OpS! no IES Perdouro de Burela

Durante este luns día 19 e o martes día 20 de novembro tiveron lugar no IES Perdouro seis obradoiros de portugués (?OPS!? O Português Simples) dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato.

Esta iniciativa puido levarse a cabo grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e da Associaçom Galega da Língua e tiña como obxectivo mostrarlle ao alumnado do noso Centro a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua, o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercados laborais.

Porque o noso alumnado, ao rematar a secundaria obrigatoria, descoñece que o portugués, a través do galego, pode formar parte do seu currículo e que, ao coñecelo, se abrirán moitas portas no mercado laboral de países de economía emerxente como é o Brasil. Porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor como consecuencia da globalización e o portugués, a través do galego, ampliará o seu ámbito formativo e laboral.

Ainda sem comentários

Contacto OPS!

  Feeds XML
blog software