Havia já muito tempo que nom me chamavam dumha escola, liceu ou similar para participar num acto do Dia das Letras, e é que isto de viver na Galiza mas fora da Comunidade Autóma Galega provoca que muita gente pense que vivo no estrangeiro.
Mas a questom é que este ano participo, com grande prazer, nos actos que com motivo do Dia das Letras organiza uma escola: a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.
Junto com Sechu Sende, que estará a quinta-feira 22 com nós, na sexta farei umha apresentaçom-recital do meu proxecto "Poesia para ver/poesia para ler", convidados polo Departamento de Galego desta EOI.
Do 12 ao 30 de Maio, haverá umha Exposiçom gráfica e audiovisual da obra do autor a que este ano se lhe dedica o Dia das Letras, Xosé Maria Álvarez Blázquez.
O 22, e no Salom de Actos do CFIE, a partir das 18.00h., di o cartaz que publicita as jornadas que seremos hipnotizados por Sechu Sende. E o 23, eu, na sala 2.5 do C.P. La Puebla, onte tem umha das suas sedes a EOI.
A entrada é livre, assim que quem tenha a bem participar, que se anime.
Comenta Igor que había moito tempo que non o chamaban dunha escola, liceu ou similar para participar nun acto do Día das Letras. Pois permitídeme que diga que non saben o que perden. Animo dende aquí a calquera profesor ou similar, que non deixe de obsequiar ao seu alumnado cunha xuntanza con Igor e, por suposto, non ten por que esperar ao próximo vindeiro 17 de maio. Brindounos unha tarde, a do 23 de maio, na EOI de Ponferrada do máis amena, gratificante e instrutiva: divertímonos aprendendo e aprendemos divertíndonos. Igor ten moitas ideias: fai, di e crea cousas moi interesantes e, seguindo unha das liñas da súa filosofía ?TODO É DE TODOS? agasallounos ensinando e compartindo a súa creatividade poética, artística e ideolóxica. Vaian dende aquí os meus agradecementos e parabéns.
Marta
A verdade é que foi unha tarde inesquecible.
De feito foi unha das clases máis activas, divertidas, movidas…en fin.. marabillosa!!
Animo a todos a que se teñen oportunidade, que gocen con este artista…
Moitas grazas.
Moi bota clase, a verdade é que pasamos unha tarde inesquecible, moi activa, chea de orixinalidade. Bravo por Igor, e moitas grazas por amosar que a lingua é unha materia que ás veces non está o suficientemente traballada.
Parabéns. Unha das mellores clases ás que tiven o placer de asistir.
Continuemos elaborando tarefas coa lingua, como fixemos esa tarde.
Grazas Lugrís.
Moi boa foi a tarde que pasamos grazas a Igor. A verdade é que había tempo que non gozaba tanto coa arte de empregar a nosa lingua dunha maneira tan orixinal.
Moitas grazas por tanta orixinalidade.
Repetiremos!!