O FACHO: José Luís Rodríguez Fernández - "CARVALHO CALERO "

O FACHO: José Luís Rodríguez Fernández - "CARVALHO CALERO "

06-10-2010

José Luís Rodríguez Fernández, profesor e catedrático da USC, presentouse como alumno e discípulo de D. Ricardo Carvalho Calero, de quen dixo admirar a súa inmensa obra e por riba de todo ao ?home? pola súa coherencia, honestidade, estudo e dedicación a este pais ao que comezou chamando Galicia e acabou chamando Galiza.

A vida e obra de Carvahlo Calero (1910-1990) representan todo o século XX. Membro do Seminario de Estudos Galegos , frecuentado pola xente do grupo ?Nós?: Vicente Risco, Castelao, Otero Pedraio, Florentino Cuevillas. Rematada a guerra foi condenado a cadea perpetua que logo pasou a 12 anos e un día. Sae do cárcere no 41 e dedicase o ensino privado, así en 1950 vai para Lugo onde traballará como profesor e director do colexio Fingoi, desenvolvendo una importante labor pedagóxica e creativa.

A pesar da experiencia vital tan negativa, que a outros apartaría do galeguismo, el continua co seu empeño, sendo dos primeiros en recuperar o ritmo de publicación en galego. En 1958 ingresa na Academia Gallega con o discurso ?Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía?.

En 1965 incorporase como profesor de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén consegue rematar a sua oposición (proceso iniciado antes da guerra) para o ensino secundario.

A Universidade ofrécelle un soldo miserento, indigno. Tampouco outros medios, non hai nin biblioteca. Así D. Ricardo vese obrigado a publicar para crear materiais para as súas aulas, e publica en castellano para atraer alumnos e evitar suspicacias. En 1966 aparece a sua Gramática elemental del gallego común.

En 1972 Carvalho Calero consegue a primeira Cátedra de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Compostela. Os problemas entre as dúas tendencias normalizadoras chegan a causar fortes enfrontamentos entre os reintegracionistas e os isolacionistas. D. Ricardo defensor da tendencia reintegracionista ?galego e portugués non son máis que dúas polas da mesma arbore?, máis que existan diferencias fonéticas moi importantes para a unificación total, que tampouco ninguén pretendía nin sequera o propio Carvalho.

Consecuencia destas teimas coa normalización da lingua, D. Ricardo viuse relegado e marxinado, o que foi unha experiencia dura ante a que soubo demostrar a sua valía e dignidade persoal, pois nunca devolveu as ofensas.

O seu labor na universidade foi inmenso, chegando a dirixir 17 teses de licenciatura e 5 teses de doutoramento e representando a Universidade (USC) en todo tipo de actos con inmenso entusiasmo. En 1980 deixa a docencia pero a sua actividade creativa multiplicase, cultivando todos os xéneros: poesía, romance, teatro, ensaio...

O profesor José Luís fixo un repaso sobre temas de lingüística analizados por Calero, sinalando que o levaron, en ocasión, a rectificarse a si mesmo cuantitativamente e non tanto cualitativamente pois o seu sentimento e opinión sempre foron para unha unificación ?suficiente?.

Para rematar o público, con ampla representación da xuventude, contrastou opinións co conferenciante en animada conversa.

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

blog soft