Associa-te

    Palestina livre

    LNB 23/24

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

        Busca

      A CANDELORIA, A FESTA DA LUZ

      A CANDELORIA, A FESTA DA LUZ

      10-02-14

      A CANDELORIA, A FESTA DA LUZ
      Fonte: Web Galicia Espallada

      A festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos.
      A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
      A CANDELORIA
      Noutros tempos estas candeas eran utilizadas para ser postas nas mans dos moribundos coma símbolo de protección cristiá no tránsito á outra vida. Neste día, o crego bendí-las velas ou candeas que os fieis manteñen acesas durante a misa e que logo levan para a casa. A estas candeas bendicidas atribúenselle poderes coma ós de calma-las treboadas e alumea-lo camiño das almas que deixan este mundo.
      Pero a orixe desta festa, coma a doutras moitas celebracións cristiás, é pagá. Era a antiga ?festa da luz? , celebrada polos celtas e tamén polos romanos.
      ?IMBOLC? E AS ?LUPERCALES?
      En tempos antigos, o primeiro día do mes de febreiro era moi celebrado nas terras habitadas polos pobos celtas.
      Esta festa tamén coñecida coma ?Brigantia?, ?Candlemas?, ?Brigid's day?, deriva do seu nome en gaélico irlandés ?Ambiwolka?, que traducido ó idioma purificado e decantado dos celtas, é Imbolc. O nome Brigantia deriva de Brighid o Brigid, deusa celta moi poderosa. Era a figura da nova lúa, da primavera anual e das correntes mariñas. Esta época do ano, era das purificacións e do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol, despois do frío e gris inverno. Era tamén a época dos nacementos dos cordeiros e cando as ovellas producían leite. Brighid era a protectora dos rabaños.
      Os ritos de predicción e matrimonio celebrábanse nestas datas baixo a proteccións dos espíritos benéficos que visitaban a terra durante esta festividade.
      Considerábase o remate do inverno, o festival de purificación para prepara-lo camiño para o retorno da primavera e do sol. Brighid era honrada, poñendo unha candea en cada habitación ou en cada fiestra da casa.
      Co paso do tempo e a mestura da cultura celta co cristianismo, esta festa do lume será homologada na celebración da Candeloria . A deusa Brighid foi asimilada coma Santa Brígida en Irlanda, sendo a súa santa patroa.
      Os romanos tiñan tamén una celebración nesas datas. Facían unha procesión con candeas acendidas de noite, repetindo pregarias a ?Proserpina? (palabra asociada ó termo grego, ?persétone?, e á deusa que daba orixe ás sementes, ?proserpere?).
      Esta festa romana do lume , en honor da fertilidade era chamada "Lupercales" ...( 14 días antes das ?Kalendas? de marzo )
      No ano 492, o Papa Gelasio, para substituír esta celebración pagá e asimilala ó cristianismo, crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro.
      O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas. Esta purificación virxinal e as candeas eran o antídoto cristián para a fertilidade romana e os fachos ?lupercales?.
      En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso, senón que, no ámbito agrario, se celebraba o ?casamento dos paxariños? . Di un refrán que ?a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa?. Considerábase a esta festa coma ?a do amor e do apareamento no reino animal?.
      Nalgunhas comarcas, tamén era considerado o día do encantamento das cobras, pois, entre os labregos, era moi común dicir : ?Santa Candeloria me ampare esta cobra?, invocando poder para manter lonxe calquera tipo de serpe.
      Hai outro refrán que di: ?Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar?.
      Cando se aproximaba o dia de Santa Brígida, os campesiños irlandeses acostumaban darlle a volta a un terrón calquera dos seus campos de labranza. Con esa acción consideraban que se favorecia a chegada do bo tempo, que necesitaban para efectuar os labores agrícolas da tempada (Danaher, 1972: 13). Este rito de lle dar a volta a un pedazo de terra con esa finalidade propiciatoria, ten unha orixe moi antiga pois tamén en Galicia e en Portugal existia o costume de darlle a volta a determinadas pedras para que deixase de chover, e poder asi traballar na labranza. Os campesiños da localidade de Laza (Verín. Ourense) dábanlle volta a unha ou dúas pedras cando aparecia o arco da vella sobre os campos nos que traballaban e comezaba a chover (Taboada Chivite, 1980: 166).

      A referencia mais antiga que nos ofrece unha pista sobre as orixes deste rito atopámola en Estrabón. Conta este geógrafo que no cabo Segres, en Portugal, habia unhas pedras ás que as persoas que acudian a ese lugar sagrado acostumaban darlle a volta co fin de solicitar un desexo (Estrabón, III, 1, 4).

