Portugal tan cerca e tan lonxe. Polo menos ata agora. Para o alumnado de 3º, 4º de ESO, 1º e 2º de BAC despois de asistir o curso OPS (O Português Simples) -ideado por AGAL (Associaçom galega da limgua) e ofertado pola Diputación de Lugo- xa está un pouco máis cerca.

O curso, basicamente, consistiu en mostrar de xeito práctico os moitos aspectos comúns ou de proximidade entre galego e portugués que fan que poidamos entender esta lingua sen ningún tipo de problema a partir da nosa; ofrecer un pequeno estudo do lugar que ocupa no mundo a lusofonía desmontando o tópico de que "o galego non serve máis que para andar pola casa", vinculando tamén este feito, ás posibilidades laborais que se abren co coñecemento destas linguas...

Dentro da programación que a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol de-señou para conmemorar o Día das Letras Galegas atópanse os obradoiros de portugués simple, unha actividade solicitada por un total de seis centros educativos da cidade con ensinanzas de Secundaria. Onte, a proposta chegou ao IES Ricardo Carballo Calero logo de pasar o martes polo CPR Jesús Maestro e o Saturnino Montojo.
Dous monitores foron os encargados de introducir aos alumnos de 1º de Bacharelato na “sexta lingua máis falada no mundo, oficial en catro continentes e 8 países, entre eles Brasil, unha potencia emerxente”, segundo se informa na propia actividade.
A actividade, desenvolvida baixo o título “Ops, a lingua é a nosa vantaxe”, ten entre os seus obxectivos amosar ao alumnado que o galego “é unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués”.
Estes obradoiros forman parte dun programa máis amplo, presentado a semana pasada polo goberno ferrolán e que inclúe diferentes propostas, a meirande parte desenvolvidas en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

A pasada semana estivo no centro Noemí Pinheira poñendo en práctica o OPS! co alumnado do centro. Ela é unha das mestras deste proxecto que está a achegar á escola o idioma máis cercano ao noso. Tanto lingüística como xeograficamente, o portugués é a nosa lingua irmá. E, ao tempo, unha grande descoñecida. Pode supoñer, nestes tempos de crise, unha oportunidade laboral e económica para o futuro? O OPS! axúdalle aos nenos a facerse estas e outras preguntas.
http://www.edu.xunta.es/centros/cpivirxedasaleta/node/89

Dous momentos do curso OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES, que impartiu esta mañá Loaira no IES Breamo para alumnos e alumnas de 2º de ESO e 1º de Diversificación.


Loaira Martínez Rey é de Compostela e tem a licenciatura de Filologia Portuguesa. Pertenceu ao Grupo de Investigação GALABRA onde desenvolveu um trabalho sobre a produção literária das mulheres do Séc.XVIII em Portugal. Depois de várias estadias com bolsas de estudo em Lisboa, decidiu estabelecer-se na capital portuguesa no ano 2006. Atualmente reside em Compostela onde se dedica a diferentes atividades, entre as quais traduções e OPS!
FAÇA CLICK NAS IMAGENS PARA DESCARREGAR AS UNIDADES DIDÁTICAS:

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 >>