Agrupación Cultural O Facho
Rua: Frederico Taipa 12-1º-C
15005 Corunha
A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convida-o asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2010-11
Palestra
O vindouro día 5 de outubro, terça-feira (martes), o profesor e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Luís Rodríguez Fernández falará dentro do ciclo, Lingua, Literatura e Nación. A súa charla versará sobre: ?Carvalho Calero?.
Dia: 5 de outubro 2010 - Hora: 8 do serám
Local: Fundaçom Caixa Galiza
Cantom Grande ? Corunha
O profesor Victorino Pérez Prieto iniciou a sua disertación cunha pregunta:
-¿Será moito dicir que Prisciliano sexa símbolo do pobo galego?
Reconstruír a figura histórica de Prisciliano non é doado pola teima da Igrexa en borralo, máis de 200 anos adicou a tal empresa, sen chegar a conseguilo. Sábese que viviu nos anos 345 a 385, que foi un home culto que chegou a ser bispo de Avila, e ao que seguiron tanto o pobo como moitos bispos, que morreu decapitado por herexe. Os mellores traballos sobre a sua importante figura son alemáns, incluso de ingleses ou franceses.
Pero para Galiza é tan importante a realidade histórica de Prisciliano como a realidade mítica. Pobre do pobo que mate os seus mitos. A cultura galega naceu despois de Prisciliano, uns escribían a favor de Prisciliano e outros encontra.
Victorino Pérez contounos como falaron de Prisciliano algúns galeguistas.
-Vicente Risco :?Prisciliano é algo tan grande, encerra un misterio tan profundo que non sei se os galegos chegaremos endexamais a descubrilo e que sabe se moito do noso porvir non pende diso?.
-Castelao: ?Galiza abrazou o cristianismo de Prisciliano durante máis de 100 anos. Conciencia mítica de Galiza?.
-Portela Valladares: ? Sempre constituirá un forte valor e a sua elevada figura moral debe presentarse para todos como un dos máis rexos da nosa Galiza...?
-Destacou sobre todos a fascinación que lle transmitiu por Prisciliano D. Ramón Otero Pedrayo, que escribiu: ? Prisciliano é a maior individualidade que Galiza xerou...?
O profesor e autor do libro ?Prisciliano na cultura galega? dixo que será difícil chegar a saber con certeza quen foi Prisciliano, pero non cabe dubida de que é unha realidade mítica para o pobo galego. ¿O santo enterrado en Compostela non será Prisciliano? Por ala andou con certeza.
20-09-2010
Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Frederico Taipa 12-1º-C
15005 Corunha
A Agrupaçom Cultural O Facho da Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2010-11
Palestra
O vindouro dia 28 de setembro, terça-feira (martes), o profesor, escritor e doutor en teologia Vitorino Pérez Prieto falará dentro do ciclo, Economia, História e C.C. Sociais. A sua charla intitula-se: ?Prisciliano como símbolo do povo galego?.
Vitorino Pérez Prieto naceu en Hospital de Órbigo (León) .Estudou Bacharelato, Debuxo e Pintura, Filosofía e Teoloxía (1973-79) en Santiago de Compostela, licenciándose en Teoloxía Dogmática na Universidade Pontificia de Salamanca (1981). Realizou cursos de Teoloxía e Sagrada Escritura na Universidade de Comillas en Madrid (1994-95) e fixo o Doutoramento en Teoloxía na UPSA (Salamanca) cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de Raimon Panikkar. Foi ordenado sacerdote en 1981. Durante vintecinco anos (1981-2006) exerceu como párroco. Foi profesor no Instituto "I.B. de Burela" e na "Escola Diocesana de Teoloxía". Actualmente é profesor nas Universidades da Coruña e Santiago. Foi director da revista "Irimia", e pertence ó Consello de Redacción de "Encrucillada".
É escritor prolífico en xornais, revistas e libros. Foi colaborador de ?El Progreso? , ?Diario de Ferrol?, ?La Voz de Galicia?, ?La Región?, ?El Faro de Vigo?, ?Heraldo de Vivero?, ?La Comarca del Eo"... Publicou numerosos artigos nas revistas "Irimia" e "Encrucillada". É colaborador de ?A Nosa Terra? e de numerosas revistas galegas e estranxeiras.
Publicou: "A Xeración 'Nós'. Galeguismo e relixión" (1988); "Cristiáns e galeguistas",(1994); "Galegos e cristiáns. Deus fratresque Gallaetiae", (1995); "Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo", (1997); "A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia Santa Margarida",(1998); "Ecologismo y cristianismo",(1999); "Con cordas de tenrura", SEPT-Galaxia, Vigo (2000); "Con cuerdas de ternura",(2001); "Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa). Unha aposta pola esperanza",(2005). "Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego",(2007). "Obras de teatro para o Nadal",(2009) e "Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario", Galaxia, Vigo (2010). "Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar", e "Dios, Hombre Mundo. La Trinidad en Raimon Panikkar", Herder, Barcelona (2008).
