Dentro da programación que a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol de-señou para conmemorar o Día das Letras Galegas atópanse os obradoiros de portugués simple, unha actividade solicitada por un total de seis centros educativos da cidade con ensinanzas de Secundaria. Onte, a proposta chegou ao IES Ricardo Carballo Calero logo de pasar o martes polo CPR Jesús Maestro e o Saturnino Montojo.
Dous monitores foron os encargados de introducir aos alumnos de 1º de Bacharelato na “sexta lingua máis falada no mundo, oficial en catro continentes e 8 países, entre eles Brasil, unha potencia emerxente”, segundo se informa na propia actividade.
A actividade, desenvolvida baixo o título “Ops, a lingua é a nosa vantaxe”, ten entre os seus obxectivos amosar ao alumnado que o galego “é unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués”.
Estes obradoiros forman parte dun programa máis amplo, presentado a semana pasada polo goberno ferrolán e que inclúe diferentes propostas, a meirande parte desenvolvidas en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

A pasada semana estivo no centro Noemí Pinheira poñendo en práctica o OPS! co alumnado do centro. Ela é unha das mestras deste proxecto que está a achegar á escola o idioma máis cercano ao noso. Tanto lingüística como xeograficamente, o portugués é a nosa lingua irmá. E, ao tempo, unha grande descoñecida. Pode supoñer, nestes tempos de crise, unha oportunidade laboral e económica para o futuro? O OPS! axúdalle aos nenos a facerse estas e outras preguntas.
http://www.edu.xunta.es/centros/cpivirxedasaleta/node/89

Dous momentos do curso OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES, que impartiu esta mañá Loaira no IES Breamo para alumnos e alumnas de 2º de ESO e 1º de Diversificación.

Esta semana a biblioteca volveu ser unha fiestra aberta ao mundo. Sabedes do noso interese en achegarvos ao país irmán, Portugal, e á súa lingua (visita á biblioteca de Viana do Castelo, lecturas recomendadas…). Puxémonos en contacto coa Asociación Galega da Lingua (AGAL) e, xunto con Normalización, organizamos un obradoiro de portugués para dous grupos de 4º de ESO. Da man de Carme Saborido, soubemos un pouco máis da cultura, da lingua, falamos, cantamos… Ficamos tan satisfeitos que estamos valorando a posibilidade de ofertalo a outros grupos.


Así viron os alumnos e alumnas de 4º D e a súa profesora, María Buño, o obradoiro:

«Dúas horas entretidas, nas que repasamos xeografía a través dos lugares da lusofonía.

Carme, a conferenciante, recordounos que o portugués, como lingua oficial do Brasil, está dentro do BRIC (Brasil, Rusia, India e China), é dicir, dun dos países que nun futuro próximo será primeirísima potencia. Aprendemos que o portugués é a lingua oficial en oito países de distintos continentes (Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea, Angola, Mozambique, Timor Oriental e San Tomé-Príncipe). Tamén descubrimos lugares curiosos de fala portuguesa, como Macao (na China) e Goa (na India). Despois practicamos fonética. Comprobamos que do galego ao portugués hai un pasiño con pequenas diferenzas (irmâo/ irmán); que en galego podemos comunicarnos co portugués porque son irmáns xemelgos. Pero, ollo!, que tamén vimos que hai falsos amigos, esas palabras que parecen ser o que non son».

No curso OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES, que impartiu esta mañá a profesora Antía Cortizas no IES Breamo, cumpríronse todas as espectativas: a aula de usos múltiples repleta de participantes, moita atención e participación ao longo dos 100 minutos que durou o obradoiro e caras de satisfacción na despedida.

E non é para menos, pois quen sabe galego parte con vantaxe nisto de aprender portugués, esa lingua que naceu en Galiza hai máis de mil anos e que é a sexta lingua máis falada do mundo e oficial en oito países. Ou sexa, que agardan por nós nada menos que 230 millóns de oportunidades!


El Ideal Gallego, 23 de Novembro de 2011

1 2 3 >>