18-04-2007

  01:23:13, por Lugris   , 113 palavras  
Categorias: Um cadáver na rede

Cadáver #52

Há umha certa luz incompreensível na distáncia
unha palabra afogada un sinal ou desexo
que chama por nós en peiraos neboentos
que enche as nosas bocas co agre da desfeita
há um arco-íris morto no interior de um búzio vermelho

O grito da distáncia rabunha o horizonte
e nós, ciscados coma cunchas nunha praia
acoitelamos os pés dos bañistas (a traición)

poucos detalles de interese. a poboación é rica, pódense envexar os seus luxos
as súas sedas, o branco dos pulsos entre os puños de encaixe. As veas azuis.

Igor Lugris
eduardo estévez
mario regueira
elvira riveiro tobío
Xavier Vásquez Freire
Ramiro Vidal Alvarinho
Mario Regueira
Iria Veiga
Arsenio Iglesias Pazos
Iria Veiga

Sem comentários ainda