Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025.
O vindeiro día 6 de maio, o escritor Rafael Lema Mouzo impartirá unha palestra co título:
Costa da Morte, un país de soños e naufraxios
Data: 6 de maio, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
Rafael Lema Mouzo (Ponte do Porto - A Coruña) é escritor, comunicador e empresario. A súa obra foi traducida ao francés e italiano. Autor de 23 libros individuais e 17 colectivos. Entre eles tres obras sobre a crónica marítima coruñesa (Costa da Morte-Sueños y Naufragios ; Costa da Morte-Crónica Marítima; Catálogo de Naufragios-Costa da Morte-Galicia).
Foi premiado nos certames de poesía Espiral Maior, Ardeiro, Concello de Carral e accésit do Premio Esquío. Finalista do premio Martín Sarmiento de novela xuvenil, premio Santa Bárbara de comunicación da cámara mineira de Galicia, premio iberoamericano de investigación Premio Cacique Orinoco por un traballo sobre a frota de Martin Padilla de 1596.
Contido da Palestra
A lenda negra dos naufragadores de barcos acompaña ao exitoso topónimo Costa da Morte. O autor tratou da lenda negra en varios libros, na charla se tratará sobre a casuística e as anécdotas no campo dos sinistros no mar. A costa galega é o tramo marítimo con mais naufraxios documentados do Atlántico e do mundo, coa Costa da Morte como epicentro e de aí o levado número de accidentes. As causas dos sinistros son varias e ningunha ten que ver cos naufraxios provocados. Nin nas costas galegas nin na Costa da Morte existiu xamais unha trama organizada para o naufraxio e saqueo de barcos. Non hai un só caso documentado de naufraxio provocado desde terra polos nosos antepasados. Non confundamos a rapina de bens aparecidos na praia tras un sinistro (raqueo), con provocar co acto de causar o mesmo para a pillaxe (naufragador).
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/250506-135/250506_135.mp3
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com