Associa-te

    Palestina livre

    LNB 24/25

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

        Busca

      MANIFESTO CONTRA A LEI DE AUGAS

      MANIFESTO CONTRA A LEI DE AUGAS

      11-03-11

      A auga é fundamental para as persoas, os animais e as plantas; é indispensable para a vida e para o sostemento do planeta polo que debe considerarse pública e universal, e debe cumprir antes de nada una función social de alimento e de hixiene. Neste sentido toda normativa sobre as augas deberá prohibir que se privatice, se saque beneficio ou se especule coa auga.
      As organización asinantes asumimos a sustentabilidade e a racionalidade como principios nos que asentar a xestión deste recurso básico para a vida.
      Os gobernos deben garantir o subministro e a calidade da auga para o consumo e o uso responsable a toda a poboación, con independencia de si viven no rural ou en áreas urbanas ou do grado de dispersión do asentamento. Tamén deben garantir os gobernos auga suficiente e de calidade para os animais e para a agricultura labrega como actividade de produción de alimentos para a poboación.
      A Lei de Augas de Galicia, supón o apropiamento e a privatización de todas as augas de Galiza, fixando ademais prezo a auga, un canon que establece sobre toda a auga, a maiores do prezo do subministro que determinan os concellos ou as entidades subministradoras e a maiores tamén do canón de vertido ou coeficiente de vertedura.
      Ata o de agora pagamos polo subministro e a depuración, cando se nos prestan eses servizos. Con esta lei amais de pagar polo servizo, pagaremos polo ben, a auga pasa a ter un prezo. Todas as augas sexan de subministro público ou dos veciños, da superficie ou do subsolo, nazan en finca pública ou privada, incluso a da chuvia e a do mar, de aproveitarse haberá que pagar un prezo.
      A lei traspasa todas as competencias en materia de augas que ten Galiza a unha empresa: Augas de Galicia que funciona segundo o dereito privado e é xuridicamente unha S.A., convertendo a esta empresa na ?administración única e ordinaria da política de augas en Galicia, dándolle todas as competencias que nesta materia lle corresponde á Administración da Comunidade Autónoma?.
      Á vista dos plans de axustamento estrutural dirixidos polo FMI e o Banco Mundial, que se están a aplicar en cada vez máis lugares de Europa provocando unha histórica recesión dos dereitos sociais adquiridos durante as últimas décadas, a Lei de Augas senta as bases para a transferencia futura do "capital auga" a calquera transnacional, coa máis que posíbel privatización de Augas de Galicia.
      Limita a autonomía municipal, obrigando aos concellos a actuar ao servizo da empresa Augas de Galicia, coa obriga de cobrar o canon, sometendo a planificación urbanística a seu ditame, supervisando a administración local nas competencias propias en materia de augas, quitando a potestade de dar permiso de obras cando as acometa a empresa Augas de Galicia.
      A Directiva 2000/60/UE, di textualmente ao inicio:?A auga non é un ben comercial como os demais, se non un patrimonio que hai que protexer, defender e tratar como tal?, polo que a Lei de Augas de Galicia é contraria ao espírito desta Directiva ao nomear como administración única en materia de augas a unha empresa de dereito privado, que funciona segundo as leis do libre comercio. Amais esta Directiva comunitaria obriga a protexer as augas pero non a establecer un canon polo uso delas.
      Asemade, Nacións Unidas aprobou o 28 de xullo de 2010 o proxecto de resolución A/64/L.63/Rev.1, na que ?Declara o dereito á auga potábel e o saneamento como un dereito humano esencial para o pleno goce da vida e de todos os dereitos humanos?. Os dereitos humanos nin se compran nin se venden, e moito menos deben ser suxeito de negocios.
      E PROPOÑEMOS:
      1- A derrogación da Lei de Augas de Galicia.
      2- Que todas as augas de Galicia sexan consideradas na lexislación un dereito fundamental para a vida das persoas, os animais e as plantas. Un ben universal, social, de propiedade común e de xestión pública e participativa,
      3- Que os gobernos e as institucións asuman a súa responsabilidade como factor contaminante e como planificador e transmisor de hábitos de vida e consumo pouco respectuosos co medio ambiente e que estabelezan medidas correctoras: á construción de grandes infraestruturas, á acumulación de poboación en cidades, aos asfaltados masivos de grandes áreas urbanas, á promoción de industrias contaminantes, aos incentivos ao consumismo, á canalización de acuíferos, á contaminación por acumulación en encoros, ao non separar as augas pluviais, etc.
      4- Priorizar e establecer a gratuidade para o uso da auga como alimento e aseo para as persoas, os animais e a produción de alimentos no marco da soberanía alimentaria
      5- Impedir a construción de mais centrais hidroeléctricas e que as existentes revertan ao público no remate da súa concesión; impedindo tamén o transvase de auga a outras comunidades.
      6- Prohibir por lei a privatización das augas, incluído o subministro e a depuración que deberán ser públicos e de xestión municipal, veciñal ou particular dependendo da propiedade das instalacións.

      Escrito ?s 11:07:03 nas castegorias: actividades
      por SCMadiaLeva   , 811 palavras, 1660 views     Chuza!

      Endereço de trackback para este post

      Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

      Ainda sem comentários

        madialeva.gz@gmail.com
        Rua Serra de Ancares 18
        Horário
        De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
        CIF:G-27360825
          powered by b2evolution free blog software