OPS! no IES Saturnino Montojo de Ferrol
Os alunos e alunas do IES Saturnino Montojo, com a docente Antia Cortiças

Foi unha experiencia interesante e moi produtiva, para o meu gusto. Sorprendeume moito que, ao falar a monitora en portugués, non tiveramos ningún tipo de problema á hora de entendela, agás algunha palabra da que deducimos o seu significado polo contexto. Aprendemos moito sobre a cultura portuguesa e sobre a súa relación coa cultura galega. Tamén nos ensinaron que saber galego nos dá unha gran vantaxe sobre o resto de persoas que queren aprender portugués, xa que se falamos portugués, castelán e inglés podémonos comunicar coa maioría de persoas do mundo e que non só nolo din os nosos mestres para que non deixemos de lado o galego, senón que é unha realidade.

Historia da lingua
Eu creo que dar a historia da lingua galega dende a súa orixe ata a actualidade foi unha idea moi boa, porque, aínda que sabemos falar a nosa lingua, precisamos saber a súa historia, as súas dificultades, os seus defensores e as razóns da súa opresión... e é que a historia da nosa linga forma parte de nós e da nosa familia e se non a coñecemos, non nos coñecemos a nós mesmos.

Este foi un ano moi interesante, com cousas novas que aprendemos. Este ano intereseime máis polo galego fóra da escola e houbo unha frase que me gustou moito e coa que quero rematar o meu comentário: ?EU NUNCA SEREI YO?

María Prieto Saavedra,
na revista Nós Tamén do Equipo de Normalización Linguística
do IES Saturnino Montojo

Este curso foi moi interesante e aprendín moito. Unha das cousas que más me gustou foi a clase de portugués que tivemos.

Aprendemos moitas cousas sobre este idioma e ademais, graza á rapaza que nolo deu, puiden escoitar de boca dunha presoa de fóra o útil que é o galego para o noso futuro laboral. Aínda que xa o escoitara anteriormente é distinto cando o di unha persoa que vive fóra de Galicia á que de verdade lle serviu de moito.

Definitivamente foi um curso moi bo e paseino moi bem. Debo agradecer aos meus compañeiros e aos profesores este curso tan fantástico.

María Prieto Solano,
na revista Nós Tamén do Equipo de Normalización Linguística
do IES Saturnino Montojo

Sem comentários ainda

Contacto OPS!

  Feeds XML
powered by b2evolution CMS