Colaborou en moitos máis libros, entre eles: "O idioma da Igrexa en Galicia",1989; "Castelao e a verdade dos pobres"; "Manuel María, poeta relixioso", 2001; ?A presenza de Deus na última poesía galega?,2006; ?A dimensión teolóxica do camiño?,2007; ?A Igreja do futuro?, en "Ser Igreja", Lisboa 2007
É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación de Teólogos Juan XXIII, do Centro Interculturale Raimon Panikkar-Italia e doutras asociacións.
Dia: 28 de setembro 2010 - Hora: 8 do serám
Local: Caixa Galiza
Rúa Médico Rodríguez ? Corunha
Secretaria d?O Facho
Findando as actividades organizadas polo O Facho para a tempada 2009/10, o dia 1 do mês que corre, o empresário Rafael Cuiña intervéu dentro do ciclo Economia, História e C.C. Sociais o dia 1 Junho com umha charla intitulada ?O galeguismo na encruzilhada do século XXI?.
Com umha sala ateigada de interessado público o palestrista demandou a definiçom de Galiza como Naçom num novo Estatuto reformado e
umha discriminaçom positiva para a Língua galega defendendo o necessário equilíbrio de galego e castelá no sistema educativo através
de umha discriminaçom positiva para o idioma que parte em inferioridade. Esse nom é outro que o galego.
Assim mesmo fizo umha critica contundente aos defensores da recuperaçom do centralismo madrilenho, que tenta nos retroar a situaçons que dariam fim ao Estado das Autonomias. Também demandou a conveniência de rebaixar do 5% ao 3% a percentagem necessária de votos para ter presença institucional, posto que a actual situaçom é um grande atranco para que se podam expressar a realidade política e social do País.
Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Frederico Taipa 12-1º-C
15005 Corunha
A Agrupaçom Cultural O Facho da Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2009-10
Palestra
O vindouro dia 1 de Junho, terça-feira (martes), o empresário Rafael Cuinha falará dentro do ciclo, Economia, História e C.C. Sociais. A sua charla intitula-se: ?O galeguismo na encruzilhada do século XXI?.
Rafael Cuinha é membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeus e Autonómicos (IGEA) e igualmente um reconhecido empresário do País. Também esta a colaborar como articulista no jornal electrónico ?Vieiros?, assim como no ?Xornal de Galicia?. Em ambos os dous médios mostra um nídio posicionamento na defesa da Língua e Cultura Galegas. Participou no foro de debate ?Ecolíngua? partilhando sobre o futuro da nossa Língua.
Dia: 1 de Junho 2010 - Hora: 8 do serám
Local: Fundaçom Caixa Galiza
Cantom Grande ? Corunha
J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d?O Facho
O dia 25 de Maio e com umha sala ateigada de interessado público, o escritor e Presidente da R.A.G., Xosé Luís Méndez Ferrín falou dentro do ciclo, Língua, Literatura e Naçom. O conferencista compartilhou com a cidadania assistente a presença de Galiza e a sua história no seu dizer poético.
Com umha exposiçom clara sobre o contido de cada poema antes de encetar o seu recitado, Méndez Ferrín, mostrou a transcendência na sua obra poetica o devir histórico de Galiza desde Martinho de Dume, Rói Xordo, até o dia de hoje. Findou com a leitura de um fermoso poema adicado ao grande revolucionário, Fidel Castro. No transcurso da sua leitura assim como ao rematar a mesma foi interrompido com grandes aplausos.
Num agarimoso acto fizo-se entrega dos prémios de literatura infantil ? Contos de nenos para nenos?.convocados pola nossa Agrupaçom. A mesa esta composta polos membros do júri : Mar Hermida, José Mondelo, assim como polo presidente d'O Facho, J. L. Rodríguez Pardo e a vogal responsável desta actividade, Soledad Glez. Maside. O escritor e membro do júri, Xavier Docampo nom pudo assistir, mas enviou umha nota que foi lida Sol para logo lhe a entregar aos premiados
Os premiados fôrom agasalhados com livros, diplomas, e o prémio correspondente, sendo os mesmos:
1º.- Prémios da Categoria A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos)
Primeiro prémio: ?Evaristo o piollo listo? de Matías Núñez Gil
Aluno do IES Celanova (Ourense)
Segundo prémio: ?Un verán moi especial? de Lorena Barrera López
Aluna do CEIP Vista Alegre, Burela (Lugo)
2º.- Prémios da categoria B. (Rapazes e rapazas de 13 a 16 anos)
Primeiro prémio: ?Seis de diamantes? de Brais Lamela Gómez
Aluno do IES Basanta Silva de Vilalba (Lugo)
Segundo prémio: ?...E na terra, un mar de bágoas? de
Laura Rivadulla Costa
Aluna do IES Agra de Raízes,Cée (Corunha)
Accesit categoria B:
?Unha bágoa e mais unha flor? de Uxía Barrientos Reboiras
Aluna do IES Agra do Orçam, Corunha
?O meu xardín maldito? de Sofía Calvo Soares
Aluna do IES As Lagoas (Ourense)
Ao findar o acto houvo umha ceia homenagem aos rapazes e raparigas premiados.
