25-02-2008

Link permanente 16:46:13, por i (gor) Email , 177 palavras   Português (GZ)
Categorias: Abecedário, Abecedário Progressivo

Abecedário Progressivo (II) Bieito Penela

Achegóuseme brillando con delicadeza. Eu finxía grampar habituais informes. “Jiana Kepler”, lin: “Misión: Neutralizala. Observación: Procurar que regrese. Sospeita: Temémonos unha vil xogada.”

Zigzagueamos ata Beta Centauri. Debía espiala furtivamente, gabándoa hipocritamente. “Información Jiana Kepler”, lin, “mentireira, neglixente, ocupou prazas que rebordaban seu territorio. Utilizou vixilancias xerais zarapalleiras, acumulou burocracias controladoras discretas e fatigosos galanteos humillantes”.

Interpretei: Jiana Kepler localizou mortais nativos organizados, precursores, quizais racionalmente superiores. Trazou unha vixilancia xeral zoolóxica, actualizou bibliografías, catálogos de especies, fenomenoloxías, guías, historiografías...

Inconsciente Jiana Kepler, lamentabelmente maniática, namorouse, obtusa, perdidamente. Quérea raptar. Si, traizoar universais valores, xerando zarangalladas. ¡Anhela bicala con dozura...!

Envexábaa. Francamente. ¡Gran heroína iconoclasta!. Jiana Kepler ligara mortal, nativa, orgánica, pero que rebordaba simpatía, tenrura, utopía. ¡Valente xuvenil zuna!

Continua:

Unha versión curta:

Achegóuseme balanceándose con delicadeza. Eu finxía grampar habituais informes. "Jiana Kepler", lin, “Misión: Neutralizala. Observación: Pretendemos que regrese. Sospeita: Temémonos unha vil xogada zarapalleira.”

Bieito Penela.

1 comentário

Comentário de: hormiga [Visitante] Email · http://www.otrasnoviaxeiro.com
Qué chulada!
29-02-2008 @ 21:41

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))
Maio 2012
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Busca

Ferramentas do usuário

powered by b2evolution