Ops! no CPI de Cervantes

O mércores once de abril tivemos un obradoiro de portugués para todos os alumnos. Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial. Ensináronnos os lugares onde se fala esta lingua, vídeos de famosos portugueses e brasileiros, aprendemos a pronunciar algunhas palabras, escoitamos unha canción de Adriana Calcanhotto e logo completamos os ocos con palabras?
O que máis nos chamou a atención foi o pouco valorado que está o galego. A nós resultaríanos moi fácil aprender esta lingua, pois o galego e o portugués son irmáns, proveñen os dous do latín. Ademais teriamos facilidade para ir, por exemplo, traballar ao Brasil, pois coñeceriamos o idioma. Aprendemos que grazas ao galego podémonos comunicar con moita xente porque o idioma de Portugal está entre as linguas máis faladas do mundo con máis de douscentos millóns de falantes. Algo que, ata o de agora, non nos pararamos a pensar. Rematamos o obradoiro apuntando unhas páxinas web para poder entrar ou investigar un pouquiño máis. Foi moi divertido.

Alumnado de 1º de ESO

Ainda sem comentários

Contacto OPS!

  Feeds XML
powered by b2evolution