xurdía o ?novo estado descentralizado?.

        Consumábase así o paso dun Estado ditatorial centralista a un "Estado das Autonomías democrático", como un invento que nega de facto a realidade nacional no Estado que só formalmente aparentase non centralizador. A teima actual a respecto de que os novos proxectos estatutarios teñan que se axustar estrictamente á Constitución de 1978, táboa moito máis auténtica e inmutábel que as leis de deus, é xusto unha reiteración da mesma xogada, dos mesmos conceptos.

        Tamén é ben coñecido que a capacidade de estabelecer impostos deriva da existencia de soberanía. No ámbito do sistema de financiamento, a LOFCA (Lei Orgánica de Financiamento das CCAA, 1980) encargouse de definir normativamente unhas condicións concretas para que a posibilidade de estabelecemento de impostos por parte das ?autonomías? fose na práctica inviábel, recordándonos que a soberanía é cuestión exclusivamente estatal. Deste modo, cando se negocia un novo sistema de financiamento, aparece como unha evidencia que ?o Estado concede ou outorga?...; cando se contempla o financiamento do sistema sanitario é ?o Estado o que terá que ampliarmos os recursos para iso?.

        2. Falsificación ideolóxica da realidade

        Así as cousas, todos rezamos para que o estado sexa xeneroso e comprenda a nosa triste e penosa situación. Isto non é que sexa crenza firme do ?común dos mortais españois? senón que constitúe unha verdade fundamental deste réxime que os partidos estatais espallan descaradamente. Slogans como o da ?Galiza subvencionada? e o ?carácter solidario? do Estado son repetidamente utilizados en terra galaica. Resulta en certo modo sorprendente como esta falsificación ideolóxica da realidade, presentada dunha maneira xustamente invertida, ten tanto éxito e non exclusivamente en ámbitos de ideoloxía estritamente españolista.

        Desta ideoloxía centralizadora e negadora da realidade deriva recoñecérmonos mesmos como país inútil, incapaz de valermos por nós propios. Se vivimos e existimos non é mais que grazas á existencia de tan xeneroso Estado. Non será de estrañar que rematen impóndonos, non só formalmente, unha historia que negue que Galiza existise antes de se consumar algo parecido a un ?estado español?, ou o seu equivalente de existencia deste estado desde que ?o Creador? dispuxo que a Terra comezase a dar voltas sobre si.

        Pois ben, no ano 2003, último ano liquidado do sistema de financiamento vixente cuxos datos hai pouco foron publicados, o Informe da Axencia Tributaria Estatal (AEAT) relativo á recadación tributaria indícanos que sobre o total desta, 69,7% se atribúe a Madrid e Cataluña (47,5% Madrid; 22,2% Cataluña). Porén, neste mesmo ano, o PIBpm a prezos correntes nestas dúas CCAA significaba 35,7% do estatal (17,4% Madrid; 18,3% Cataluña), case o metade da súa participación na recadación tributaria. É notoria a ?anomalía? do caso madrileño onde a relación entre o coeficiente de participación na recadación é 2,73 veces superior ao coeficiente de participación no PIBpm.

        Pero é que resulta que ser capital do Estado ten moitas vantaxes, polo que se ve, entre elas, non só a localización dun elevadísimo aparello administrativo-político (investimentos, altos salarios, ...), cuxo custo os teóricos da ?solidariedade estatal? reparten a escote entre todos os españois, xa que ?nos beneficia a todos por igual, senón tamén a localización das sedes de importantes empresas (públicas, industriais ou de servizos privadas) cuxos centros produtivos operan na Galiza ou no resto do estado. A recadación tributaria do imposto de Sociedades, do IVA, das súas operacións co exterior, ou das retencións dos seus traballadores centralízanse obviamente no lugar de asentamento da sede empresarial.