Agrupación Cultural O Facho
Rua: Frederico Taipa 12-1º-C
15005 Corunha
A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convida-lo asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2009-10
Palestra
O vindouro día 25 de Maio, terça-feira (martes), o escritor e Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín falará dentro do ciclo, Lingua, Literatura e Nación. A súa charla versará sobre: Galicia na poética de X. L. Méndez Ferrín.
O profesor Méndez Ferrín é Doutor en Filoloxía e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Desde o 23 de xaneiro preside a RAG. Foi profesor de literatura no Instituto Santa Irene de Vigo. Dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Preparou a edición crítica do Cancioneiro de Pero Meogo e como ensaísta publicou De Pondal a Novoneyra.
Deuse a coñecer como poeta coa obra Voces na néboa, á cal seguiron Antoloxía popular, asinado co heterónimo de Heriberto Bens; Sirventés pola destrucción de Occitania; Con pólvora e magnolias, Premio da Crítica; Poesía enteira de Heriberto Bens, O fin dun canto, Erótica, Estirpe, Premio Losada Diéguez.
Como narrador publicou: Percival e outras historias; O crepúsculo e as formigas; Arrabaldo do norte; Retorno a Tagen Ata; Elipsis e outras sombras; Antón e os inocentes; Crónica de nós; Amor de Artur; Arnoia, Arnoia; Bretaña Esmeraldina, Premio da Crítica de Galicia, Arraianos, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Crítica Española, e No ventre do silencio, Premio Eixo Atlántico. En 1999 foi proposto pola Asociación de Escritores en Lingua Galega para o Premio Nobel de Literatura.
Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere.
Día: 25 de Maio do 2010 - Hora: 8 do serán
Local: Fundación Caixa Galiza
Cantón Grande ? Coruña
J. Alberte Corral Iglesias
Secretario d?O Facho
Num agarimoso acto fizo-se entrega dos prémios de literatura infantil ? Contos de nenos para nenos?.convocados pola nossa Agrupaçom. A mesa esta composta polos membros do júri : Mar Hermida, José Mondelo, assim como polo presidente d'O Facho, J. L. Rodríguez Pardo e a vogal responsável desta actividade, Soledade Glez. Maside. O escritor e membro do júri, Xavier Docampo nom pudo assistir, mas enviou umha nota que foi lida Sol para logo lhe a entregar aos premiados
Os premiados fôrom agasalhados com livros, diplomas, e o prémio correspondente, sendo os mesmos:
1º.- Prémios da Categoria A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos)
Primeiro prémio: ?Evaristo o piollo listo? de Matías Núñez Gil
Aluno do IES Celanova (Ourense)
Segundo prémio: ?Un verán moi especial? de Lorena Barrera López
Aluna do CEIP Vista Alegre, Burela (Lugo)
2º.- Prémios da categoria B. (Rapazes e rapazas de 13 a 16 anos)
Primeiro prémio: ?Seis de diamantes? de Brais Lamela Gómez
Aluno do IES Basanta Silva de Vilalba (Lugo)
Segundo prémio: ?...E na terra, un mar de bágoas? de
Laura Rivadulla Costa
Aluna do IES Agra de Raízes,Cée (Corunha)
Accesit categoria B:
?Unha bágoa e mais unha flor? de Uxía Barrientos Reboiras
Aluna do IES Agra do Orçam, Corunha
?O meu xardín maldito? de Sofía Calvo Soares
Aluna do IES As Lagoas (Ourense)
Ao findar o acto houvo umha ceia homenagem aos rapazes e raparigas premiados.
O poeta Júlio Lopes Valcárcel falou da figura do homenageado neste ano o também poeta Uxío Novo-Neira ante um interessado público que acudiu aos eventos programados pola nossa Agrupaçom com o galho do dia das ?Letras Galegas?
O conferencista compartilhou com a cidadania presente as suas reflexons nom só sobre a pessoa do grande poeta da Terra, Uxío Novo-Neira, senom também sobre a transcendência da sua obra poética. Com umha exposiçom clara e documentada, Júlio L. Valcárcel mostrou o devir literário e existencial do autor de ?Os Eidos? nos duros anos da tirania nacional-católica que asovalhou ao País por mais de quarenta anos.
Ao findar a sua exposiçom houvo um colóquio com umha grande participaçom dos assistentes
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com