Associa-te

    Palestina livre

    LNB 23/24

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

        Busca

      ENTREVISTA A ADEGA LUGO

      ENTREVISTA A ADEGA LUGO

      28-04-20

      A pandemia chegou ?oficialmente? en marzo, opinades que foi tarde, oportuna?
      Consideramos que estivo ben, en base á declaración da OMS. Cecais as medidas deberan ser tomadas antes (pero a cabalo pasado).

      Das medidas que adoptou o Goberno de España, hai algunha que vos pareza máis sobresainte?
      Consideramos que a orde debera ser mais elaborada, non pechar e punto. No confinamento criticamos que os meniños non podan saír á rúa. Nalgún sitio as persoas teñen permiso dunha hora para pasear. Se hai unha economía de guerra, poderían reconverter as fabricas, para a fabricación de máscaras se non hai. Non estamos dacordo co peche dos mercados de proximidade, xa que deberan manterse abertos. Ten moito mais risco un produto adquirido nun supermercado que nun mercado. Preocúpanos o feito de que esta aumentando o alimento envasado, xa que as compras por internet están en aumento, polo que se están xerando moito mais lixo debido aos envases, e debido aos obxectos de usar e desbotar, como por exemplo as luvas.

      O máis sobresinte de todas esas medidas foi, se cadra, o confinamento: Chegou tarde?, é demasiado longo?. É unha esaxeración?

      Non creemos que sexa unha esaxeración, ten que ser o que faga falla, o que chegou tarde foi a declaración da OMS. Por exemplo quen actuou a tempo Gro Harlem Bruntland nunha situación similar. Aínda que é unha situación moi difícil.

      As últimas medidas económico-laborais, de volta ao traballo, parécenvos acertadas?
      Volver ao primeiro confinamento, mentres non representen un perigo, non nos parece mal. Que haxa un fondo de solidariedade. As medidas non deberan ser as mesmas en Lugo que en Madrid.

      Que opinades de presencia militar, no comité ese de control da crise e nas rúas?, parécevos necesaria?, ou polo menos útil?
      O control non é necesario, non deberan ter tanto protagonismo nas roldas de prensa.

      Pensades que cando isto acabe todo vai ser como antes?
      Non. A economía vai verse moi afectada, e as relacións entre as persoas tamén, xa que pensamos que se van manter as distancias.


      Que vos parecen esas reacións da veciñanza ás 8 da tarde?, como foron evoluíndo?, que vos parece esa colaboración veciñal espontánea dende as xanelas? (o que o alcalde de Ribadeo chama a ?gestapo de xanela?)

      É saudable a cita das 20h da tarde, porque ten un certo aspecto positivo na estabilidade emocional e no coñecemento da veciñanza. Trataría de diferenciar estas reunións, cas persoas que se adican a acusar dende as xanelas.

      Como afecta isto á vosa actividade militante en xeral?
      É moito mais difícil, agora o centro de atención esta case nun único tema, pero tratamos de adaptarnos á situación coa campaña #EuFicoNaCasaConADEGA, para que por medio de vídeos e fichas divulgar certo material de educación ambiental, entre outros temas. As actividades habituais están adiadas, e nalgúns casos canceladas, polo que afectou bastante.

      Das campañas que tedes actualmente, hai algunha que se vira máis afectada?

      Todas, os roteiros, as actividades de educación ambiental en colexios, e mais campañas de educación ambiental como o proxecto ríos, ou o programa de compostaxe, quedaron adiados e nalgúns casos xa se optou pola súa cancelación.

      Credes que é conveniente dictar normas de caráter xeneralista para todo o Estado?
      Non, en ambosluto, las Espanhas si, la España non. Non pode pecharse da mesma maneira Lugo que Madrid.

      Do mesmo xeito, credes que se poden ditar as mesmas normas e obligacións para a zona rural que para áreas urbanas?
      As medidas deberan ser diferentes no rural que nas cidades, xa que no rural está despoboado e non hai a mesma densidade de persoas. Ademais, a norma de non poder acceder á terra se está mais de 500m para o autoconsumo, non nos parece nada ben.

      Opinades que está ben a libre circulación de persoas por todo o territorio estatal?, ou sería mellor blindar as fronteiras autonómicas, por exemplo?
      Debera que ser onde fose preciso, naqueles lugares onde houbese maior risco. Non hai que pechar toda Galiza se o foco está en Vilalba ou Vigo, por exemplo. As comunidades e alcaldes deberan ter mais liberdade de acción. A autonomía de Madrid ten que disolverse, quedando un microgoberno da cidade de Madrid. Nesta cidade hai unha concentración moi alta de poder, que conleva a un nivel moi alto de corrupción e desorde. Porque non se sabe quen manda, non hai un mando único, e tiñan que ter pechada a cidade, pero quen decide isto (Apuntamento de Curra). Se unha comunidade quere pecharse, como por exemplo Cataluña, deberan deixala pecharse.

      Escrito ?s 13:31:00 nas castegorias: album
      por SCMadiaLeva   , 748 palavras, 173 views     Chuza!

      Endereço de trackback para este post

      Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

      Ainda sem comentários

        madialeva.gz@gmail.com
        Rua Serra de Ancares 18
        Horário
        De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
        CIF:G-27360825
          powered by b2evolution free blog software