        A pesar disto e malia a súa importancia cuantitativa -e cualitativa-, partindo dos datos oficiais da liquidación do ano 2003 do sistema de financiamento e do Informe de Recadación Tributaria do mesmo ano, podemos comprobar que os ingresos tributarios galegos ?entregados a este Estado, soberano máxico- foron dunha contía superior aos 7.662,3 M?. No entanto, segundo o sistema de financiamento en vigor, dísenos e remáchasenos con implacábel teimosía que ese Estado entrega a Galiza para satisfacer as súas necesidades financeiras de atención dos diferentes servizos públicos que debe oferecer aos seus cidadáns cun nivel de calidade equivalente á estatal, un monto total de 5.717,6 M?. Mais por riba desta primeira mistificación da realidade no que atinxe aos fluxos fiscais, opera inmediatamente outra con consecuencias ideolóxicas que consideramos ben máis perniciosas para o noso país e para a nosa propia saúde mental. Expliquémonos.

        Como sabemos, o sistema de financiamento actual dispón de dous mecanismos para o financiamento das Necesidades Calculadas para a subministración dos servizos públicos: uns recursos derivados da recadación ou territorialización dunha determinada cesta de tributos, que no caso galego acadaron os 2.900,9M?, sempre no ano 2003; e b) no caso de que o anterior non cubra a totalidade das necesidades, o estado realiza unha transferencia sintomaticamente coñecida como ?Fundo de Suficiencia? para poder financiar esas necesidades (no caso galego este Fundo de Suficiencia foi no ano 2003 de 2.762,7 M?, case a metade das necesidades de financiamento total) . Debe quedar claro que unha configuración así resulta absolutamente necesaria para o sistema funcionar ideoloxicamente tal como o fai. Por unha banda, Madrid, cos recursos tributarios que lle aporta a cesta de impostos máis que financia as súas necesidades, de modo que o Fundo de Suficiencia é negativo (aquí si aparece Madrid como entregando ao Estado: isto debe quedar ben estabelecido para todos os irracionais e teimudos nacionalistas que non aspiran máis ca prexudicar as súas propias nacións, e ?naturalmente para todos os españois?, nomeadamente todos os comentaristas, os ?modernos? bufóns do estado ?moderno?). Porén, Galiza móstrase como incapaz de xerar os recursos tributarios suficientes - malia o que antes vimos- para finan ciar os seus servizos públicos polo que ten que vir, máxica e bulideiramente, o nobre e xeneroso estado español a nos aportar a súa ?solidariedade? condensada no citado Fundo de Suficiencia do sistema.

        3. Teoría da solidariedade estatal

        Calquera pode se decatar que, mesmo dentro da lóxica deste sistema, os mecanismos de financiamento poderían operar doutra maneira. A cesta de impostos á que facemos referencia consiste nunhas porcentaxes dadas ?iguais para todas as CCAA de réxime común- sobre un conxunto de impostos estatais. Porén, dado o diferente estadio de desenvolvemento das diferentes CCAA como froito dun proceso histórico concreto e diferenciado para cada unha delas, pártese dunha aparencia simétrica (igual % nos diferentes tributos que compoñen a cesta) para rematar nunha situación asimétrica (unhas CCAA financian cos recursos procedentes da cesta unha maior porcentaxe das súas necesidades). Por exemplo, Cataluña cubre cos recursos tributarios procedentes desa cesta 86% das súas necesidades polo que o ?estado debe axudala? a través do Fundo de Suficiencia, para ?lle financiar? 14% de recursos necesarios. No caso galego xa vimos que o Fundo de Suficiencia, a ?solidariedade estatal?, cubre case a metade das necesidades totais. E deixámolo dito así porque resulta evidente que en Cataluña á consciencia maioritaria do país non se lle ocorre en caso ningún considerar o Fundo de Suficiencia como unha expresión da ?solidariedade? do estado para con Cataluña. Ben ao contrario, contrastando notoriamente co parecer imperante polas nosas latitudes. Porqué, en vez de o sistema parecer simétrico de partida mais asimétrico na chegada, non se estabelece unha asimetría de partida e unha simetría de chegada? Non sería isto cando menos igualmente xusto e lóxico? Sucedería así definindo diferentes porcentaxes sobre os tributos que compoñen a cesta para cada CCAA de modo e maneira que todas e cada un financiasen a mesma porcentaxe das súas necesidades totais, ou mesmo a totalidade delas. Mais daquela resultaría evidente o remate da ficción da ?teoría da solidariedade estatal?!!

