O FACHO: Día das letras galegas 2025: A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia, por MANUEL RICO VEREA

O FACHO: Día das letras galegas 2025: A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia, por MANUEL RICO VEREA

08-05-2025

O FACHO: Día das letras galegas 2025: A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia, por MANUEL RICO VEREA

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025.

O vindeiro día 13 de maio, o profesor e investigador sobre a música tradicional galega Manuel Rico Verea impartirá unha palestra co título:

Día das letras galegas 2025: A historiografía dos cancioneiros de música tradicional de Galicia

Data: 13 de maio, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Manuel Rico Verea desenvolve a súa actividade docente en Madrid, no país Vasco e, de volta a Galicia no ano 1978, implícase directamente no proceso de normalización da lingua galega na súa actividade pedagóxica e na súa actividade laboral, no Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña. Este compromiso co proceso de normalización lévao a desenvolver unha actividade de creación, investigación e publicación de obras sobre a música tradicional e a súa aplicación pedagóxica e outras obras de lingua, de literatura e da actividade normalizadora.

Formou parte do grupo musical A Quenlla. Actualmente dirixe un taller experimental de música tradicional. Autor de diversas publicacións no ámbito musical, pola súa actividade cultural na radio e na prensa recibiu o Premio do Ministerio de Cultura á mellor labor cultural continuada no ano 1985, o Premio do Ministerio de Cultura ó mellor programa radiofónico no ano 1987 e o Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1989 que se emitiu en Radio Nacional de España en Galicia.

Sinopse da Palestra:

O día das Letras Galegas deste ano 2025 está dedicado ás cantareiras Adolfina e Rosa de Cerceda, Asunción e Prudencia Garrido Ameixenda, mais Manuela Lema de Malpica e Xosefa Eva Castiñeira de Muxía. Seis mulleres labregas que personalizan unha homenaxe a todas e todos os informantes, cantareiras e pandereteiras que souberon gardar o legado poético e musical dos seus antepasados e transmitirllo ós colectores e ás novas xeracións que recolleron este tesouro musical e literario que Rosalía de Castro revalorizou definitivamente con Cantares Gallegos.

As recolleitas do corpus da literatura popular de Galicia comezan con frei M. Sarmiento (1695-1772), o cura de Fruime (1698-1777) e frei Xoán Sobreira Salvado (1746-1805).Non tardarán en aparecer os colectores do corpus da música tradicional: Marcial Valladares e Marcial del Adalid marcan os primeiros pasos. Despois deles virá un ronsel de colectores que forneceron o coñecemento e o rexistro das coplas e das melodías que culmina coa publicación do Cancioneiro popular galego de Dorothé Schubart e Antón Santamarina.

Esta é una recolleita planificada cun estudo sistematizado no ámbito literario e musical que marca un antes e un despois do cancioneiro de tradición oral de Galicia que corrixe a visión dun folklorismo urbano.

PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/rico-verea/RicoVerea.mp3

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution free blog software