OPS! no Português Perto de Ourense

La Región, 7 de março de 2017

"Ao obradoiro 'OPS! O galego como oportunidade competitiva e privilexiada' asistiu o alumnado da materia Patrimonio Cultural, impartida pola antropóloga Fátima Braña no segundo curso do grao de Turismo. Seguindo o modelo dos obradoiros celebrados en anteriores edicións de Portugués Perto, a sesión tivo un carácter principalmente práctico co obxectivo de que os asistentes se fixesen conscientes das portas que lles abre o galego no mundo, non só desde un punto de vista de enriquecemento cultural senón tamén de desenvolvemento profesional. 'A lingua é un patrimonio cultural fundamental e é necesario que o alumnado a teña en conta non só como un medio de expresión e identidade senón tamén de crecemento profesional', explicou Fátima Braña. Este obradoiro, apuntou a docente, dá en cada edición moi bos resultados, abrindo ao alumnado asistente unha nova perspectiva sobre a lingua galega e a portuguesa."

O galego, unha chave para acceder "case sen esforzo" ao mundo lusófono, Rosa Tedín

Ainda sem comentários

Contacto OPS!

  Feeds XML
blog tool