OPS! no IES do Porto do Som

Esta semana a biblioteca volveu ser unha fiestra aberta ao mundo. Sabedes do noso interese en achegarvos ao país irmán, Portugal, e á súa lingua (visita á biblioteca de Viana do Castelo, lecturas recomendadas?). Puxémonos en contacto coa Asociación Galega da Lingua (AGAL) e, xunto con Normalización, organizamos un obradoiro de portugués para dous grupos de 4º de ESO. Da man de Carme Saborido, soubemos un pouco máis da cultura, da lingua, falamos, cantamos? Ficamos tan satisfeitos que estamos valorando a posibilidade de ofertalo a outros grupos.


Así viron os alumnos e alumnas de 4º D e a súa profesora, María Buño, o obradoiro:

«Dúas horas entretidas, nas que repasamos xeografía a través dos lugares da lusofonía.

Carme, a conferenciante, recordounos que o portugués, como lingua oficial do Brasil, está dentro do BRIC (Brasil, Rusia, India e China), é dicir, dun dos países que nun futuro próximo será primeirísima potencia. Aprendemos que o portugués é a lingua oficial en oito países de distintos continentes (Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea, Angola, Mozambique, Timor Oriental e San Tomé-Príncipe). Tamén descubrimos lugares curiosos de fala portuguesa, como Macao (na China) e Goa (na India). Despois practicamos fonética. Comprobamos que do galego ao portugués hai un pasiño con pequenas diferenzas (irmâo/ irmán); que en galego podemos comunicarnos co portugués porque son irmáns xemelgos. Pero, ollo!, que tamén vimos que hai falsos amigos, esas palabras que parecen ser o que non son».

Ainda sem comentários

Contacto OPS!

  Feeds XML
powered by b2evolution free blog software