Associa-te

    LNB 23/24

    Apoia-nos

    Outro Garañón...

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

          Busca

        RESOLUÇONS DO PLENÁRIO NACIONAL DE CAUSA GALIZA.

        RESOLUÇONS DO PLENÁRIO NACIONAL DE CAUSA GALIZA.

        21-03-11

        O Plenario Nacional de Causa Galiza celebrado en 19 de marzo en Compostela adoptou as seguintes resolucións:

        1. O Estado español sofre tres crises política, socio-económica e territorial totalmente inter-relacionadas. O cadro xurídico-político de 1978 está esgotado: é incapaz de dar respostas efectivas ao retos que o conxunto dos movementos soberanistas lle estamos a plantexar ao Estado: dereitos nacionais e dereitos socio-económicos resumidos no dereito a decidir.

        2. O nacionalismo galego precisa dun grande debate estratéxico no seu seo. É preciso asumir que a vía estatutaria é unha vía morta para avanzar na conquista dos nosos direitos nacionais e socio-económicos. Non existe posibilidade de ?progresión? cara a soberanía política no cadro constitucional imposto. Causa Galiza comprométese publicamente a fomentar este debate no conxunto das organizacións políticas, sindicais e sociais do nacionalismo e a avanzar na maduración do suxeito e a estratexia autodeterminista que leve este país a un escenario de soberanía política.

        3. Chegou a hora de abrir un novo ciclo no seo do nacionalismo galego. É tempo de superar contradicións e decantar posicións. A vertebración do mapa da esquerda nacionalista precisa dun polo soberanista forte ao que temos que contribuir entre todos e todas. Entendemos que os movementos sociais deben de ter un papel importante neste proceso.

        4. Facemos un chamamento á participación nos actos de homenaxe aos Mártires de Carral que se celebrará en Lugo no próximo 30 de Abril. Neste acto comemorase a Revolución de 1846 e a vitoria na cidade de Lugo así como o nacemento do soberanismo galego. Neste acto Causa Galiza presentará os novos axentes políticos e sociais que suman ao Acordo Democrático Nacional (ADN) suscrito en Pontevedra no pasado 18 de Decembro.

        Escrito ?s 13:07:20 nas castegorias: actividades
        por SCMadiaLeva   , 270 palavras, 939 views     Chuza!

        Endereço de trackback para este post

        Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

        Ainda sem comentários

          madialeva.gz@gmail.com
          Rua Serra de Ancares 18
          Horário
          De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
          CIF:G-27360825
            powered by b2evolution free blog software