Premios Literarios da Agrupación Cultural O Facho 2024 Poesía e Teatro Infantil
A seguir detállase polo miúdo a resolución dos concursos anuais de poesía e teatro da Agrupación Cultural O Facho:
Concurso de Teatro Infantil O Facho 2024
· Obra gañadora: Xoguetes e brinquedos
Autora: Raquel Castro Martínez
O xurado, composto por Manuel Lourenzo, Carmen Martínez e Diana Varela Puñal, valorou na peza teatral a adecuación ao público ao que vai dirixida, a súa estrutura, cunha proposta nunha constructio acaída, a calidade da lingua empregada, os toques futuristas e filosóficos que a dotan de modernidade e a súa estética fermosa fóra de tópicos, entre outras calidades.
Raquel Castro Martínez, licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, é unha profesora e escritora galega nada en Alxén (Salvaterra de Miño). Profesora de Lingua Galega e Literatura en educación secundaria. Fundou en 1999 a Asociación Teatral de Alxén, da que é presidenta e comezou a dirixir o grupo de teatro Ata Sempre de Alxén de dita asociación. Escribe as pezas dos dous grupos que pertencen á asociación, infantil e adultos. No IES Ribeira do Louro, onde traballa, coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro que se convoca en colaboración coa Editorial Galaxia e o Concello do Porriño. Neste mesmo centro coordina un grupo de teatro de alumnado da ESO.
Obra publicada:
Teatro
Entre fadas e lobos andamos todos (Meubook, 2013), Nunca nevou que non escampase (Meubook, 2012), A meiga e o emperador (Fervenza, 2015), A vendedora de palabras (Fervenza, 2015), As terapias da doutora Ledicia (Galaxia, 2016), A princesa e o labrego (Fervenza, 2017), A formiga fóra do carreiro (Galaxia, 2018), Dormente (Galaxia, 2021), Planeta Bugallo (Galaxia, 2022).
Narrativa
Bestiario doméstico (Galaxia, 2017), Nº atómico 74 (Fervenza, 2017), Sobremesas sobre versos (Galaxia, 2023)
Obtivo o Premio Simbad de Literatura infantil para o Recordo e o Alzheimer en 2022, gañadora no VI Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas en 2022, Lista OEPLI 2022, 2021, 2019, Premio de Honra no premio Estornela de Teatro 2014, Premio de relato curto Francisco Fernández del Riego 1997, Premio Igualando a lingua de relato curto do Concello de Cee 2014, entre outros.
Concurso de Poesía O Facho 2024
· Obra gañadora: A voz das anemones
Autor: Esteban Sanesteban Beceiro
O xurado, composto por Xulio López Valcárcel, Henrique Sánchez Rodríguez e Fernando Díaz-Castroverde, valorou as súas calidades poéticas, o crebacabezas estrutural con versos atinados, a orixinalidade dos textos, as subxacentes historias de temática variada e a lectura existencial, entre outros.
Esteban Sanesteban Beceiro, neurólogo de profesión, naceu en Ferrol hai 33 anos e estudou no IES Concepción Arenal desta cidade. Despois licenciouse en Medicina na Universidade Autónoma de Barcelona, realizou o seu doutoramento na Universidade de Heidelberg na Alemaña e especializouse en Neuroloxía en Madrid, cidade en que traballa actualmente como neurólogo.
Nota. O xurado quere facer mención tamén da obra presentada ao concurso de poesía Aos quatro ventos. Poética de fronteira 2018-2023, que, se ben non resultou gañadora, ten os seus valores literarios e anima ao seu autor/a a seguir escribindo.
Asdo. Henrique Sánchez Rodríguez
Agrupación Cultural O Facho
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com