A alcaldesa, Socorro Cea, abriu esta mañá a primeira sesión do obradoiro, dirixida a alumnado de 3º de ESO.
O alumnado de 3º da ESO do IES de Melide tivo hoxe unha mañá especial ao participar no obradoiro de portugués que promoveu o Concello de Melide e o IESda localidade e que presentou a alcaldesa, Socorro Cea e a directora do centro, Margarita Quintela.
En dúas sesións, unha ás 09.30h e outra ás 11.45h, o alumando de 3º da ESO participaron nesta iniciativa que consistía en achegar conceptos básicos do portugués como canle de comunicación máis aló do país veciño. O obradoiro dispuxo de 100 minutos por quenda para interactuar cos alumnos sobre as razóns polas que o portugués é a día de hoxe a sexta lingua máis falada no mundo, e a oficial en oito países, un deles Brasil, nova potencia emerxente.
Para o desenvolvemento deste obradoiro, un relator da AGAL (Asociación Galega da Lingua), Henrique González, empregou unha serie de textos en portugués procurando a interacción cos alumnos nas distintas partes da exposición. O uso de música portuguesa e outros aspectos desta cultura serviron tamén como recursos para o bo desenvolvemento do obradoiro.