      Ata hai moi poucos anos, os labregos portugueses acostumaban darlle a volta a unhas pedras chamadas "molechos" cando querian que chovera (Taboada Chivite, 1980: 166). Na igrexa de Teampull Phadruig, en Caher Island, fronte á costa de Maio (Irlanda), se conservaba unha pedra coa que os campesiños efectuaban un rito que tiña coma finalidade facer que se acabase a boa sorte da persoa á que se queria prexudicar. Para iso, abondaba con darlle a volta a dita pedra. Criase tamén que con esa acción se podia igualmente producir treboadas e furacáns e causar asi estragos nas embarcacións (Logan, 1980: 111). Entre os pescadores galegos conservouse ate mediados do século XX o costume de darlle a volta ás tellas de determinadas ermitas costeiras, crendo que asi se podia alterar a dirección dos ventos, e mesmo producilos , para favorecer o rumbo das embarcacións de vea.
      Todas estas prácticas naceron moi probabelmente debido a un antigo culto de orixe indoeuropeo que se rendia a unha divindade de ultratumba (Alonso Romeiro, 1996).
      Segundo Eladio Rodríguez Gónzalez, no seu "Breviario Enciclopédico", di que a Candeloria é "Aa Festa da Purificación da Nosa Señora que se celebra o 2 de febreiro.Segundo a crenza popular, o día da Candeloria casan os paxaros nas árbores. As funcións relixiosas que se celebran en Santiago de Compostela e noutros templos galegos non só simbolizan a pureza da Virxe Nai ó acendelas candeas e solta-las pombas no intre de alzar senón que, por vello costume, segundo Murguía (Galicia), representan tamén ó amor ás almas infantís,e os irmáns dos nenos mortos antes do bautismo; os que habían se-los seus padriños de pía botan ó chan xasmíns azuis entre o alzar da hostia e do cáliz, para que as inocentes criaturas xoguen con esas flores. Moitas nais poñen as candeas encol de feixes de romeo, planta funeraria, co gallo de que eses pobres seres vexan a luz divina, aínda que só sexa durante a misa da Purificación
      Para o pobo campesiño a Candelaria significaba o final do inverno, o fin das longas noites e dos dias sen luz, e tamén o comezo do ano agrícola posto que a vida retornaba gradualmente aos campos e aos cultivos. De modo que a candea que se acendia en cada lar para conmemorar esa data simbolizaba o regreso da luz. O seu significado propiciatorio foi recoñecido en toda a Cristiandade occidental, e as candeas que os devotos levaban á igrexa para que as bendixese o sacerdote na misa dese dia, se consideraba que adquirian poderes sobrenaturais para afastar aos malos espíritos, ás treboadas que puidesen ameazar aos sementados e tamén para axudar a calquera nos difícis trances dos ritos de paso (Gélis, 1991: 35), e na enfermidade (Branco Prado, 1990: 246).
      Nalgunhas aldeas da bisbarra de Verín (Ourense) púñase mesmo unha candea na man dos moribundos (Taboada Chivite, 1963:154). A xente das poboazóns costeiras de Guipúzcoa dáballe especial importancia ás candeas bendicidas ese dia, sobre todo as mulleres dos pescadores, que acostumaban acende-las cando a treboada ruxia no mar, pois se sentian angustiadas ante a posibilidade de que os seus homes o estivesen a pasar mal en medio do temporal, e esperaban unha melloria do tempo co poder milagroso desas candeas (Barandiaran Irízar, 1982: 194).
      Na vispeira da Candelaria os campesiños escoceses acendian candeas en torno a unha morea de centeo e palla para simbolizar a victoria do sol sobre as trebas do inverno. As candeas representaban o poder divino, vitalizador do sol do que dependian as colleitas (James, 1961: 233).
      Debo resaltar tamén que en algunhas aldeas galegas se levaba pan á misa da Candelaria. nas aldeas da vertente Sul de Corda (Mondoñedo, Lugo) as mulleres levaban á igrexa cestos de vimes cubridos cunha servilleta de liño. Dentro traían un pan caseiro e uns pequenos boliños, case como avelás, un por cada membro da família para que recebesen a benzón. Ao tornar ás suas casas repartian os boliños entre toda a família e acostumaban levalos nas faltriqueras durante todo o ano debido ao poder apotropáico que lles atribuían (Igrexas Alvariño, 1947: 488).
      Tamén na parroquia de Loureses (Ourense) utilizábase o pan como medio de protección ou profiláctico; sobre todo os nenos, aos que lles metian entre as súas roupas ou colgábanlles do pescozo un pedazo de pan para protexelos contra as meigas e o mal de ollo (Mandians Castro, 1984: 38).
      Sobre o significado da Candelaria na vida agrícola e pastoril queda constancia tamén en ditos tradicionais nos que a sabedoria popular nos transmite as súas crenzas empíricas, como no seguinte prognóstico portugués no que pervive ademais o atributo dunha vella divindade pagána que asumiu a Virxe:
      Se a Senhora da Luz chorar,
      está o inverno a acabar.
      Se a Senhora da Luz rir,
      está inverno para vir
      (Braga, 1986, II: 189).
      En Galicia coñecense tamén varios refráns que fan alusión á esperada melloría do tempo por esas datas:
      Pola Candeloria mitá do inverno vai fora.
      Se a Candeloria chora vai o inverno fora;
      se rí, o inverno quer vir;
      mais cal chorar, cal rir,
      medio inverno está por vir
      (Rodríguez González, 1958: v. «Candeloria »).
      Pervivencias do mundo das sombras da Antiguidade clásica podianse observar ainda a finais do século XIX nas misas que se celebraban o dia da Candelaria en Santiago de Compostela e Na Coruña. As mulleres que foran nais crian que as luces das candeas que acendian ese dia nas igrexas, eran as únicas luces que podian ver en todo o anos os fillos que se lles morreran sen ser bautizados e que estaban no Limbo (Murguía, 1982, I: 236-37).
      Fonte consultada: "Breviario Enciclopédico" de Eladio Rodríguez Gónzalez, Taboada Chivite, Mandians Castro.

      Escrito ?s 11:25:29 nas castegorias: opinióm
      por SCMadiaLeva   , 1744 palavras, 1983 views     Chuza!

      Endereço de trackback para este post

      Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

      Ainda sem comentários

        madialeva.gz@gmail.com
        Rua Serra de Ancares 18
        Horário
        De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
        CIF:G-27360825
          powered by b2evolution