Isto é o que di, sobre o nosso Cadáver na Rede, Armando Requeixo no seu artigo sobre Maria Marinho "Aventura Courelá. Unnha poeta mancomunada", aparecido no Faro da Cultura do Faro de Vigo da semana passada:
"Ora ben, o espírito lúdico e creativo
da aventura courelá segue entre
nós e o seu herdo foi recollido polos
poetas máis novos, ducias dos
cales participaron na recente iniciativa
de cibercadáver proposta
en Rede (www.agal-gz.org/blogues/
index.php?blog=10) por Igor
Lugrís, que frutificou xa en preto
dun cento de composicións, logo
tamén abertas ao público no Expo-
Cadáver que a finais de marzo
se inaugurou en Ponferrada.
Velaí como nunca máis vivo estivo
este cadáver, que segue a ser exquisito
para calquera padal literario e
que confirma, como escribía naquel
afastado 1966 M. Mariño, que
?lúa sempre hai/ o que fai falla é a
luz que non se apaga anos dela?."