Obradoiros de portugués, OPS!
iv class="post-body entry-content" id="post-body-7858907536948806568">Continuamos o traballo de dinamización iniciado en abril con dous obradoiros de portugués, OPS!, impartidos por Iria Mayer da AGAL.
Desta volta celebráronse no IES Mendiño, para alumnado de 1º de bacharelato, e no IES Pedro Floriani, para alumnado de 2º e 3º da ESO.
De novo o alumnado puido constatar que grazas a sermos galegos e termos unha lingua de noso somos quen de entendernos en medio mundo. Temos pois unha vantaxe fronte a outras persoas que non saben galego; esa é a nosa vantaxe competitiva.