        No entanto, debe quedar claro que os resultados para o sistema, desde o punto de vista cuantitativo, serían completamente idénticos. Obviamente non cumpriría o papel ideolóxico chave de xustificación da existencia dun estado cuxa teima esencial consiste en negar a súa implícita realidade plurinacional, e que pretende aparecer con teimosía como o salvador supremo, en concordancia coa inversión da realidade que significa certamente.

        Slogans como o da ?Galiza subvencionada? e o ?carácter solidario? do Estado son repetidamente utilizados, constituíndo unha falsificación ideolóxica da realidade.

        4. Resumo

        Resumindo, o actual sistema de financiamento supuxo no ano 2003 uns recursos para Galiza de 5.718 M , que aparecen como grazosa concesión estatal, cando este obtén do noso país como recursos tributarios ben moito máis que 7.662 M . Por riba disto, preséntasenos como incapaces de financiar os nosos servizos públicos (concreta configuración dos recursos tributarios do sistema) como se só for posíbel grazas á ?solidariedade? estatal (fundo de suficiencia). Tal é a racionalidade dominante: racional para eles, irracional para nós, debería ser, non si? Fronte a esta mistificación dos fluxos fiscais hai que facer xurdir, sacar á luz a realidade tal como é, non como parece ser. O que non debe ser unha cuestión insubstancial ou banal do punto de vista político, dada a extensión actual e crecente da epidemia: a crenza na ?solidariedade estatal? e a ?Galiza subvencionada?.

        Adicionalmente, e como consecuencia do anterior, o sistema funciona temporal ou dinamicamente dunha maneira tal que os recursos que fai chegar á nosa comunidade significan unha porcentaxe minguante dos recursos totais para as comunidades autónomas de réxime común. Se no ano base (1999) o sistema determinou que 7,8% das necesidades totais das CCAA de réxime común correspondían a Galiza, no ano 2003 significaron xa unicamente 7,3%. De extrapolar mecanicamente os resultados do período 1999-2003, no ano 2010 a participación galega se reduciría a 6,5% e, no ano 2020, a 5,5%. Un modo de concretar o significado práctico disto pode se resumir na seguinte conclusión para o ano 2003: Se os recursos (ingresos) que o sistema determina para Galiza (5.718 M?) medrasen a unha taxa igual a que obtiveron como media as CCAA de réxime común, co que se mantería constante a participación relativa de Galiza no sistema, o seu nivel en 2003 debería ter sido 394.8 M? superior, contía nada desprezábel como é evidente incluso para o máis lego nestas cuestións.

        5. Conclusión

        Unha conclusión final derivada: se algunha comunidade autónoma debe estar interesada nunha modificación do vixente sistema de financiamento esta debe ser, sen dúbidas esquizofrénicas, a galega. Precisamente tanto as posicións idénticas no substancial entre PSOE e PP sobre este ?problema de Estado?, como a campaña mediática desatada, permanente e intensificada, predicando sibilina ou descaradamente que cuestións como as reformas estatutarias ou a modificación do sistema de financiamento, intimamente conectadas, non forman parte das preocupacións dos ?cidadáns?, non pretende outra cousa máis do que todo permaneza inmutábel, como sempre, sen cambio, isto é, mortos. Reitéranse, ratifícanse, advírtennos e ameázannos, como voceiros e lacaios do sistema, de pretendidos intentos de ruptura da sacra unidade estatal se for preciso. Non queren que sexamos plenamente conscientes do conseguinte prexuízo, para as posibilidades de desenvolvemento e a mellora do benestar das galegas e galegos de maneira moi especial, que significa o mantemento da situación actual .

        Escrito ?s 13:21:40 nas castegorias: actividades
        por SCMadiaLeva   , 2057 palavras, 661 views     Chuza!

        Endereço de trackback para este post

        Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

        Ainda sem comentários

          madialeva.gz@gmail.com
          Rua Serra de Ancares 18
          Horário
          De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
          CIF:G-27360825
            blog soft