O FACHO: A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue, por FRANCISCO ASCÓN BELVER

O FACHO: A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue, por FRANCISCO ASCÓN BELVER

28-05-2025

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2025.

O vindeiro día 27 de Maio, o animador sociocultural, activista e escritor Francisco Ascón Belver impartirá unha palestra co título: A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue

Data: 27 de Maio, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Francisco Ascón Belver é Experto Universitario en Animación Sociocultural e a maior parte da súa vida laboral ten estado vencellada coa Educación de adultos, de persoas migrantes e de persoas con diversidade funcional. Dende hai 17 anos, fai parte do equipo da Universidade Sénior da UDC, desenvolvendo, entre outras, tarefas de internacionalización, mobilidade e innovación, como o Programa de Democratización do Coñecemento, en comarcas afastadas dos campus.

Militante desde moi novo no anarcosindicalismo, participou en diversas iniciativas para a recuperación da memoria histórica libertaria na Coruña, como a Asociación Cultural ?Idea Libre? nos anos 90 ou as Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria, a principios do presente século. Na actualidade é membro da Comisión confederal de Memoria Libertaria da CGT, socio de Refuxios da Memoria e fai parte do equipo promotor da Biblioteca e Arquivo Obreiro ?Aurora? da Coruña. Administra a web memorialibertarianagaliza.org e ten publicado artigos sobre historia do movemento obreiro e as loitas populares en medios como ?Rojo y Negro? de Madrid, o semanario ?La Campana? de Pontevedra, e proximamente na revista ?Libre Pensamiento?, a nivel estatal.

Coordina tamén o Club on-line de lectura de poesía En-RED-Versad@s, creado en 2014, pero que cobrou vida propia en 2023: un espazo autoxestionado de aprendizaxe colaborativa.

Unindo o eido literario e a memoria histórica, ten sido recoñecido recentemente cun accésit no XI premio literario ?Descubrindo Oleiros? por un relato sobre a fuga do barco ?María Helena J.? desde Mera ata Francia en outubro de 1937. A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue.

Contido da palestra:

A finais de maio de 1901, a cidade da Coruña quedou paralizada por unha folga xeral que había de durar tres días, convocada polas sociedades obreiras trala morte a noite anterior, dun traballador en folga. O medo da burguesía local e as estruturas estatais ante o pulo da organización obreira, que fora quen de deter a cidade nunha noite, provocou a brutal represión que de seguido sufriron as traballadoras e traballadores e que deixou as rúas tinguidas de sangue obreira, a cidade e maila súa contorna en estado de sitio e baixo mando militar por varios meses, e o nacente movemento obreiro da cidade herculina perseguido e criminalizado cos seus responsables presos nas cadeas da cidade ou en presidios lonxe dos seus, e as sociedades obreiras suspendidas.

Case 125 anos despois de ter acontecido, o relato dos sucesos na Coruña logo da chamada ?folga dos consumeiros? permitirá achegármonos a un retrato da nosa cidade a finais do s.XIX. Unha cidade en pleno proceso de cambio cara a modernidade, e sinaladamente, ao nacemento do movemento obreiro coruñés e da organización dos traballadores e traballadoras, que logo marcarán os anos posteriores no decorrer do s.XX ata a feroz e sanguinaria masacre que comezou en xullo de 1936.

Mais a lembranza do ocorrido continúa viva hoxe grazas ás investigacións e publicacións realizadas, pero tamén grazas ao propio pobo que uns anos máis tarde levantou, por subscrición popular e a iniciativa das sociedades obreiras, o memorial que recorda no cemiterio de Santo Amaro aos traballadores e traballadoras asasinadas. Un pobo que continúa aínda hoxe lembrando cada ano que a historia, como a liberdade, é unha obra colectiva, que milleiros de mans, anónimas pero organizadas, procuran e acadan os avances con loita e esforzos compartidos, nun camiño de emancipación polo que aínda avanzan os nosos pasos.

PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/27-de-maio-20.04/27%20de%20maio%2C%2020.04_.mp3

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution