O mércores once de abril tivemos un obradoiro de portugués para todos os alumnos. Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial. Ensináronnos os lugares onde se fala esta lingua, vídeos de famosos portugueses e brasileiros, aprendemos a pronunciar algunhas palabras, escoitamos unha canción de Adriana Calcanhotto e logo completamos os ocos con palabras?
O que máis nos chamou a atención foi o pouco valorado que está o galego. A nós resultaríanos moi fácil aprender esta lingua, pois o galego e o portugués son irmáns, proveñen os dous do latín. Ademais teriamos facilidade para ir, por exemplo, traballar ao Brasil, pois coñeceriamos o idioma. Aprendemos que grazas ao galego podémonos comunicar con moita xente porque o idioma de Portugal está entre as linguas máis faladas do mundo con máis de douscentos millóns de falantes. Algo que, ata o de agora, non nos pararamos a pensar. Rematamos o obradoiro apuntando unhas páxinas web para poder entrar ou investigar un pouquiño máis. Foi moi divertido.Alumnado de 1º de ESO
Desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo, xunto coa Associaçom Galega da Lingua (AGAL), desenvolveuse un obradoiro co obxectivo de lle mostrar ao noso alumnado a vantaxe competitiva que representa o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués(Brasil, Portugal, Angola...)e, por tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral. Trátase de promover o achegamento ao mundo lusófono, no convencemento de que é un reforzo para o estatuto da lingua galega e unha porta máis a mellorar a formación dos nosos mozos e mozas.
Noemí Nogueiras, coordinadora de OPs!, estuvo no noso Centro os días 18 de abril e 30 de maio nunha actividade que, estamos seguros, resultou moi proveitosa para o noso alumnado.
Grazas Noemí!
Este obradoiro de cen minutos de duración pretende achegarlles ós rapaces as vantaxes que ten o coñecemento do galego para comprendermos facilmente a lingua portuguesa.
Cunha actividade sobre a canción de Adriana Calcanhoto rematou o obradoiro.Pero a canción que houbo que escoitar e cantar, a petición do alumnado, foi a popular "Ai se eu te pego".
Portugal tan cerca e tan lonxe. Polo menos ata agora. Para o alumnado de 3º, 4º de ESO, 1º e 2º de BAC despois de asistir o curso OPS (O Português Simples) -ideado por AGAL (Associaçom galega da limgua) e ofertado pola Diputación de Lugo- xa está un pouco máis cerca.
O curso, basicamente, consistiu en mostrar de xeito práctico os moitos aspectos comúns ou de proximidade entre galego e portugués que fan que poidamos entender esta lingua sen ningún tipo de problema a partir da nosa; ofrecer un pequeno estudo do lugar que ocupa no mundo a lusofonía desmontando o tópico de que "o galego non serve máis que para andar pola casa", vinculando tamén este feito, ás posibilidades laborais que se abren co coñecemento destas linguas...
Dentro da programación que a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol de-señou para conmemorar o Día das Letras Galegas atópanse os obradoiros de portugués simple, unha actividade solicitada por un total de seis centros educativos da cidade con ensinanzas de Secundaria. Onte, a proposta chegou ao IES Ricardo Carballo Calero logo de pasar o martes polo CPR Jesús Maestro e o Saturnino Montojo.
Dous monitores foron os encargados de introducir aos alumnos de 1º de Bacharelato na ?sexta lingua máis falada no mundo, oficial en catro continentes e 8 países, entre eles Brasil, unha potencia emerxente?, segundo se informa na propia actividade.
A actividade, desenvolvida baixo o título ?Ops, a lingua é a nosa vantaxe?, ten entre os seus obxectivos amosar ao alumnado que o galego ?é unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués?.
Estes obradoiros forman parte dun programa máis amplo, presentado a semana pasada polo goberno ferrolán e que inclúe diferentes propostas, a meirande parte desenvolvidas en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
A pasada semana estivo no centro Noemí Pinheira poñendo en práctica o OPS! co alumnado do centro. Ela é unha das mestras deste proxecto que está a achegar á escola o idioma máis cercano ao noso. Tanto lingüística como xeograficamente, o portugués é a nosa lingua irmá. E, ao tempo, unha grande descoñecida. Pode supoñer, nestes tempos de crise, unha oportunidade laboral e económica para o futuro? O OPS! axúdalle aos nenos a facerse estas e outras preguntas.
http://www.edu.xunta.es/centros/cpivirxedasaleta/node/89